mércores, 12 de agosto de 2020

En Abadín, no 1947.

    No libro "La derrota de lo épico", páxina 119, publicado no ano 2013 e escrito pola historiadora Ana Cabana Iglesias, aparecen varios apuntes que fan referencia o concello de Abadín. Neste apartado imos facer referencia a un dos citados apuntes.

   "En 1947 los labradores del Ayuntamiento lucense de Abadín, entablan tres pleitos contra su alcalde: uno, avalado por un 90-98 % de los vecinos ante la delegación de Hacienda y el gobernador sobre la confección del amillaramiento; otro, también ante la Delegación de Hacienda, presentado por los vecinos de cinco parroquias sobre el impuesto de contribución que desde el Ayuntamiento quería imponerse sobre el aprovechamiento de pastos y esquilmos forestales, y otro, presentado por vecinos de la parroquía de Romariz, ante la intención del alcalde de cambiar el trazado de un camino en construcción entre esa parroquia y la vecina de Gontán para aproximarlo a una propiedad suya".

martes, 11 de agosto de 2020

Estelo e Tronceda.

Barrios da parroquia dos Remedios, pertencente o veciño concello de Mondoñedo, vencellado fortemente con parroquias do noso concello de Abadín; como Montouto, Labrada e Romariz.

Non quero deixar de publicar algunha nova relacionada con estes veciños e os seus barrios, que me pareceron importantes de resaltar e compartir.

   1875. Museo Español de Antiguedades. Tomo IV.

     Páxina 61.

    Páxina 58.

  29/09/1955. El Progreso.

 


sábado, 23 de maio de 2020

1948. Na Taberna do Marelo


Foto do Barrio da Pínguela sacada desde o Campo da Escola. (Cedida polo Dario do Requeixo).
 
   Proliferaban, non era difícil encontrar en cada parroquia varias tabernas, sinxelas pero acolledoras. Era o lugar de encontro entra a mocidade cando tocaba divertirse, en contadas ocasións tamén era onde se podía comprar unha cántara de viño; incluso na mesma casa tamén podía haber un "posto de boi", como así era na casa do Carreiras ó Cordal. É certo tamén que se lle podía chamar taberna a unha casa onde che servían un xarro de viño e pouco máis.
   A xente de Labrada recorda a taberna do Carreiras, no Cordal; a do Eladio do Chiquito, na Fonte Vella e a do Marelo na Fonte Pinguela, esta co tempo pasou da man da Irene e do José para o Campo dos Novos.
   Era o lugar de reunión onde podía acontecer de todo, partindo sempre da trucada alegría que provoca o alcohol, era moi doado encontrarte con conversas de amigos, barallas, cantigas e algunha pelexa. Un atractivo reclamo de clientela tamén era as mozas solteiras que podía haber na casa donde había taberna. Por sorte na casa do Marcelino de mozas andaban ben, aparte os dous fillos varóns, Pedro e Hipólito; había catro mulleres mozas: Pilar, Isolina Lidia e Irene.
   Como se expón enriba no título, imos tratar un feito, lutuoso, que aconteceu na taberna do Marelo, feito que abarcou tamén a outras parroquias.
   Era domingo e tamén feira no Viveiró, 23 de maio do ano 1948, xa pola tardiña, comezaban a notarse que a tarde ía esmorecendo; e a mocidade tamén comezaba a achegarse con ánimo as tabernas.
   Pero aquel domingo era distinto. Sabíase que un grupo de homes armados andaban pola parroquia facéndose notar a base de deter a xente que ían atopando. Imos contar o caso conforme nolo contaron veciños de Labrada:
   "Estes homes pasaran por Tronceda en busca de Amadeo Candia xa que parece ser que tiñan algunha conta pendente; o non atopalo na casa supuxeron que iría en Labrada, xa que andaba de mozo coa Rosenda da Casa do Casavella de Currovedo. De camiño para Labrada pasaron por Estelo e atopáronse, ou fixeron por atoparse, con varios veciños de esta barrio, entre eles o somatenista Ermenegildo Cuba. Colléronlle unha escopeta que tiña e fixéronlle acompañalos ata a taberna do Carreiras no Cordal, obrigandoi a transportar as armas que traían. Chegando o Campo de Carreiras atopáronse coa Josefa do Catadoiro, fixérona acompañalos e non lle deixaron irse ata que se foron eles da taberna do Carreiras. Merendaron fora, na eira e tamén na taberna repartiron folletos de propaganda, entre os que alí estaban tamén se encontraba Isidoro Cortiñas, que o arrimaron a porta para intimidalo (contaba que gardou o papel ata chegar a casa por medo a que o visen tiralo). Cóntase que o Domingo e o David tamén lles requisaran as escopetas, que foron devoltas antes de continuar a marcha, ben fartos de todo.
   Subiron polo Camiño Real e antes de chegar a Paraños atopáronse co Camilo Cuba, pouco máis adiante, no Cristo do Chiquito atopáronse coa Marijuana de Xaniño, eles seguían berrando vítores afines a súa ideoloxía (Exercito Guerrilleiro de Galicia), e a pobre Marijuana respondeulles, viva lo que ustedes quieran. Continuaron camiño pasando o lado da casa da escola, onde estaba o mestre don Pepe, que o ver o panorama chamou insistentemente o fillo.
   -- Toñito, Toñito, vente, vente para adentro.
Eles continuaron camiño ata chegar a casa do Marelo, entraron para a taberna e continuaron coa festa.
   Jesús Lozano Ares, "O Lozano", era un home natural de Fanoi, do barrio do Celeirote, era zoqueiro, estaba solteiro pero tiña dous fillos coa Aurora de Salgueiro de Montouto, José Antonio e Delfina.
   Era domingo, véspera da festa dos Milagres de Fanoi, e o Lozano veu buscar uns zapatos a Ratoeira a Casa do Requeixo, o Domingo era zapateiro; e despois ía pasar pola casa do Marelo a recoller unha camisa que lla tiña encargada a Pilar, era costureira. O achegarse a taberna para recoller a camisa, escoitou que saía moito barullo de dentro e quedou fora escoitando. Un dos homes da cuadrilla que vixiaba, viuno e preguntoulle quen era e tamén lle preguntaron onde servira, respondeulles:
-- Na División Azul.
Aí comezaron a darlle leña, e tamén lle entregaron un panfleto da propaganda do Exercito Guerrilleiro de Galicia, e díxolles:
-- É igual que o agarre ou non, ídesme matar igual.
Segundo se comenta, o Lozano era un home botado para adiante, quizais en demasía; e pode que fora esa característica a que lle fixo romper o panfleto propagandístico e tiralo o chan. E pode que tamén ese feito fora a súa sentenza.
Seguiron dándolle leña.
   O Lozano dicíalle ao Marcelino:
-- E déixasme matar, Marcelino.
   Un dos homes que estaba dentro, saíu a dicirlles aos que lle estaban pegando que o deixaran, que non lle pegasen máis, a resposta foi:
-- Heino matar, e si non o mato a el, mátote a ti.
   Tamén o Marcelino intentaba interceder e pedíalles que o deixaran, que era un home de ben, foi tanta a crueldade que cando se cansaron de pegarlle, e en vista do estado en que quedaba, o mesmo Lozano pediulles que o mataran, que non o deixaran así.
  Rematárono con tres tiros, no camiño, contra o forno.
   Os disparos escoitáronse con claridade.
   A cuadrilla seguiu camiño cara á o Paridoiro, atopándose con Jesús Leiro.
A pesar do feito e de vir varias patrullas da garda civil, nunca se soubo que se detivera a persoa responsable do asasinato".
   Eu, sospeitando que os responsables do asasinato fose a cuadrilla de Luis Trigo Chao, O Gardarrios, preguntei, e ninguén o afirmou; incluso negaron tal posibilidade, xa que O Gardarrios non mataba de este xeito.
   Jesús Lozano Ares nace o día 12 de outubro do 1916 no barrio do Celeirote, en Fanoi; e morre o día 23 de maio do 1948 en Labrada, no barrio da Fonte Pinguela. Foi enterrado o día 25 do mesmo mes no cemiterio parroquial de Fanoi.
   Esa mesma noite, o Jesús da Angelita foi cortar o pelo xunto do Eugenio, que vivía no barrio da Poza, e alí decatouse do sucedido. Aínda que o Jesús non agarraba medo axiña, de feito fora a guerra; o sucedido asustouno dabondo xa que para volver para o Barral, ou tiña que vir polo camiño do Sisto ou polo camiño da Albariña. Os dous eran camiño de tránsito, e facilmente te podías atopar con xente. E aquela noite era mellor non se atopar con ninguén.
   Despois que lle cortaran o pelo non mostrou ningún interese en marchar, esperando que alguén do Barral viñera  tamén cortar o pelo, para facer o camiño de volta en compaña. Non foi así, quen si chegou foi o Dodolino do Carracedo. O Jesús sentiuse medianamente aliviado, aínda que tiña que cruzar o Alto do Sisto, polo menos un cacho faríanse compaña mutuamente.
   Saíron polo camiño da feira cara á Atalaia, e no momento de despedirse, un ía cara a Xanaz e o outro cara o Barral, o Dodolino invitouno que fora con el ata  máis arriba, e despois xa pillaba o camiño que unía Xanaz e a casa do Tuxo coa igrexa. Así fixeron. Despois de despedirse o Jesús agarrou o camiño da igrexa e andando e ollando con moito sixilo, todo ramallo lle parecían figuras de homes. Era tal o medo, que baixando polo Sisto non ousou a pasar pola Carballaxiña, e cruzou os prados, dirección ao Custeiro Cativo e entrou na casa pola porta da aira. Nin cenou nin prendeu o candil para deitarse.
   Levaba un cachiño xa na cama cando escoitaron uns golpes ben fortes na porta do curral, pero o Jesús non se moveu da cama. Esperando que se levantaran unha das mulleres, volveron a soar os golpes na porta. Entón asomouse súa irmán Agripina pola ventá. Era a garda civil preguntando pola casa do Manuel do Veiguello, xa que era pedáneo, e como tal tiña que ir ata o lugar do asasinato.
   O Jesús, quizais, descansou máis tranquilo.
   Entendo que aquela noite en moitas casas non se pegou ollo.

sábado, 22 de febreiro de 2020

Pepe Benito y sus huestes pasan por Abadín

   13/02/1936. El Pueblo Gallego.
   "De paso para Mondoñedo han estado en este término Pepe Benito, Lazcano, Soto Reguera y Jimenez. La estancia de estos buenos señores entre nosotros y recorriendo en automóvil distintas parroquias a lo largo de la carretera obedeció a fines de propaganda electoral.
   Ofrecieron con todo el descaro de políticos de los más osados, convertir este término en un valle, derribando hasta las montañas, haciendo además todas las carreteras y caminos que les pidieron.
    De todo esto nada nos extraña, pués ya sabemos por experiencia que son ofrecimientos en visperas de elecciones; lo que más nos extrañó, y lo lamentamos, que los cándidos de Gontán hayan tomado la píldora de que les habían de arreglar la feria y hacer la carretera por Romariz y Labrada.
   De sobra saben los grandes obstáculos que han sido siempre los caciques del Ayuntamiento para que en otras ocasiones no se hicieran estas obras; y ahora, cándidos, creen de buena fe que estos mismos las han de realizar, ¡Pueden esperar sentados!

martes, 21 de xaneiro de 2020

1950. Concello de Abadín.


   28/11/1950. El Progreso.
   "Pliego de condiciones de la subasta para la construcción de la Casa Consistorial de esta Ayuntamiento.
    El Ayuntamiento Pleno, en sesión de 22 del corriente, acordó anunciar la subasta para contratar la ejecución de las obras de construcción de la Casa Consistorial de este Ayuntamiento, de conformidad al proyecto aprobado por la misma, en las condiciones que a continuación se relacionan:
   Primera: Es objeto de la presente subasta la ejecución de las obras del citado proyecto.
   Segunda: El presupuesto de contrata, incluidos los honorarios de la dirección facultativa municipal y redacción del proyecto, es de 110.580,16 pesetas.
   Tercera: Las proposiciones para optar a la subasta se presentarán a las horas de oficina en la Secretaría del Ayuntamiento, durante el plazo comprendido desde el día de la fecha hasta las once horas del día 9 de diciembre próximo.
   El proyecto y expediente completo, estarán de manifiesto al público en la mentada oficina, durante el mismo plazo.
   Cuarta: Las proposiciones, debidamente reintegradas con timbre de clase sexta y sello municipal de seis pesetas, redactadas con arreglo al modelo que al final se inserta, se presentarán bajo pliegue cerrado y lacrado, en cuyo anverso debará consignarse que contiene dicha propuesta y la firma del solicitante.
   Se presentarán al mismo tiempo, por separado, el resguardo que acredita la constitución del depósito provisional, último recibo de la contribución industrial, cuota sindical, subsidio familiar y de vejez, y en su caso, el poder que justífique la representación que ostenta.
   Quinta: El bastanteo de poderes será realizado por cualquiera de los letrados don Enrique Costas Sánchez, de Lugo, don Luis Peña Novo, de Villalba o don José Sánchez Gacio o don Toribio Blanco de Mondoñedo.
   Las empresas, Compañias, Sociedades que se presenten a esta subasta, están obligadas al cumplimiento del Real Decreto de 24 de diciembre de 1928 (Gaceta del 29) y disposiciones posteriores de aplicación al caso, presentando las certificaciones con la firma, debidamente legalizada.
   Sexta: Los licitadores que concurran a la subasta, deberán consignar en la Depositaria municipal la fianza provisional del 5 por 100 del importe del presupuesto, pudiendo verificarlo bien en metalico, o en valores.
   Septima: La apertura de los sobres que contengan las propuestas tendrán lugar en el despacho de la Alcaldía, a las doce horas del dia 9 de diciembre expresado, llevandose a efecto por el señor alcalde o concejal en quien delegue, con asistencia de los miembros del Ayuntamiento señores Fernández Leal y Martinez Fernández, y el secretario de la Corporación.
   Si entre las admitidas hubiese dos o más iguales, más ventajosas que las otras, en el mismo acto se verificará licitación por pujas a la llana, durante el término de quince minutos, entre sus autores, y si terminado dicho plazo subsistiese la igualdad, se decidirá por medio de sorteo la adjudicación provisional, levantándose el acta correspondiente.
   A los cinco días siguientes, se procederá a efectuar por el Pleno, a la adjudicación provisional a favor de la proposición que estime más conveniente y a la vista de las propuestas y referencias de cada licitante y considere más beneficiosas, levantándose la correspondiente acta aprobándose previamente la adjudicación provisional indicada y convirtiendola en definitiva.
   La Corporación se reserva la facultad de declarar desierta la subasta si las proposiciones presentadas no fueran de su agrado, sin derecho a reclamación por parte de los licitantes.
   Octava: Hecha la adjudicación definitiva, se requirirá inmediatamente al rematante para que dentro del término de diez días presente el documento que acredite haber constituido la fianza definitiva, consistente en el 10 por 100 del importe del presupuesto, y a firmar dentro del mismo plazo, el correspondiente contrato, con arreglo a la Ley.
   Serán de cuenta del adjudicatario, el pago de los anuncios de este contrato y en general, todos los que ocasione esta formalización.
   Novena: El adjudicatario deberá dar comienzo a las obras dentro del plazo de diez días y terminarlas en el de seis meses.
   Si las obras no se hubiesen terminado dentro del plazo anteriormente citado, el contratista incurrirá automaticamente en el descuento del 5 por 100 del total de la obra que le falte por realizar en el primer mes, y así sucesivamente hasta la completa terminación de las mismas.
   Si a los tres meses de haberse debido terminar la obra aún no estuviese la misma terminada, la Corporación declarará por si la rescisión del contrato, con pérdida completa de la fianza, sin derecho a reclamar modificación alguna por parte del contratista.
   10: El adjudicatario no tendrá derecho a reclamar modificación alguna en los precios unitarios concertados.
   11: El pago de las obras se efectuará mediante la oportuna certificación bimensual de las ejecutadas, expedidas por el director facultativo y con cargo a las subvenciones del Consorcio de Ordenación Rural, o sea por la excelentísima Diputación Provincial.
   El adjudicatario deberá abonar el importe correspondiente a los honorarios de la redacción del proyecto y dirección facultativa, dentro de los cinco días siguientes a la fecha de su percepción.
   12: El adjudicatario cumplirá todas las disposiciones legales vigentes sobre el contrato de trabajo, seguro y retiro obrero, subsidio familiar, accidentes de trabajo y protección a la industria nacional. Serán también de cuenta del contratista todo lo referente a subsidios y seguros sociales, gratificaciones y vacaciones de caracter reglamentario, así como lo previsto a jornada legal y salarios mínimos.
   13: Igualmente se obliga al adjudicatario a someterse en el curso de los trabajos a lo preceptuado en el pliego de condiciones del proyecto y a las órdenes y disposiciones del director facultativo.
   14: Los jueces y Tribunales para entender en cuantas cuestiones surjan a consecuencia de la interpretación de este contrato, serán los de Mondoñedo.
   15: En lo previsto en las bases y condiciones precedentes, se estará a lo dispuesto en los Reglamentos y disposiciones complementarias vigentes sobre contratación municipal.
   Abadín, a 23 de noviembre de 1950.__ El alcalde. Jesús Iglesias.
                 
                                  MODELO DE PROPOSICIÓN
   Don................................................................. con domicilio en ....................... en nombre propio (o representación de ..........................................) enterado del anuncio publicado en el Boletín Oficial y de las condiciones que se señalan para la adjudicación por subasta de las obras de construcción de la Casa Consistorial del Ayuntamiento de Abadín, se compromete a tomar a su cargo la ejecución de las mismas con estricta sujección a las expresadas condiciones y con una baja del ..................................... (en letra) por ciento de los precios unitarios que sirven de base para la contrata, o por ........................ ( en conjunto).
   Asimismo se compromete a que las remuneraciones que han de percibir los obreros de cada oficio y categoría empleados en las obras por jornada legal de trabajo y por las horas extraordinarias, no han de ser inferiores a los tipos fijados por las disposiciones vigentes.
                                          (Fecha y firma el proponente)