Non todo o tempo vale o mesmo ....
Non todas as horas teñen o mesmo valor ....
E tampouco os mesmos números de igual reloxo son recordables á mesma hora.
Se chega o tren ás dez, esperarao desde as ... inquieta, tremendo.
El sorriralle ....
Quizá o mesmo tren outro día, partirá ás doce, pero chegarán xustos de tempo para non ter tempo de ... partir.
Entón o que tremerá será el ... e ela sorrirá.
A partir de aí, buscan o cálido sol que xunte as sombras dos seus ... corpos.
E as súas sombras reflectidas na beirarrúa miraranse, unidas; inutilmente tentan pisalas que, coa súa mesmas présa, gardan a distancia.
E a lúa ... diralles, continuade que na miña plenitude tamén fago sombras.
Un semáforo deteraos coa cor preferida dela ... verde para ti ... o vermello sen luz.
E á mañá buscan un tren de dúas prazas con liteira e con moito ... tempo.
Sempre o tempo, a marabillosa choiva ... outonal.
Con calma, as follas caen cada outono, ...
Para volver a dar vida ... sempre.
Ningún comentario:
Publicar un comentario