martes, 18 de novembro de 2025

Martes emotivo. Tantas veces.

 

 
Din que cando hai amor
non fai falta pedir perdón
pero eu xa pedín perdón tantas veces.
 
Din que o corazón é un músculo que
Necesita acción, non podo negar
a razón algunhas veces.
 
Din que primeiro hai que saber sufrir
Para despois amar, para despois partir.
Din que no seu destino inconstante
só o gaucho vive errante onde a sorte o leva.
 
Perdón vida da miña vida,
perdón se é que che faltei.
Por min sairía o sol todos os días
por min non existirían feridas.
 
Vou tratar de mostrar a miña mellor estabilidade
pero dubido da miña virtude no equilibrio.
Din que para escribir é indispensable sufrir
e non podo quitarlle razón a tantos poetas.
 
Algúns encérranse sós por 40 anos
os danos son as tintas dos seus lapiseiros.
Non podo evitar a sorte como non podo evitar vivir
prefiro sorrir todo o que poida.
 
Perdón vida da miña vida
perdón se é que che faltei.
Por min sairía o sol todos os días
    Por min non existirían feridas.
 
Din que cando hai amor
  non fai falta pedir perdón,
 pero eu xa pedín perdón tantas veces.
 
                           ANDRÉS CALAMARO.
 
https://youtu.be/WFb1Qxor1YM?si=kl-BwNyf00cqlVHm