luns, 21 de xullo de 2025

Luns emotivo. Amorne

    

 
   Ás veces dóeme, non tanto polo que me provoca que xa de por si é motivo para sentir a dor das subxectivas emocións; senón máis ben polo que me sucede ao enfrontarme a complexa maneira que teño de sentir e vivir o baleiro da ausencia provocada polo camiño existencial que individualmente se debe percorrer e pola apegada morriña que foi unha leal e fiel compañeira.
 
   Partindo de toda a complexidade persoal dela, non consigo asimilar certas situacións, sentimentos e emocións que me identifican e dan un significado e aceno de identidade.
 
   As diarias despedidas, as parénteses obrigadas, as ausencias ... todo aquilo que non sei, que non sabemos, pero que resulta imaxinable, e achegan unha mais que posible incerta idea froito da imaxinación.
 
     Xa non nos chamamos para observarnos e alegrarnos o corpo; nin nos despedimos, nin se mitiga ou repara. Parece xa que é obrigatorio facelo así, como un costume que cumpre cos parámetros da nosa nova situación. Como todo aquilo que ocorre voluntariamente, sen ser custoso nin forzado.
 
   Os meus pensamentos e imaxinacións diariamente van escribindo un guión que pode ter un real fundamento e protagonismo. Vexo que desde ese outro lado, e para protexerte, nada de romper parámetros ou regras, nada de abrir xanelas por se coa ou escapa unha inoportuna emoción que dignifique o que se esconde.
 
   Apíñanse conclusións que no seu conxunto provócanme unha profunda seriedade e favorecen o entendemento e a postura que debo adoptar ante as emocións.
 
   A súa reserva  revólveme o sentido que eu quixese dar á nosa relación; as súas voluntarias decisións e maneiras de canalizar algunhas cousas, ... xa pasado un tempo, non entendo. Non entendo a súa imposibilidade, a súa negación a un día, desexar espertar en min. Mesmo podo supoñer que suplica que o primeiro recordo, a primeira luz ou sensación do seu espertar nada teña que ver comigo. E o mesmo ao entregarche á incerteza do soño; que o último recordo do día na súa conciencia non sexa para min! A estas alturas, aseguraríaste ben de pechar hermeticamente as "xanelas" polas que me poida coar; loitará cos trasgos que me transportan, para impedir flotar ao redor do teu corpo nos seus soños da súa cama.
 
   Síntome tan peculiar que pretendo certos privilexios que non se me conceden, e sendo protagonista e vendo o que ocorre, imaxino que o correcto sería non mendigar; non pedir, non esperar, non aspirar, non crer, non imaxinar, non desexar, non pretender, non querer.

   Véxome convertido nun espírito celestial, místico e contemplativo; cunha importante capacidade de crear e compartir emocións; e cunha necesidade de crear momentos con alicientes pícaros, sensuais, eróticos, ... certo é que os anxos non teñen sexo.

 

Manuel.