luns, 6 de marzo de 2023

Luns emotivo. Non podemos estar xuntos.

 

   Pregúntalle á vida porque nos puxo tantos muros, que nin ti es princesa nin eu Don Juan aínda que nos queiramos máis que nos contos. Non podemos estar xuntos e sen preguntarnos o destino traizoounos, agora estamos nun tira e afrouxa esperando a que a corda termine de romper e nós con ela.

   O meu corazón é teu, o teu é meu, non me gusta poñerlle dono a ninguén pero quería que soubeses que me tes dentro ata que as estrelas decidan apagarse. Non podemos estar xuntos porque hai demasiadas ondas en contra nosa, porque o amor esqueceuse de que existimos e non quere facernos o favor de unirnos aínda que sexa só por unha vida. Nós, dous  náufragos navegando por un mar de emocións, de bicos ás agachadas, de pensamentos prohibidos e promesas que nunca saberemos se se farán verdade.

   Pregúntalle ao destino porque nos puxo tantos barrotes ao corazón  aínda que nos queiramos ás escuras, cegos, desde o aire…aínda que saibamos que somos o amor de nosa vida e que esta historia podería acabar con perdices e bulebules no sofá.

   Pregúntalles a esas persoas, a esas circunstancias por que non podemos estar xuntos. …por que…que che quero mesmo cando non sei nin quererme a min mesmo.

   A rabia consúmeme por dentro, os dragóns do meu estómago morren porque os saquen a pasear…pero lembra  que aínda que non podamos estar xuntos cando nos miramos os nosos mundos salta ao baleiro, un xiro de 180 graos, un corazón en erupción…..non podemos estar xuntos, pero sabes que? O amor é máis forte que todo o que veña.
 
                                                                                                                       IRENE JOTADE.
   (Traducido por min)
 
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario