luns, 6 de marzo de 2023

Luns emotivo. Os dous quereres.

 
"Contan que á vida dunha muller sempre chegan dous homes: o amor da súa vida e a súa alma xemelga. E aínda que se podería pensar que é o mesmo, na realidade son totalmente diferentes. 
 
O amor da súa vida será aquel que entrará no seu corazón sen avisar, sen pedir permiso invadirá a súa mente, os seus desexos, a súa pel, e todos os seus sentidos. Amarao como nunca amou a ninguén, e despois del non volverá amar igual. Este amor marcará un antes e  un despois na súa vida, pero finalmente terminará a relación, pois el faraa chorar e sufrirá demasiado para despois continuar as súas vidas por separado, aínda que seguirán levándose por dentro. 
 
Logo chegará a súa alma xemelga, é quen virá a sandar as feridas que deixou o amor da súa vida, daralle confianza novamente, agarimos, e así lle axudará a levantarse. A súa alma xemelga será todo o que ela busca nun home e quererao moito, por el sentirá mil emociones e aínda que ela crerá amalo en realidade nunca vai sentir por el o mesmo que sentiu polo amor da súa vida, ela será feliz con el porque lle dará todo. 
 
E cando crea que está totalmente namorada e senta plena virá o amor da súa vida para desestabilizar as súas emocións, el quererá volver, pero ela xa terá a alguén na súa vida que será a súa alma xemelga. 
 
E entón que fará a muller cando iso pase? A quen elixirá? 
Din que o amor da súa vida sempre ten as de gañar". 
 
(Traducido ao galego por  min).
 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario