luns, 6 de marzo de 2023

Luns emotivo. Cinderella


 
   Somos un deses casos dos que no mundo posiblemente abunden , aínda que se saiban moi poucos. Ben, o noso quizá un pouco máis especial.
   Coñecémonos case de milagre, por moi pouco case deixamos pasar a oportunidade. Estaba claro que non se podía deixar pasar a ocasión. Por todo o que rodea a túa vida, polas circunstancias da miña. Nun tempo, fuximos a vidas opostas estirando o fío vermello que irremediablemente nos une. Iso que nosoutros dous coñecemos.
   Eu non, pero ti posiblemente quixeches parar todo, frearme, afastarme cada vez que me achegaba a ti dos centos de xeito que fora. Descoñezo si che funcionou por momentos, teño a certeza que sempre non.
   Xa temos historias que contar, xa temos árbores que dan experimentadas sombras e anos esquecidos por non compartidos, baleiros de nós.
   Podemos pensar, analizar e matizar, incluso se queres probamos a non ser, a non falar,a non estar. Funcionará polo día, as veces; pero cando cheguen as noites, as horas das bruxas, da Cinderella, eses momentos nos que sabes que son para lembrar o que queres e non podes ter, funcionaría ... funcionará con moita dor.
   Nese intre de dor, da noite tan escuro e de tanto medo ao pozo sen fondo que a vida nos trae por querer, por sentir, por vivir, pensarás ... si me atrevese podería ser bo ....
   Bo, poderías se te atreveses. 
 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario