Son veciño deste mundo por un intre
e hoxe coincide que tamén ti estas aquí
coincidencias tan estrañas da vida
tantos séculos, tantos mundos, tanto espazo… e cadrouse.
Se navego coa mente nos espazos
ou se quero aos meus devanceiros retornar
angustiado detéñome e non imaxino
tantos séculos, tantos mundos, tanto espazo… e cadrouse.
Se na noite entretéñome nas estrelas
e capturo a que empeza a florecer
sostéñoa entre as mans máis alármame
tantos séculos, tantos mundos, tanto espazo… e cadrouse.
Se a vida sostense por instantes
e un instante é o momentos de existir
se a túa vida é outro instante.. non comprendo
tantos séculos, tantos mundos, tanto espazo… e cadrouse.
Alberto Escobar.
https://youtu.be/Wkt08G3V25E
Ningún comentario:
Publicar un comentario