luns, 6 de marzo de 2023

Luns emotivo. Mama, ante á noite nas trincheiras.

 

 
Camiñando polo campo 
no chan vin que había 
unha carta ensanguentada 
de 40 anos facía. 
 
Era dun paracaidista 
da oitava compañía 
que á súa nai lle escribía
e a carta así dicía: 
 
Mama onte á noite nas trincheiras 
entre o lume e a metralla 
vin ao inimigo correr 
a noite estaba pechada. 
 
Apuntei co meu fusil 
á vez que disparaba 
e unha luz iluminou 
o rostro que eu mataba. 
 
Era o meu amigo Xosé 
compañeiro da escola 
con quen tanto eu xoguei 
a soldados e a trincheiras.
 
Agora o xogo era verdade 
e ao meu amigo xa o enterran 
mama eu quero morrer 
xa estou farto desta guerra. 
 
Mama se volvo a escribir 
tal vez sexa desde o ceo 
onde atoparei ao Xosé 
e xogaremos de novo. 
 
Se o meu sangue fose tinta 
e o meu corazón tinteiro 
co sangue das miñas veas 
escribiríache «quérote».
 
 
https://youtu.be/qsAYwqzdFJ4
 




Ningún comentario:

Publicar un comentario