luns, 6 de marzo de 2023

Luns emotivo. Na outra esquina ...

... e estar na outra beirarrúa, 
ou escoller o camiño á inversa, significase non atoparnos, 
e estrar ese vestido ese día que fixese que non me fixase en ti.
ou recoller o pelo para que o vento non te despeitease, 
e saír un instante, un pequeniño instante máis tarde e non cruzarnos, 
ou cederche aquel coche o paso, cousa que non fixo, no paso de peóns, 
ou non facer soar eses tacóns con tanta vehemencia, 
ou non necesitar aquel taxi ....

Ou eu,
non ter gañas do café da outra esquina e que, 
con presas tomei axiña, 
adiantándome, 
ou non gustarme no escaparate o vestido que ti levabas, 
e que ao maniquí sentáballe peor que a ti, 
ou non escoitar ese rechamante camiñar, 
ou non sentirme tan perdido nesa cidade, 
e non ver o cartel de "OCUPADO"
no taxi que ti paraches ....




Ningún comentario:

Publicar un comentario