luns, 6 de marzo de 2023

Luns emotivo. E ela abrazouno

 
   Aquela mañanciña decidiron compartila xuntos entre o traballo dela, a admiración del e o pracer de ambos.
   Era sinxelo, tiñan gustos e tarefas que levar a cabo en común. Coidadosa ela, con mimo ofreceulle o mellor que posuía ... e baleirouse plenamente. 
   El, sempre disposto a dar, esa mañanciña empezouna observándoa; parecíalle a muller máis fermosa e desexada de todas. E tamén lle ofreceu o mellor que tiña, aparte do seu aroma, entregoulle a emocionante verdade do seu "ego" ... e ela abrazouno.
 
   T. T.


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario