luns, 6 de marzo de 2023

Luns emotivo. Estraño.

   

   Pois si, por sorte e a lombos de etapas dolorosas que me fixeron fincar os xeonllos máis dunha vez, podo dicir que a dor se presenta na miña vida con diversidade de cores e matices. Pero o que máis tempo leva acompañándome, o que pretende arraigarse e ten a posibilidade de convivir a diario, ese tipo de dor colorease coa palabra "estrañar". 
   Ao longo e ancho da miña vida estrañei moito, demasiado. E non foron moitas as cousas que estrañei, non. Pero case sempre a estrañeza viña ou vén asociada ao sentimento do amor. 
   Nalgunha etapa vivida, estrañei o sentimento de amor, o de ser amado e amar. 
   Noutras amei á persoa, pensando que me amaban, e pasei a coñecer outro sentimento, o do engano. 
   Tamén podo presumir de estrañar á persoa que me amaba, fonte do amor que me daban, o que chegaba. 
   Estrañas tanto .... 
   Estrañas o cheiro, o seu cheiro natural. A cor da súa mirada, o suave tacto da man que che leva, .... estrañas tanto tanto, que te parte en dous, sofres. Camiñas para chegar a ningún lugar.   
   E os bicos, eses bicos que che impiden dicir que a queres; tamén os estrañas.
   Ao sentir tanta "estrañeza", sabes que a próxima vez cheirarás máis, mirarás máis e agarraraste máis, .... 
   E falo, fas feixes de todo "máis", pero sabes de antemán que aínda facendo iso, non che vai a impedir seguir estrañando máis. 
   E ese buraco no peito agrándase.... e corres a buscar no caixón eses recordos que aí quedaron quietos e inalterados ....   
   ... eternos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario