luns, 6 de marzo de 2023

Luns emotivo. As portas.

 
Tres veces pasei por diante, 
detívenme adrede, e descaradamente 
mirei á porta negra, esa que esconde e accede;
aquela que calou, permitiu e outorgou. 
Esa que hoxe separou 
e antonte pechada, de madrugada, daba liberdade.
E a outra, que prohibe a ilusión,
na que te reflexas e desconfía. 
A dos cristais transparentes
que permiten imaxinar 
o ir e vir a silueta da amada
antes e despois de min.
Durante a dor, o medo e o amor. 
E eu, eu mirando e expulsando
desexos de ser atopado 
neste sitio que están todos 
e ninguén me atopa.
 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario