Alí estaba sentado observando o absurdo, vendo pasar as
présas dos demais, mirando a frialdade dos edificios que, no seu
interior, encerra as caladas e diversas historias das xentes.
Tanta xente acompañando á súa soidade.
O Mestre, estaba a observarme frío e impasible ... e sucio. E alí continuaría ao marcharme.
Por raro que pareza o parque estaba baleiro, estrañamente baleiro;
só un paxaro veu disposto a interesarse por min ... e marchouse
voando. E podía facelo, supoño que o seu amor estaba nalgunha rama
daquelas árbores, tamén cun verde triste e opaco.
Eu non quería voar. Pesábame tanto o corazón que os pés se me
afundían no chan. O amor estrañado durante anos estaba alí dentro,
encerrado nas paredes marróns; tamén el nalgún momento acompañaba á súa
soidade.
Cada un, por se sós, non lograrían levantar o voo, non eran capaces
nin de imaxinalo.
Pero xuntos, sabían que podían voar ....
Ningún comentario:
Publicar un comentario