Cando a veu entrar pola
porta da casa notou que estaba máis cansada que outros días. Despeiteada,
ombreiros caídos e un xeito de andar amodo, paseniñamente foise
achegando; calada, como querendo estar sen que se deran conta. Fixouse
que tiña a mirada perdida, pensou que pretendía pasar desapercibida.
Para ela a xente que a miraba non existía, ou iso daba a entender. O transcurso do día borrara todo escintileo de felicidade.
Como era costume acercouse para saudar, só puido conseguir un leve rozamento na man. Alarmouse ao notar a pel dolorosamente fría. Todas as alarmas comezaron a soar na súa cabeza ao ver que todo estaba frío: a mirada, a pel, o silencio, incluso a soleada casa estaba fría ....
Ela entrou no seu cuarto coa intención de esquecer, ... ou non.
Sabía fixamente que non ían chegar e aínda así agardaba polas mans que lle fixeran ter outras sensacións, mans que parecía que tiñan mil dedos ... ou dez mil; e que con maña fixésena descansar.
Tamén cansa pola interna escuridade que sentía soñaba que axiña chegaría.
E agardou.

Ningún comentario:
Publicar un comentario