mércores, 11 de novembro de 2015

Vodas.


Neste capítulo queremos facer referencia gráfica as unións da xente de Labrada, unións que serviron para formar familias, e así seguir medrando e poñendo pingoadas de vida entre nós.

                     Foto de voda do Celso e Arsilia do Campo dos Novos.

                                      
Voda do Antoño da Capeleira e da Erundina. Empezando pola esquerda: Serafin do Anxel, Angel do Balbino e a súa muller a Leofé, Albina, Mª Antoña, Milagros de Nisio, Antoño, detrás o Adolfo, Suso de Nisio, Erundina, o Gonzalo que era Sacristan, a Nere, D. Avelino, o Arturo e a Carmen. Polo fondo o muro vello cos asientos tamén de pedra.

A esquerda a Dina Otero, a noiva cremos que é Hilda, que se foi para Miñotos; a Eusebia de Viveiro a esquerda do noivo, Iberica do Carballal e Albina de Viveiro.

 Foto da voda da Margarita do Narciso co Pepe, celebrada o 10 de outubro do 1970 no Campo dos Novos, na casa do Fieitiña. Comenzando pola esquerda: Maria de Camba, Pepe da Elpídea do Curraiño, Divina da Carmela, os primos Amelia e José Luis.

Ano 1972. Comendo na casa do Goás o día da voda do Fructuoso do Fondo da Vila e da Ermitas do Civil. O Amaro do Adriano, José Luis de Carozo, Teodoro do Adriano, Isidoro de pé, Hipólito de Camba, José do Campo dos Novos e detrás del, o Cesar do Goás.

O mesmo día que a foto anterior, Dourino, Anibal, Luciano e Leucio.

Foto nas escaleiras do colexio de Abadín. O 22 de setembro do 1973, día da voda da Margarita do Ferreiro e o Albino do Fondo da Vila. As invitadas son as seguintes, comenzando pola esquerda: Antoña do Chao do Outeiro, Amelia de Carozo, Iberica do Chendo, Mª Fe do Plácido do Felipe, Enedina do Díaz e Maribel do Díaz.

Voda da Amelia de Carozo e Constantino. A esquerda a Carmen dos Gabries. A dereita o Suso da Coutada, Alfredo e  o Pepe do Anxel. Máis a dereita na esquina da mesa podemos ver o José de Tezán, o seu fillo José Manuel e sentado entre o noivo e o José Manuel está o pai da noiva. o Serafín do Ánxel. Detrás da tarta a noiva. A súa dereita os pais do noivo.


Voda da Eva do Brais e do Josesito. Foto sacada o Cordal, diante da casa da noiva. Ano 1970.

Voda no Goás do Josesito e da Eva do Brais. Invitados de Fanoi e de Labrada; da esquerda a dereita, entre éles; Manuel Rivas xunto a súa nai Esther, o Germán do Garelo, Policarpo do Fondo da Vila, o Hipólito e detrás de pé o home da esquerda e o pai da noiva, o Brais. De espalda, recollendo na mesa, o Cesar do Goás.

Foto da mesma voda. Comenzando pola esquerda: Metade da cara do Germán do Garela, Policarpo do Fondo da Vila, Isidoro das Pícaras, Hipólito de Camba, Angel do Catadoiro, Mario da Valiña, Amaro de Adriano. O fondo o Brais. A dereita e en primeiro termo: Arturo de Habanero, Martina, Granada do Perrote, Angelina do Román; o neno é o Manuel do Veiguello, Elsa de Enrique .....

Froito do matrimonio naceu o neno que na foto fai a primeira comunión, o Nilo. Criado cos avós maternos, María e Brais, xa que seus pais emigraron a Londres. Ano 1976.

Voda da Emerita do Rego Cabado e do Policarpo do Fondo da Vila. Leandro de Balseiro, Aniceto, Pepe do Anxel, Anibal e metade do Alfredo de García.

A esquerda o Manuel do Veiguello, Jesús do Vellagal, Arturo do Legazpi, Antoña das picaras, Olimpia do Vellagal. Atras a esquerda o Jesús do Anxel e máis a esquerda o Manuel do Ferreiro.

Foto do día 25 de xulio de 1972, na casa do Civil, no Porto Vello. Voda do Fructuoso e da Ermitas. Él do Fondo da Vila e ela da casa do Civil. De pé: A Toña, Policarpo, Lourdes, Esther, Hilda e Fructuoso. Sentados: Restituta e Carmen de Balseiro, Edelmira do Chao do Cobo casada en Corbelle, Jesús doÁnxel, Albino, Margarita. A esquerda do Fructuoso: Pepe do Ánxel, José Luis, Hipólito, Manuel do Veiguello e Claudio do Chao do Cobo.

Dúas fotos da Voda do José Luis de Carozo e da Erundina de Tronceda. Día 11 de xuño do 1977.


Ainda que os noivos non aparecen na foto, ésta pertence a voda de Angeles Román e Bieito Mouriño, celebrada o 24 de xuño do 1978. Aparecen veciños de Labrada e de Barcia, parroquia do concello de Lalín. Empezando pola esquerda: Pedro de Camba, irmán da noiva; Mª Josefa de santiago, Mª Cruz de Juanito, Marina de cas Coira, Antoña do Morto, José Luis de Rouco, Mª de Mar do Civil, Celia de Rouco, Esther do Fondo da Vila, María de Camba, nai da noiva; Jesús do Fondo da Vila, diante Manuel Rivas, Gonzalo de Juanito, Manolo e Teresa, cuñado e irmán do noivo; a señora con algo branco nas mans é a Antoña das Pícaras; atrás de todo e ollando para o seu lado esquerdo é o Candido do Chao do Outeiro, (o morto); o señor e o rapaz que estan detrás non sabemos quen son. As catro últimas persoas do lado dereito e empezando pola dereita son: a Oliva de Xán, a súa dereita Estrella e Indalecio, pais do noivo, e detrás o Policarpo do Fondo da Vila.

Voda da María de Arnela e do Florencio. Ela, natural do barrio do Carballal e él do concello de Guitiriz. Casaron na nosa igrexa e na foto aparecen: Jesús do Vizoso, Efigenia de Arnela, Antoño do Vizoso; María, nai do Florencio; un tío do Florencio, Florencio, María de Arnela, Rosa, Jesús de Arnela. Agachados: A María do Migueliño, Suso do Vizoso; José Meiriño, o cura; e o Alfredo de García.

 Voda do Angel do Ricardo de Tibian e da Isolina, ela de Montouto. Agosto do 1971.

Foto do 24 de outubro do 1981, no xantar da voda do Gildo e a Mª Carmen de Garcia. De costas e mirando para a cámara, Manuel Rivas; no lado esquerdo e en primeiro termo o matrimonio formado por Benito e Anxeles de Camba. Do lado dereito e no mesmo sentido o Jesús e Antoña, a dereita o cura José Meiriño, Margarita e Albino, ....

 Voda da Hilda Prieto e do Elias Román celebrada no setembro do ano 1980. Foto sacada o carón do pórtico, aínda no adro vello.

Voda da Henar Román e Jorge Cesar Carracedo, 5 de marzo do ano 1983. Foto sacada diante do portico no adro vello.

Foto da voda da Eva do Sota, 20 de outubro do 1990. Os da parte de enriba e da esquerda cara a dereita: Alzucena (Dámaso), José Ares e Evangelina Díaz. Na parte de baixo: Claudio Cortiñas, Carmén Fernández, Josefa Puente, Eva Seijas (noiva), Soledad Fernández, Andrés (noivo), José Manuel Rico, Felix Bellabona, Teófilo Rego, Luis Castiñeira, Angelito Seijas e José Solmo.

Voda do José Manuel e da Esther da Casa Vella, o día 20 de abril do 1991. Dourino, José Manuel, Esther e Armando.

Voda da Esther da Casa Vella, 20 de abril do 1991. Comenzando pola esquerda: Angeles do Salvador, Verónica do Fructuoso, Rosario de Romariz, Ana da Valiña, Sonia do Outeiro, Teresa Regal e Maribel do Garipol.

Voda do Suso do Coto e de Maribel, ano 1992. No foto podemos ver varios invitados, entre eles: Emiliano, Toño das Lucas, Servando, Eusebio, Oscar, Fortunato, Celso, Mercedes, ...

Foto da voda do Suso do Coto e de Maribel ano 1992. Da dereita cara a esquerda: Senén do Barral, José Manuel do Viveiro, José Luis do Feliso, Elenio do Porto Vello, Victor de Caboxo (de costas), Carlos de Santiago, Manolo Novás, José Manuel de Tezán (de costas), José antoño das Lucas, José Luis da Xesta, Emiliano do Chao do Outeiro e Miguel do Chao do Outeiro (diante de todo e de lado).

    Voda de Alvaro Castro e Ana López. Agosto de 1995.

    Foto na lúa de mel de Ana e Alvaro sacada na costa Cantábrica, xunto a Manuel Rivas.

Voda da Mª del Mar e do Fito. Celebrada na nosa parroquia o día 22 de agosto do 1998. Empezando pola esquerda: José Manuel do Articiano, Luis do Pablo, José Angel Cornide, Amable, Suso do Pablo,  Mª José, tapada polo pao; Eusebio, Toño das Lucas, José Manuel de Tezán, Emiliano, Hipólito das Lucas, Soledad, a Babila e a Emma.

Despedida de solteiros de Ismael e Mª Luz, maio do ano 2002. Foto sacada na discoteca A.J.M.76 de Vilalba. Comezando pola esquerda os noivos Ismael e Mª Luz, Maite, Sofia e Verónica Cortiñas. En crequenas: Manuel Rivas e Amandino Saavedra.

Foto da voda de Mª Luisa González e Miguel Cortiñas. Ano 2004. No retrato José Manuel Vivero Cordal e José Luis Rouco Román. Detrás, a esquerda da foto; Rosario Prieto e Javier Prieto.
Voda de Mª Luisa e Miguel. No retrato, da esquerda a dereita: Hipólito Otero, José Vivero, José Manuel Rico, José Manuel Vivero, Gonzalo Cuba, Angel Carlos Rouco, José Prado, Mª Josefa Rouco e Sara Balsa.
    Voda de Mª Luisa e Miguel. Invitados de Labrada.
    Voda de Mª Luisa e Miguel. Invitados de Labrada.
    Voda de Mª Luisa e Miguel. Invitados de Labrada.

   15/02/1961. El Progreso.
   "En la iglesia parroquial de Labrada el pasado día 11 contrajeron matrimonio los jóvenes don Dámasio Otero Pita con doña María Granada Vivero Casabella, y don Ricardo Paz González con doña Granada Corral Solmo.
   Deseamos a todos ellos una eterna luna de miel".

martes, 9 de xuño de 2015

Os ensinados en Labrada.

    05/02/1889. El Magisterio gallego.
   "Con arreglo a lo que dispone el artículo 64 del Reglamento aprobado por Real Orden de 7 de Diciembre último, han de proveerse por concurso único las Escuelas incompletas que resultan vacantes en las provincias que a continuación se expresan:
Lugo:...en Abadín con 125, Labrada".
 
   05/05/1889. El Magisterio gallego.
   "En virtud de propuesta unipersonal de esta Junta, el Ilmo. Sr. Rector de la Universidad de Santiago se ha servido nombrar Maestros propietarios a los sugetos que figuran en la siguiente relación.
Por tanto los Sres. Alcaldes de los pueblos respectivos manifestarán a los interesados que remitan a la Secretaría de esta Junta Provincial un timbre móvil de dos pesetas para reintegrar los títulos administrativos; en el bien entendido que los nombrados que hicieron constar haber hecho el depósito para la obtención del título profesional no puedan tomar posesión de su destino si no presentan antes dicho documento.
   Cumplidos que sean los requisitos anteriores, las Juntas locales de primera enseñanza se servirán dar posesión a los interesados, a su presentación, que habrán de verificar dentro del término de 30 dias, a contar desde el siguiente al de la fecha del presente Boletín; debiendo extenderse a continuación del cúmplase puesto en el título la oportuna certificación de posesión, y remitirse luego a esta Junta provincial dos copias literales de aquél y deligencias sucesivas, una en papel de 10 céntimos de peseta y otra en el de 75.
   Lugo. Abril 17 de 1889. El Gobernador Presidente, César Ordax Avecilla. Paulino Santos, Secretario.He aquí los Maestros y Maestras nombrados.
   "... Con 125 pesetas: D. Antonio Paz Morado, C. para Labrada en Abadín".
 
   24/01/1913. El Progreso.
   "... El de Abadín abre concurso para alquilar una casa para la escuela de Labrada".
    06/02/1918. El Norte de Galicia."Para su entrega a Dñª Luisa González López, maestra propietaria de la Escuela de Labrada, se envió al alcalde de Abadín, el título profesional de aquella".
 
   17/03/1925. El Ideal gallego.  
   "Por Real Orden del Ministerio de Instruccion pública se cran en firme las siguientes escuelas nacionales para Galicia:
   Provincia de Lugo: Quende y Labrada (Barral), ambas en Abadín".
 
   02/04/1925. El Compostelano.
   "La Sección Administrativa de la provincia de Lugo nombró maestros interinos de Labrada, en Abadín, a D. Juan Antonio Fernández del Campo; ...".
O devezo de unirme o pasado non experimentado, ese pasado disfrutado pero non vivido, lévame a fermosa tarefa de comenzar unha andaina que me leve o punto de retroceso máis lonxano posíbel. Para poder chegar, un ten que apoiarse no saber popular, no de cada veciño que veña de máis lonxe no tempo e tamén, nos organismos que, de xeito calado fan camiños para chegar a lugares e tempos remotos non pisados desde o seu presente:
   Un deses organismos é o Consello da Cultura Galega, que a través do Arquivo da EmigraciónGalega fan un traballo de "rescatar e valorar a memoria  e os testemuños  da acción solidaria e altruista dos nosos emigrantes". Como a continuación veremos os emigrantes de Labrada  tamén participaron na mellora  das condicións de vida, non só a nivel familiar, senon tamén a nivel colectivo e veciñal xa que contribuíron a construción das nosas escolas a traves das asociación, tanto parroquiales ou municipales que se crearon na emigración; principalmente en Buenos Aires, Montevideo e a Habana.Os fillos de Labrada emigrados a Habana participaron na creación e fundación da asociación "Hijos del Ayuntamiento de Abadín, Sociedad de Instrucción y Beneficencia". 
   "Esta sociedade foi fundada na Habana polos naturais do concello de Abadín (Lugo) residentes na capital cubana. O 23 de outubro de 1921 un grupo destes veciños mantiveron unha reunión na casa de Bernardo Aguiar, un dos promotores da idea, e quedou nomeada a comisión organizadora para a creación desta nova entidade. 
   No momento da súa fundación tiñan previsto denominala Hijos de Abeledo, Corvite, Baroncelle y sus comarcas, por pertenceren ás ditas parroquias a maior parte dos socios fundadores. Finalmente chamouse Hijos del Ayuntamiento de Abadín. 
   A primeira directiva da sociedade estaba integrada por Perfecto López Vidal, como presidente; José Díaz Pardiño, vicepresidente; Saturnino Regueira y Oseira, secretario. Como delegados das parroquias do concello estaban Jesús Ferreiro Díaz por Labrada, Manuel Leal Otero por Romariz, Antonio Díaz Pardiño por Fanoi, Magín Castiñeira Oseira por Abadín, José Cabado González polas Goás, Perfecto López Vidal por Candia, Bernardo Aguiar por Aldixe, Generoso Anido por Abeledo, José Val por Corvite, Aparicio Portela por Baroncelle, Generoso Hermida por Moncelos, Ramón Fraga por Castromaior e José Portela pola Graña de Vilarente. 
   A súa finalidade era construír escolas na súa terra natal, atendendo primeiro ás parroquias máis abandonadas e necesitadas como Candia e As Goás. Tamén consideran nos seus estatutos obxectivos benéficos e recreativos: fomentar e estreitar a amizade entre todas as persoas asociadas e prestarlles auxilios morais e materiais aos socios necesitados. 
   En 1932 inauguraron no cemiterio Colón da Habana un panteón social, onde son soterrados os socios. 
   Nos anos 40 pasou a ser unha sociedade recreativa e benéfica". 
   (Fonte: Arquivo da Emigración Galega).
 
             Xunta directiva da sociedade habaneira Hijos del Ayuntamiento de Abadín (anos 40)
             Imaxe: Fondo gráfico do Arquivo da Emigración Galega.

Entrega oficial do panteón social de Hijos del Ayuntamiento de Abadín no cemiterio Colón da Habana (xuño 1945)
Imaxe: Fondo gráfico do Arquivo da Emigración Galega.
 
                               Festa social de Hijos del Ayuntamiento de Abadín (Anos 40)
                               Imaxe: Fondo gráfico do Arquivo da Emigración Galega

No concello de Abadín temos tres escolas relacionadas com este organismo: Casa-escola de Romariz, Casa-escola de Labrada de Arriba e Casa-escola de Carozo.
O delegado da parroquia de Labrada, Jesús Ferreiro Diaz, era veciño do barrio da Atalaia, tio do Antoño do Granadero. Jesús foi un home traballador, como que case todo galego emigrado, en Cuba consigueu ter un bo nivel de vida ata a chegada o poder de Fidel Castro; neses momentos quedouse sen nada, e fuxiu para Florida reclamado por unha filla que resedia en Miami. Voltou a Labrada para facer algunha visita a súa xente. Morreu en Miami.

A escola de Carozo.
O primeiro documento do que se ten constancia e que fai referencia a casa-escola de Carozo ten data do 4 de marzo do 1923, data na que se formaliza o contrato de compra-venta entre o vendedor, Jesús Vidal y Vidal e os 48 socios compradores.  Di o documento que a propiedade donde está situada a casa foi comprada por Jesús Vidal y Vidal os herdeiros de D. Antonio López Verdeal, natural de Mondoñedo. A casa, coas paredes en ruinas e sen teito; e tamén os ocos do redor, véndea Jesús Vidal y Vidal pola cantidade de 500 pesetas aos 48 socios seguintes:
 
Andrés Carreiras Seoane                                  Manuel Rivas Blanco
Carlos Rouco Graña                                           Cándido Vivero López
Luis Rouco Graña                                               Juan Cuba Expósito  

José Rouco Francos                                           Carmen Rouco Francos 
Josefa Puente Lindín                                         Manuel Cortiñas Rouco  
Ramón Vidal y Vidal                                          Eleuterio Garcia Vidal  
Antonio Carballeira Fernández                       Manuel Diaz Berdes  
José Mª González Fernandez                          Cándido Coira Prieto  
Pedro Camba Vizoso                                         José Román Rouco
Francisco Cordal Cabaneiro                            Benito Vázquez Candia 
Jesús Carracedo Rojo                                       Pedro Pita Sanjurjo  
Carlos Garcia Otero                                          Luis Otero Cordal 
Antonio Ferreiro Funcasta                              Vicente Vizoso Vidal  
Jesús Coira Díaz                                                Jesús Otero Otero 
Felisa anello González                                     José Ares Alonso  
Vicente Requeijo y Requeijo                          Antonio Coira Díaz 
Mª Josefa Coira Díaz                                       Jesús Requeijo y Requeijo  
Antonio Geada González                                 Juan Carreiras García 
Dolores Prieto Carreiras                                 Dorinda Román González  
Carlos López Román                                       Juan Prieto Carreiras  
Manuel Vivero López                                      Antonio Camba Vidal  
Antonio Corral Requeijo                                María Cordal Cabaneiro  
Manuel Román González                               Antonia(o) Díaz Sánchez  
Vicente Fernández Seijas                               María Prieto Rodríguez


Aparte a aportación dos socios compradores, como xa ocurrira tamén co cemiterio, a xente emigrada tamén fixo aportacións para a construcción e acondicionamento da casa. Neste caso as aportacións viñeron da Habana como reflexa o documento de data 20 de setembro do 1922. As persoas que aparecen no documento son as seguintes:
- Ignocencio Román. Posiblemente Inocencio Román Rouco, nacido no barrio do Chao do Outeiro.
- Jesús Ferreiro. Posiblemente do Ferreiro procedentes de Samarugo que  casaron na Atalaia.
- José Fernández
- Marcelino Coira.


A día de hoxe a escola de Carozo posúe tres documentos, dous que fan referencia a súa compra, e outro que fai referencia as condicións da cesión da escola ao Concello para uso e mantemento a cargo del.
A continuación podemos ver o documento de compra e listado de socios: 


A continuación refléxase o documento da cesión ao Concello con data 8 de xullo do 1927.

Como no documento arriba exposta queda reflexado, os primeiros pasos para a construcción da escola foi nos anos 1922-23. E como se reflexa na foto de abaixo, no lintel da porta de entrada hai unha inscripción con data 1796. A facil conclusión é que a data reflexada no lintel nada ten que ver coa escola, aparte, o tal "Juan Ant de Requeixo" era cura na nosa parroquia por esas datas. Aparte, non era costume que unha vivenda tivera unha porta tan ancha como a que hoxe figura na entrada. Chegado a este punto á conclusión que eu chego e a seguinte:
A pedra do lintel veu para a porta desde a igrexa ou xa estaba na casa antiga; cousa pouco probable.
E ... por qué ese lintel non é do campanario vello, 1861, ou, ... da antiga capela de Santo Domingo y Vera-Cruz?
 
    11/10/1921. El Regional.
   "La Dirección general, declaró incursos en el articulo 171 de la Ley de 9 de Septiembre de 1857 por abandono de destino, a Dñª Concepción Castro Iglesias, de Labrada".
 
   14/03/1925. El Regional."Con caracter definitivo han sido creadas en esta provincia las escuelas nacionales de Quende y Labrada (Barral), en el municipio de abadín".

   25/11/1926. El Noticiero Gallego.
   "Escuela mixta, vacante; Labrada, de 1293 habitantes. Ayuntamiento de Abadín".

   25/02/1927. El Noticiero Gallego.
   "Escuelas reservadas a opositores y opositoras.
   ... Labrada Barral, Abadín. 546 habitantes".

   18/06/1929. El Noticiero Gallego.
   "Escuela Mixta, vacante; Labrada, de 546 habitantes. Ayuntamiento de Abadín".
   (Dedúcese que entre o 1926 e o 1927, puxéronse en funcionamento as dúas escolas).

   18/05/1935. El Noticiero Gallego.
   "Escuela mixta vacante; Labrada, de 546 habitantes".

Inscrición no lintel da porta de entrada da Casa - Escola de Carozo en donde se pode ler ...
 "A EXPENSAS DE D. JUAN ANT DE REQUEYXO
                    AÑO DE 1796"


    Abandono da Casa-escola de Carozo no ano 2015.

      Doña Nela (Manuela). Mestra da escola de Carozo nos primeiros anos da década dos 40.

   

Mª del Pilar Paredes Villamarín. Última mestra da escola rural de Carozo, pechada no ano 1971.

Montserrat, mestra que puxo escola en Carozo. Compañeira de Pilar Paredes Villamaín, mestra titular na década 60 e comenzos dos 70, ata que se concentraron as escolas rurais no colexio en Abadín.
 
Escola do Campo dos Novos.

                 Foto do Pedro de Carreiras, mestre por un tempo da escola do Campo dos Novos
   
Ainda que a escola figura na relación do Consello de Cultura, na sección de As escolas da Emigración, o veciño do Outeiro, José de Paridoiro, afirma que a escola foi edificada grazas as cotas aportadas polos socios que de seguido mostramos:



   Descoñezo se ha escola citada posúe algún outro documento. 
   Aquí quero agradecer ao Jose de Paridoiro e á súa familia a amabilidade e interés mostrado.

    Ano 1952/53.
   Dñª Iluminada López Guerrero foi unha xoven mestra, filla do secredario que por eses anos desempeñaba ese cargo no noso concello, que exerceu a docencia nas parroquias de Montouto e Labrada. Eran anos de dificultades laborais e sociais, e a ela tocoullas vivir, acaso dobremente, enseñando os nenos de Montouto e Labrada. En Montouto poñía escola na Vacariza, en sustitución de Dñª Pura, e durmia no Rego Cavado na casa dos Minguiños. En Labrada púxoa na escola do Campo dos Novos e paraba na casa do Sende.
   Os destinos no traballo de seu pai levouna a percorrer diversos sitios no territorio nacional; tanto camiño percorrido que a retornaron de novo as nosas parroquias visitando os lugares e amigos que o xuventude conoceu sendo rapariga e agora tornou para encontrase con esas amizades e lugares. Amigos de Montouto como a María e o Elias do Carboeiro ou a Emerita da Vacariza. En Labrada por desgraza, algún deses amigos xa faleceron, pero ainda hoxe, a lúcida memoria de Iluminada, recorda o neno Monsito, o cura D. Andrés, a Fidencia do Fondo da Vila e sobre todo o Celso e a Arsilia, con quen viviu mentres puxo escola. Hoxe, no mes do nadal do 2017, tiven a posibilidade de coñecela e escoitar os fermosos recordos que compartiu conmigo.
   E de salientar que no ano 2015, aproveitando unha das visitas que nos fixo, ao ver o destragadas que estabán as carreteiras de acceso a Montouto fixo unha serie de escritos remitidos aos organismos responsábeis denunciando o lamentable estado dos accesos a nosa parroquia: o Sr alcalde do noso Concello; a Ana Pastor, ministra de Fomento e a Deputación Provincial de Lugo. 

   O saber non ocupa lugar .... sempre foi unha necesidade aprender e un privilexio que nos ensinasen e máis nos tempos pasados, por entón era un privilexio saber ler e escribir, privilexio que estaba o alcance de moi poucos. Os poucos que sabían tamén tiñan a posibilidade de ensinar a quen podía e quería aprender; este feito dáballes os novos mestres certo status dentro da parroquia.
   As escolas nas aldeas eran casas-escolas con vivenda no propio edifício, feitas polas aportacións feitas polos veciños e en algunhos casos por aportacións que chegaban desde a emigración, ben individualmente ou a través de colectivos e asociacións. En Labrada tiñamos dúas Casa - Escolas; a do Campo dos Novos e a de Carozo e en cada unha delas o seu mestre ou mestra.
  

 Foto do 27 de xulio do 1966. A mestra da esquerda e Dñª Pilar Paredes Villamarín; a rapaza que está a dereita da mestra con gafas é a Mª Carmen de Garcia. Diante dela a Isabel do Habanero e a dereita de esta a Cristina de Carreiras. A dereita na fila de baixo e de xeonllos a Hilda do Villagal. A terceira, comenzando pola dereita, na fila de baixo, con un lazo no pelo é a Mª Carmen do Guizán de Gontán.


   Agosto do 1965. Excursión con rapazas de Labrada.

Fotos en Foz, na praia da Rapadoira, agosto do ano 1965. Nenas das parroquias de Labrada e Romariz coas mestras das escolas de ambas parroquias; Dña Pilar e Dña Isabel.


Excursión a Luarca con data 9 de Xulio de 1969, dos alumnos da escola de Carozo e do Campo dos Novos e tamén da escola de Romariz xa que na foto aparece Dña Isabel, mestra da citada escola. Aparecen entre outros tamén na foto: a catequista Margarita do ferreiro, Crescencio, José do Valentín dos agustís, Fernando de paridoiro, Restituta e Telvina, catequistas; a mestra Dñª Pilar Paredes, Angeles de camba e Mª Carmén de García. Máis atrás Mª Sol do choqueira e Anita do Coto.

O mesmo día a hora do xantar. No medio da merenda o Xosé Antoíño do granadero, a esquerda o Hipólito de Camba, a Amandina do Candia, a Ángeles de Camba, a Mª Sol do Choqueira, a Anita do Coto, a Martina e o Ricardo da Elpidia, é o Jorge do Perrote, a última é a Analita do Granadero.

    Nesta foto podemos ver a moita mocidade, recoñecidos: Margarita, Etelvina, Restitut, ...

Pode que esta foto fora sacada na mesma data, os vestidos das catequistas coinciden coas outras fotos. De esquerda a dereita: Hilda do Villagal, Henar do Aparicio, Restituta de Balseiro, Lino da Valiña, Etelvina do Coto e Margarita do Ferreiro.


Foto de xuño do 1967. A mestra organizara unha excursión a Veiga Maxide; reflexo dese día é esta foto na que aparecen empezando pola fila de enriba e da esquerda a dereita: o Dario do Chendo, Hipólito, Mario da Valiña, José Luis de Carozo, Idolino do Xeada, Angel do Catadoiro, Paco da Carmela; na fila do medio e tamén empezando pola esquerda: Alfonso da Carmela, Jorge do Perrote, Delfino do Baroncelle, Ricardo da Elpidea e José Antoño do Granadero; na fila de baixo: Jorge do Carracedo, Toñito da Atalaia, Carlos do Chendo, Suso do Coto, Manolo da Poza; Elias e Angel do Granadero.

Foto sacada na aira do Anxel en xuño do 1967. Nela aparecen cativos da escola de Carozo. Imos intentar poñer nomes dun xeito  ordenado a todos eles; e comenzando por detrás e pola esquera: Ana Carracedo, do Coto; Genoveba de Carozo, Persida Corral do Cordal; Genma do Valeriano; Mª Carmen Vidal da Caveira; Oliva de Carozo; diante dela Angeles de Camba; Angel do Catadoiro; Hipólito de Camba; Dario Castiñeira do Chao do Outeiro; José Luis Rouco de Carozo; Mario Carracedo da Valiña; Elvira Rivas e Francisco López de Carozo. Volvendo a esquerda: Ibérica Castiñeira do Chao do Outeiro; Martina da Elpidia do Cordal; Amelia do Viveiro; Ricardo da Elpidia do Cordal; Jorge do Carracedo e Idolino do Xeada. Volvemos a esquerda e temos: o Toñito da Atalaia; Mª Sol do Choqueira(lazo no pelo); Amelia de Carozo;Analita do Granadero; Delfino do Cordal; Hilda do Villagal abrazando a Herminda; Jorge do Perrote; Alfonso López de Carozo; Angel do Granadero; Jesús Carracedo do Coto; José Antoño do Granadero; .... Comenzando outra vez pola esquerda: Amandina do Candia; Isabel do Habanero; Mª Josefa do Viveiro; Herminda; Albina do Chendo; Cándida do Chao do Outeiro; Manolo da Rega da Poza e ....

Foto con rapaces de Labrada xunto a igrexa de Santiago en Mondoñedo.

   Os carruaxes dos que ímos tirando o longo da nosa existencia, fan que seipamos máis da vida pola ir aprendendo que polo que nos insinaron. Coa chegada das tecnoloxias xurdidas no final do século XX, tamén a xente labradora e gandeira, e con uns anos encima dos ombreiros, tivemos a necesidade de poñernos o día no tocante as chamadas novas tecnoloxias, se así non fora, xurdirian uns novos ignorantes; eses que viven no día de onte. Para poder facer cursos de iniciación e poder comenzar a manexarse no campo da informática, fixéronse cursos, neste caso na casa da escola do Campo dos Novos. Na seguinte foto aparecen os participantes nun deses cursos.

 Foto de finais dos 90. Comenzando pola esquerda: Miguel Cortiñas, Marisa Otero, José Luis do Feliso, Benjamín, Milagros de Nisio, Carmen dos Gabrieles con dous netos ...

 Relación de mestres nomeados para as escolas de Labrada.
1907: Dñª Basilida Rivas Morado, con un soldo de 500 pesetas.
1909: Dñª Vicenta Rodeiro Boado, con un soldo de 412,50 pesetas
1910: Dñª Elisa Concepción Arcio Guerra con un soldo anual de 412,50 pesetas.
1915: Dñª Laria Dolores Docampo.
1917: Dñª Luisa González López, con un soldo de 1000 pesetas.
1917: Dñª Elisa Concepción Arceo, interina.
1919: Dñª María Estrella López García, interína.
1922: Dñª Concepción Castro Iglesias.
1923: Dñª Generosa Vérez Pico, interina, con un soldo anual de 2000 pesetas.
1925: Dñª Concepción García Villamil, para Labrada-Barral.
1925: D. Juan Antonio Fernández del Campo, interino.
1925: Dñª Adela Aldendín Ortega.
1927: Dñª Dolores Mourelle López.
1931: D. Donato Díez.
1937: D. Manuela Fernández Martínez (Nela), interina.
1939: D. Pedro Díaz Carreiras, para Labrada- Barral.
1946: Dñª. Francisca Díaz Gómez, para Labrada - Barral.
1947: D. José Núñez Díaz, para Labrada - Barral.
1953: Dñª Iluminada López Guerrero, Campo dos Novos.
1955: Dñª Amalia López Lacueva, para Labrada - Barral.
1959: Dñª Angeles Otero Mejuto.
1960: Dñª Pacita Mejuto Sesto.
1961: Dñª Purificación Oseira Maseda.
1966: Dñª Francisca Cabanela Rego. para Labrada - Barral.
1966: Dña Pilar Rodriguez Losada, para Labrada - Barral.
1968: Dñª Elsa Grandas López. para Labrada - Barral.