sábado, 28 de novembro de 2020

Cabalgata dos reis en Abadín do 1988

Un acontecemento social, pero a nivel municipal, promovido polo Movemento Rural Cristián foi a celebración da Cabalgata de Reis no ano 1988, saíndo de Gontán e rematando no colexio de Abadín. Toda unha obra de arte feita e protagonizada por mozos das parroquias da zona montañosa do noso concello. No lugar de camelos puxéramos eguas, e os reis e paxes eramos os veciños que, durante un tempo, preparamos e organizamos a festa. Foi un gran éxito, tanto a nivel organizativo como de asistencia.

A esquerda o Orlando de Fanoi chamando a egua onde vai Javier dos Fornos; detrás con bata branca e pintado de mouro, Manuel Rivas; chamando a egua onde vai o Emilio do Cepo.
 



    A cabalgata baixando pola feira de Gontán.

    A cabalgata en Gontán, pasando por diante da Casa do Seixo e da Farmacia.

    A Mª del Mar da Casa Vella e a Rosario do Cepo, abrindo camiño nas Pedreiras.

    En Abadín, entrando para o patio do colexio.

Comenzando pola esquerda: Basilio facendo de pastor; Mercedes co meniño no colo facendo de María e Toño facendo de José; Javier facendo de pastor. Os tres Reis: Baltasar protagonizado polo Emilio do Cepo, Melchor protagonizado polo Hipólito e Gaspar protagonizado polo Javier dos Fornos.

    Os Reis Magos repartindo agasallos aos nenos.
 
    Javier Prieto, José Fernández e Basilio Díaz.
    

    Basilio, José, Mercedes (María), Toño (José) e Javier.
 
     O anuncio do Ánxel a María, representados por Armando Requeixo e Mercedes Prieto.

Mercedes da Costa da Laxe e Remedios da Valiña na representación da obra de arte celebrada no pavillón do colexio.
 
    Nenos e maiores no ximnasio do colexio, na representación teatral.

luns, 26 de outubro de 2020

Os proxectos ferroviarios en Abadín


    Para situarnos no tempo, expoño isto a finais do ano 2020, concretamente roldando as datas da feira de Santos.
   Analizando a información  e os acontecementos que xorden no tempo, e que non deixan de amolar a razón que un sente pola terra que che fai seguir; atopámonos coas posibilidades que puideron facer medrar o noso concello, e que foron xurdindo co paso do tempo. Xa non só o concello, tamén toda a Terra Chá, e esa outra terra tan esquecida que ve saír o sol cando quenta e alumea todo o Xistral.
   Fagamos un exercicio de imaxinación, complicado polo tema da proposta pero útil e necesario para espertar certas inquedanzas.
  Nese exercicio, tamén sono, vemos un ferrocarril que uniría a mariña coa Terra Chá, forzosamente pasando polas terras de Abadín, facendo medrar, aínda que non quixeran, as nosas parroquias, á feira de Gontán, o concello e as nosas vidas. Imaxinemos un parque empresarial que sería o eixe principal da nosa feira, na que tería acollida unha industria xurdida dos traballos e froitos da comarca. Situación que facilitaría o asentamento da xente hoxe espallada por aí adiante. E que a día de hoxe, apuxada polo seu propio impulso, tería un peso moi grande na economía local empuxado pola gran cantidade de parques eólicos da zona e o que todo iso podería xerar, ....
   Pero non se fixo fai case 100 anos, non se fixo fai 30 e pode que, pola costume, nos custe imaxinar facelo agora!
 
   Ano 1883. Varios diarios. 
   O longo do ano 1883, cítanse varios proxectos da construción do ferrocarril que una a costa norte de Lugo co que ven de Madrid a A Coruña. As alternativas eran, ben dende Rábade ou Baamonde, e con remate en Ribadeo. Sempre pasando por Abadín e citando a feira de Gontán pola súa importancia gandeira; sen esquecer a feira da "De monte" en Cospeito.
 
   23/08/1886. El lucense.
   "Los terratenientes cuyas fincas han de ser expropiadas en los distritos de Abadín, Castro de Rey y Cospeito para la construcción de las obras de la segunda sección, trozos 3º,4º,5º de la carretera provincial de la Estación férrea de Lugo a Gontán, pueden presentarse dentro del término de ocho días ante el Alcalde de sus respectivos distritos a hacer la designación de perito que les represente en las operaciones de tasación; pues de lo contrario se entiende que se conforman con el nombrado por la administración".

    24/08/1904. El norte de Galicia.
    "... unir la proyectada línea ferroviaria de la Costa con la que une Madrid a La Coruña por otras transversales; debiendo partir una, desde Pozo Mouro, acercarse a Lorenzana, atravesar el Masma por donde pudiera mejor ganar la altura del Convento de los Picos y de la Infesta, con lo que Mondoñedo quedaría servido; acercarse a la importante feria de Gontán, en el distrito de Abadín, cruzar la Tierrallana al Puente de Otero y terminar el Lugo".... 

    Ano 1925. La Voz de Galicia.
    Outro pulo que se lle dera o proxecto do citado tren foi no, aló polo mes de abril do citado ano. Nunha das columnas de La voz de Galicia sae publicado un artigo que pon o seguinte:
"En primer lugar, que su coste no habría de ser tan elevado cual si se tratase de atravesar terrenos montañosos, como lo son la generalidad del pais gallego, pudiendo asegurarse que hasta la Xesta, perteneciente al ayuntamiento de Abadín, el terreno, aunque en ciertos puntos accidentado, es casi llano, de suerte que en todo este trayecto de 67 kilómetros, solo habría de como obra de consideración el puente sobre el rio Miño.
Lo más costoso sería la bajada de la sierra de Mondoñedo, 12 kilómetros, por las obras de fábrica que habrían de construirse, más puede asegurarse que hay de sobra material para ellas casi al pie de la obra, con la particularidad de que no es necesario ningún tunel, al menos por el estudio hecho por el Ingeniero Sr Rivera, bordeando la ladera Samordás-Fiouco...
... es formidable el número de auto-camiones que circulan por Villalba y Mondoñedo, procedentes de las Estaciones del ferrocarril de Lugo, Rábade y Baamonde para surtir Villalba, Abadín, Mondoñedo, Ferreira del Valle de Oro, Villanueva de Lorenzana, Foz y toda la marina de Ribadeo y aún más allá. Esto independiente del transporte de ganado para el embarque de la estación de Lugo procedentes de las ferias de Villalba, Gontán, Mondoñedo ...".
Incluso se constituiu en Mondoñedo un grupo chamado Comisión Pro-ferrocarril firmando un escrito de solicitude:
" ... se hace un recuento de los valores que atesoran los pueblos del Norte de Galicia.
Suscriben dicho documento los alcaldes de Mondoñedo, Vivero, Abadín, Barreiros, Cospeito, Germade, Lorenzana, Orol, Valle de Oro, Villalba, Alfoz, Cervo, Foz, Jove, Muras, Otero de Rey y Puentes de García Rodríguez y otras significativas personas".
Destacar que o concello de Abadín comprometíase a facer unha aportación de:
"El de Abadín con doscientas mil pesetas en metálico, la expropiación de los terrenos necesarios para la vía y estaciones y material para éstas, dentro del término municipal".
 
   No periódico La Correspondencia de España y Extranjero, na páxina 4, con data do 29 de maio do 1925, publicouse o seguinte artigo:
   O ferrocarril Marín-Ribadeo.
   "A comisión encargada de facer os traballos para conseguir a realización do proxecto do ferrocarril  Marín-Ribadeo, que tanto interesa a Galicia, especialmente á provincia de Lugo, accedeu á información aberta polo Consello Superior de Ferrocarriles, presentando un informe que é a síntese das aspiracións da provincia, e que demostra dun xeito claro e terminante as vantaxes desta liña férrea que fai ben os centros produtores e, como consecuencia, os consumidores dunha grande rexión que anhela á construción desta liña desde 1860.
   Non é preciso poñer de relevo a importancia agrícola e industrial do territorio comprendido entre Mondoñedo e Vilalba, que será atravesado por este ferrocarril.
   A liña férrea percorrerá  de 95 a 100 quilómetros, pequena distancia, que será o suficiente para que poidan comunicarse os pobos seguintes:
   Ribadeo, Espiñeira, A Devesa, Rinlo, á comarca de Cabarcos, Barreiros, Foz, portos e pobos deste concello, Vilanova de Lourenzá, Mondoñedo, Abadín, Vilalba, Cospeito, Castro e a comarca da Terra Chá. Acadará o benefício a uns 140.000 habitantes. Nesta zoa celébranse 732 mercados e 534 feiras. O tráfico actual acada a unhas 100.701 toneladas. A poboación agrícola componse de 24.00 familias, repartidas en 229 parroquias, pertencentes a 18 concellos.
   Isto ben chega para probar rotundamente á necesidade da construción do ferrocarril a que nos referimos, co cal fará o goberno unha gran obra patriótica, e que aparte valerá para mudar unha rexión que hoxe encóntrase a dous dedos da ruína, nun venero de riqueza".
 
    18/08/1925. Renovación.
    "La Comisión pro Ferrocarril de Mondoñedo dió en estos días evidentes señales de actividad y acierto en las gestiones que realizó primero en el balneario de Mondariz ante el Presidente del Consejo de Ministros y luego en La Coruña.
El día 10 del actual salió para Mondariz una comisión integrada por los señores Agrelo y Balsa, Presidente y Vocal respectivamente de la Comisión Gestora pro Ferrocarril, y los señores González Redondo, Alcalde de Mondoñedo; Novo, Alcalde de Villalba; Rivas, Alcalde de Abadín; Puente, Alcalde de Muras, Román Sillo, Secretario y representante del Ayuntamiento de Germade; Rico y Lozano, Alcalde y Secretario, respectivamente, del Ayuntamiento de Lorenzana; Paz y Fernández, D. Ramón, 1º y 2º Teniente Alcalde de Barreiros; Couto y Leitón, Alcalde y concejal de Foz; Carrera, Anllo y Anllo don Gerardo, Primer Teniente Alcalde, Depositario y Secretario de Cospeito. Causas imprevistas impidieron llegar a Mondariz a los representantes de los Ayuntamientos de Vivero, Orol, Jove, Cervo, Trabada, Alfoz y Valle de Oro.
El día 11 a la una fué recibida la Comisión por el Sr. Primo de Rivera en el gran Hotel Peinador...".
 

 

domingo, 25 de outubro de 2020

Anuarios do 1904 e 1908.

 
   1904.

   ABADÍN_ Concello de 5005 habitantes de feito e 5042 de dereito, formado polas parroquias seguintes:
   Abadín (Sta María A). A súa capitalidade esta na Torre, con 131 veciños de feito e 131 dereito.
   Elementos oficiais:
Alcalde: D. Francisco Díaz Edrosa.
Secretario: D. Marcelino Rivas Blanco.
Xuíz municipal: D. Daniel Díaz Paz.
Fiscal: D. Juan Castiñeira Balza.
Secretario: D. Saturnino Santomé.
Párroco: D. José Mª. Rey Reigosa.
Administrador de Correos: D. Francisco Seivane Laneros.
Avogados que exercen: Venancio Saavedra.
Escolas municipais para ambos sexos: Aquilino Lamela, Jesús Lamela e Antonio Paz.
Para nenas: Isabel Andrade.
Para nenos: José Andrade.
Estancos: Francisco Díaz, Balbina Pardo e Marcelino Rivas.
Fariñas (muíños): Marcelino Rivas.
Médico: José Carrera.
Pousadas: Francisco Lafuente.
Tabernas: Rosendo Alonso, Bernardo Iglesias, Francisco Lafuente, Jesús Lozano, Domingo Nieto, Antonio Nistal, Rosendo Oseira, Vicente Regueira, Antonio Rivas, José Rodriguez, Juan A. Sánchez, Francisco Trebolle, Vicente Veiga e José Vidal.
Propietarios principais: Rosendo Alonso, Francisco Bouso, José Carrera, Francisco Díaz, Filomena García, Juan Iglesias, Pedro Martinez, Antonio Rivas, Manuel Rivas, Marcelino Rivas e José Saavedra.
   Abeledo: 239 veciños de feito e 238 de dereito.
   Aldixe: 185 veciños de feito e 185 de dereito.
   Baroncelle: 324 veciños de feito e 325 de dereito.
   Cabaneiro: 63 veciños de feito e 63 de dereito.
   Candia: 63 veciños de feito e 63 de dereito.
   Castromaior: 325 veciños de feito e 331 de dereito.
   Corbite: 187 veciños de feito e 194 de dereito.
   Fanoi: 284 veciños de feito e 291 de dereito.
   Galgao: 166 veciños de feito e 169 de dereito.
   Goás: 207 veciños de feito e 205 de dereito.
   Graña: 222 veciños de feito e 22 de dereito.
   Labrada: 550 veciños de feito e 551 de dereito.
   Moncelos: 339 veciños de feito e 311 de dereito.
   Montouto: 133 veciños de feito e 134 de dereito.
   Quende: 221 veciños de feito e 221 de dereito.
   Romariz: 361 veciños de feito e 363 de dereito.
   Vilarente: 297 veciños de feito e 291 de dereito.

   1908.
 
   ABADÍN_ Concello de 5012 persoas, composto das parroquias seguintes:
   Provecende: Parroquia de Abadín, ten fábrica de fariñas e produce cereais. Feiras os sábados e festa maior o primeiro domingo de xullo.
Alcalde: Francisco Díaz.
Secretario: Marcelino Rivas Blanco.
Xuíz Municipal: Ramón Rojo Cordero.
Fiscal: Juan Castiñeira Balsa.
Párroco: José María Reigosa.
Instrución pública. Profesor: José Andrade. Profesora: Isabel Andrade.
Avogado: Venancio Saavedra.
Carpintería: Manuel Losada.
Cereais (colleiteiero de). Marcelino Fernández.
Comestibles: Rosendo Bouza.
Fariñas (Fábrica de): Marcelino Rivas Blanco.
Médico: José Carreiras Rivas.
Modista: Laura Hermida.
Parador: Rosendo Bouza.
Principais contribuíntes: Eduardo Cea Y Naharro. Marcelino Rivas.
Tabacos (Expendedurías de): Francisco Díaz. Balbina Pardo. Marcelino Rivas.
Veterinario: Antonio Díaz.
Viños (Tenda de): Rosendo Bouza.
   Abeledo (Sta María):
Ferrería e cerrajería: Bernardo Pardeiro.
   Aldixe (S. Pedro):
Instrucción pública. Profesor: Santiago Baroncelle.
   Cabaneiro (S. Bartolomé):
Párroco: José Cendán.
Fariñas (Fábrica de): Pedro Martinez.
   Castromaior (S. Juan):
Dilixencias: A Mondoñedo.
   Corbite (S. Pedro):
Comestibles e ferreterías: Rosendo Rey de Orosa.
   Graña (Sta. María Magdalena):
Instrución pública. Profesor. Jesús Lamela Rivas.
   Labrada (S. Pedro):
Instrución pública. Profesora: Basilisa Rivas Morado.
Batán: José Fernández.
   Moncelos (Santiago):
Carpintería: Andrés Hermida.
Fariñas (Muíños de): Cabarcos. (Sucesores de Miguel). Antonio Díaz.
   Romariz (S. Juan):
Ferrerías: Domingo Conde. Jesús Pardeiro.
   Villarente (S. Juan).
Parada de sementais: José María Puente.
 

luns, 19 de outubro de 2020

1919. As Sociedades de Socorros Mutuos

  
 
 
 
   01/07/1919. El Correo Español.
   "El sábado último, día 5, se celebró en Gontán (Abadín) un mítin católicoagrario, en el cual hicieron uso de la palabra el incansable propagandista y culto abogado Antonio Maseda Balsa, presidente de la Sociedad de Socorros Mutuos e Instrucción de Obreros católicos de esta ciudad, y D Vicente Saavedra, profesor del Seminario, los que, con sus claros argumentos, han conseguido convencer a los labradores de aquellas parroquias.
Después de terminado el mítin se constituyeron dos Sindicatos católicosagrarios, en la parroquia de Romariz uno, y en la de Labrada, otro.
Reina gran entusiasmo con tal motivo entre los labradores de esta comarca.
En las parroquias de las Goás y Abadín no tardarán en constituirse otros Sindicatos análogos.--F. P.".
 
   As Sociedades de socorros mútuos eran, basicamente, organizacións privadas, fundadas por un número de socios que se rexían mediante estatutos e as achegas dos socios, e que por regra xeral carecían de cor político. A finalidade era, mediante o asociacionismo, redistribuír as perdas entre todos os socios, partindo dos principios de solidariedade e autodefensa, ante as carencias sociais vividas en cada momento. O participar nas sociedades, pasabas de vivir da esmola a ter o apoio e compromiso económico e solidario.
   No artigo arriba exposto infórmase da formación dun sindicato na nosa parroquia, cousa que a día de hoxe é descoñecida para o autor do blog.
   Como exemplo comparativo do que puido ser aquela asociación, amosamos a continuación un exemplar das bases da creación dun sindicato. Neste caso é o creado na parroquia de Santa María de Vilamor, no concello de Mondoñedo.
 

    Material cedido por Andrés García Doural, o meu reiterado agradecemento.

domingo, 11 de outubro de 2020

As Xornadas de Formación Popular.

 
 
Elias Vizoso de Montouto, intervindo nunha das charlas das xornadas formativas. Na foto, as tres mulleres sentadas son: a Luz, a Angustias e a María da Misiana. De pé o Jesús do Jarboles e o Plácido do Cego.


    01/04/1984. La Voz de Galicia.
    "Siete charlas coloquio a celebrar durante todo este mes en la parroquia de Romariz, del municipio de Abadín, componen As Xornadas de Formación Popular que comenzarán el martes. La organización corresponde a un grupo de vecinos de Labrada, Romariz y Fano que, según explicaron pretenden chegar a un coñecemento maior en temas que tocan directamente á nosa vida de labregos nesta comarca de Abadín onde vivimos. Señalaron también que estamos convencidos de que a formación e a información son uns camiños moi axeitados para poder chegar a unhas formas de vida máis humáns.
   La jornada inaugural tendrá lugar el martes, a partir de las nueve de la noche, en la casa escuela de Romariz donde tendrán lugar todas las conferencias. La primera charla coloquio, sobre A situación agrícola na comarca de Abadín, correrá a cargo de agentes de Extensión Agraria de Mondoñedo. La segunda, prevista para el viernes la impartirá Eliseo Miguélez Díaz, ingeniero agrónomo, diplomado en Comunidade Europea; el tema será ¿Qué nos pasará a los campesinos gallegos cuando entremos en el Mercado Común?
   El día 10 Eloy Villada Legaspi, ingeniero técnico agrícola de la Consellería de Agricultura de la Xunta en Lugo, hablará sobre la producción de leche en la ganadería gallega. La cuarta de las charlas será el día 13, a cargo del ingeniero agrónomo Francisco Sineiro y el tema versará sobre la producción de carne en la ganadería galega.
   Los métodos de control de natalidad dentro de un proyecto de planificación familiar será el tema de la charla que pronunciarán responsables del centro de planificación familiar de Lugo el 17 de abril. Xavier Puente, maestro del equipo de Preescolar na casa y director del programa sobre el mismo tema en RNE, hablará el día 24 del tema Por qué suspenden nuestros niños?, el papel de los padres en la marcha de los escolares. La última de las conferencias, prevista para el día 27, corresponderá al doctor Lombardero sobre Derechos y obligaciones del médico rural, derechos y obligaciones del enfermo rural.
  La jornada de clausura de estos actos está programada para el día 28 con la actuación de grupo de teatro popular, ilusionistas y músicos populares de la comarca. Todas las conferencias tendrán lugar a partir de las nueve de la noche. El ayuntamiento de Abadín en el último pleno, concedió una subvención de 25.000 pesetas para costear el desarroyo de las jornadas."

Foto do dez de abril, na charla que deu Eloi Villada. No primeiro termo. Tamén están, entre outros: o José do Rúa, Jesús do Paridoiro, o Jesús do Jarbolés detrás do Aniceto, Vicente do López, Toño da Gloria, Plácido do Felipe, a Natalia ...