domingo, 20 de outubro de 2024

Antonio Román Camba.

 
  "07/12/1936. Boletín Oficial de la Provincia de Lugo.
 
    ABADÍN
 
   Tramitado en este Ayuntamiento a petición de José Román González el oportuno expediente para justificar la ausencia de su hijo Antonio Román Camba, por más de diez años en ignorado paradero, se publica el presente por si alguien tiene conocimiento de la actual residencia del referido sujeto, se sirva participarlo en esta Alcaldía con la mayor suma de datos.
   El citado sujeto tenía al ausentarse las señas personales siguientes: Antonio Román Camba, hijo de José y Manuela, tiene 31 años de edad, pelo negro, cejas idem, ojos castaños, nariz y boca regulares, color bueno, frente espaciosa y particulares ninguna.
   Abadín, 3 de Diciembre de 1936. El Alcalde, Aquilino Pernas".
 
   "21/01/1937. Boletín Oficial de la Provincia de Lugo.
 
    Leída la anterior y los Boletines Oficiales, se acordó declarar que existen motivos suficientes para declarar ausente en ignorado paradero por más de diez años a Antonio Román Camba, hermano de Inocencio, de la parroquia de Labrada".
 
 
 

domingo, 22 de setembro de 2024

Domingo emotivo. O medo.


O tempo rematou,
antes de que se apaguen todas as luces
non che direi os teus erros nin os acertos.
 
Dareiche as boas noites
e pecharei a porta,
direiche que te quero unha vez mais.
O tempo rematou,
así que, ai vai...
 
Eu non son o teu fillo,
ti non es o meu pai.
So somos dous homes dicíndonos adeus.
Non fai falta perdoar,
non fai falta esquecer.
Coñezo os teus erros
e ti coñeces os meus.
E mentres durmas
intentarei facerte sentir orgulloso.
Así que, papa, ¿Non podes tan só cerrar os ollos?
Non teñas medo,
agora tócame a min
escorrentar os monstros.
 
Durme toda a vida
e escoita unha derradeira palabra.
Podes sentir a miña man agarrada a túa,
xa me vou
deixarei a luz prendida
para que a escuridade non entre no teu corazón.

Non teñas medo ...

mércores, 28 de agosto de 2024

Xoves emotivo. Jealous.

 
     Agosto do 2024.
 
 
Teño celos da choiva
que cae sobre a túa pel.
Está máis preto do que estiveron as miñas mans.
Teño celos da choiva.
Teño celos do vento
que fai ondear a túa roupa
está máis preto que a túa sombra.
Teño celos do vento.
 
Teño celos das noites
que non paso contigo.
Pregúntome á beira de quen estarás tumbada.
Teño celos das noites.
Teño celos do amor,
o amor que estivo aquí,
que se foi para ser compartido con alguén.
Teño celos do amor.

Mentres me afundo na area,
véxote escapar entre as miñas mans.
Mentres morro aquí outro día máis,
porque todo o que fago tras este sorriso, é chorar.
 
Porque desexeiche o mellor
que este mundo puidese darche,
e díxenche cando me deixaches,
que non había nada que perdoar.
Pero sempre pensei que volverías,
para dicirme que todo o que atopaches
foi desamor e tristeza.
É difícil para min dicir
que teño celos da forma en que es feliz sen min.
                                                                 
                                                                 Labrinth.

   https://youtu.be/50VWOBi0VFs?si=53jho_PxGC-xwO-X


xoves, 1 de agosto de 2024

Xoves emotivo. Guerreiros.


                                                                                                                                     07/2024

   Unha das preguntas máis habituais que nos facemos é, ¿por que canto mellor persoa crees ser, peor te trata a vida?

   Hai unha frase moi bonita que di o seguinte:
   — A vida dálle as súas peores batallas aos seus mellores guerreiros.
 
   Moitas veces pensamos que por ser boa persoa ou por obrar ben, por querer o ben da xente, a vida non ten dereito a golpearnos; e iso non é así. Debemos estar preparados, xa que a vida golpearanos sen piedade, e con forza en moitos momentos. Pero por ser boa persoa ou por facer o ben á xente, que é o que todos deberiamos facer, iso non lle quita á vida o dereito e o deber de golpearnos nalgún momento. Porque nos golpes, desgraciadamente, sempre hai unha aprendizaxe moito máis profunda. Ás veces nos golpes e nesa dor hai máis aprendizaxe que na felicidade.
 
   Ás veces enfadámonos coa vida cando nos golpea e iso provoca que entremos nun pozo profundo e moi desesperanzador; crendo erroneamente que por considerarnos boas persoas non merecemos eses golpes. Unha das aprendizaxes máis bonitas que che regala a vida é que ese pozo si ten fondo, e descubriralo cando consigas saír del. O que pasa é que nese horrible tránsito, bucle ou turbación; a vida dáche só o que necesitas nese momento. E iso que ti necesitas é escoitarte a ti mesmo, porque nas paredes dese pozo, dentro dese atronador silencio, podes escoitar o eco dos teus propios pensamentos. E unha cousa é certa, se estás nese pozo é porque o necesitas. A vida nunca che vai dar máis do que poidas soportar e tampouco che dará algo que non necesites nese momento.

   E a vida vai golpearnos, moito e duro, a todos. E por ser boa persoa non te vai deixar sen os golpes que poderás aguantar.

   Un día o avó e o seu neto estaban na súa casa, este preguntoulle ao avó:
   — ¿Por que sempre se fai máis dano ás mellores persoas?
   E o avó respondeulle:
   — Cando entras nun xardín, que flor arrincas primeiro?.

martes, 23 de xullo de 2024

Martes emotivo. Aínda que ti non o saibas.

 
 

 
Poema
 
 Como a luz dun soño,
que non raia no mundo pero existe,
así vivín eu
iluminando
esa parte de ti que non coñeces,
a vida que levaches xunto aos meus pensamentos.

E aínda que ti non o saibas, eu vinte
cruzar a porta sen dicir que non,
pedirme un cinceiro, esculcar os libros,
responder o desexo dos meus beizos
cos teus beizos de whisky,
seguir os meus pasos ata o dormitorio.

Tamén falamos
na cama, sen présa, moitas tardes
esta cama de amor que non coñeces,
a mesma que queda
fría canto marchas.

Aínda que ti non o saibas, inventeite comigo,
fixemos mil proxectos, paseamos
por todas as cidades que che gustan,
lembramos cancións, eliximos renuncias,
aprendendo os dous a convivir
entre a realidade e o pensamento.
 
Espiada á sombra do teu horario
ou na noite dun bar pola miña sorpresa.
Así vivín eu,
como a luz do soño
que non lembras cando espertas.

                                     Luís García Montero.
 
 
Canción.

Aínda que ti non o saibas
inventei o teu nome,
drogueime con promesas
e durmín nos coches.
Aínda que ti non o entendas
nunca escribo o remite no sobre
por non deixar as miñas pegadas.

Aínda que ti non o saibas
deiteime ás túas costas
e a miña cama quéixase
fría cando marchas.
Blindei a miña porta
e ao chegar a mañá
non me dei nin conta
de que xa nunca estabas.

Aínda que ti non o saibas
diciámonos tanto,
coas mans tan cheas,
cada día máis fracos.
Inventamos mareas,
tripulabamos barcos
e acendía con bicos
o mar dos teus beizos.
                              
                                            Quique González.
 

   https://youtu.be/o6OULHNV3js?si=swV4B4afZ5bUDlTV