luns, 6 de marzo de 2023

Luns emotivo. Non ignores á tristeza.


 
Ábrelle espazo para que respire.
A tristeza é un oco no amor.
Unha fuga transitoria de enerxía.
Un camiño cara a un mesmo.
A revisión profunda dalgún espazo roto.

Non ignores a tristeza.
Pois toda emoción é necesaria e conveniente.
A tristeza axúdache a deterte temporalmente.
A afastarte de todo o mundano.
Déixate na porta dun novo comezo.
Recoñécea.
Non a confines nun espazo morto.
Non a peches baixo chave.
Non permitas que se enterre.
Non a disfraces con mentiras fermosas.
 
Non ignores a tristeza. 
Escoita a súa mudez, sinte a súa calma.
Ela non pretende avergoñarte.
Non todos os días son asollados.
Todo ten un lado débil.


Non ignores a tristeza.
Permítelle que fale no seu dialecto.
Que te conduza ata o final da baixada.
E cando volva a outra fase da Lúa
o raio de luz traspasará o prisma
e volverá acenderse de cores a túa alegría.

Non ignores a tristeza.
Todas as túas emocións son importantes e necesarias.
Non sempre estarás no lado forte.
Expresa o que sentes.
Axiña volverás estar alegre.
 
Autor: Renny Yagosesky 

Ningún comentario:

Publicar un comentario