sábado, 23 de outubro de 2021

"Canti", un home de Taboada.

 
Temos días na nosa vida que aportan sorpresas dolorosamente bonitas e ainda doendo, teñen un fondo de positividade.
 
Deuse o caso que me chegou unha suxerencia dunha amiga convidándome a botarlle unha ollada a un blog, e animándome a facer unha reflexión por escrito, do que do meu pensamento saíra. 
 
Trátase de "Canti", un home de Taboada que traballou para que os que estaban preto del, tiveran unha vida chea de cousas positivas, era un home altruista. Eu non coñecín a Xosé Anxo, así se chamaba, pero como fixo él, eu tamén xoguei ao fútbol aló polos anos ... xa choveu. 
 
Ben, Xosé Anxo deixounos cedo, e como memória tamén nos deixou un traballo que merece a pena velo, e que agora continua esa labor xente próxima a el (https://entrenodiariocanti.blogspot.com). Eu, con todo o respecto e humildade, quero contribuir contando unha pequena anecdota que vivín cando xogaba na Sociedad Deportiva Abadín; para así aportar unha pequena historia a outras.
 
Era a primeira tempada na que estabamos federados no grupo norte da segunda categoria rexional da provincia de Lugo. Como campo de xoga tíñamos un prado que nos deixara o Albino do Nacho, veciño de Fanoi. O campo, por así chamalo, de chairo no tiña nada, era costento para unha portería e para un lateral, precisamente para o lado que estaban as duchas e a taberna. 

Aquel domingo recordo que nos visitaba o Muimenta C. F. partido de máxima rivalidade por ser concellos limítrofes. De porteiro no Abadín xogaba Cornide, era áxil, xogaba con rodilleras, como antaño. Todo estaba saíndo sen maiores contratempos, se cadra chegamos con máis ánimos dada a rivalidade. Entramos nos vestiarios para cambiarnos e cando xa estábamos listos para sair, Cornide tiña postas as botas ... camperas!! Esquecera as de xogar na casa. E non fomos quen de convencelo que así non podía sair ao campo. El xogaba contra o Muimento da maneira que fora. Lóxicamente, o árbitro non llo permiteu e xogou Cándido, o outro porteiro.

Lamentablemente, Cornide tamén nos deixou sendo novo.

Cornide, o primeiro pola esquerda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario