Afíxenme a vivir coas preguntas ....
 Con gratitude, afíxenme tamén a vivir
 con todo aquilo que me axuda.
E con resignación tamén me afixen
a sentir a dor como compañeira,
penso que incluso fixemos boas migas.
Afíxenme a querer en metade da incerteza ....
   Afíxenme incluso,
que a incerteza sexa a dor no camiño ....
   Afíxenme a que a meta non exista
 xa que non tivemos unha saída en común ....
   Afíxenme a túa compañía no treito de hoxe,
 ausente ás veces, demasiadas; 
camiñando sen lazarillo ...
   Afágome á paciencia que dá razón á espera ...
   Incluso o regreso dá sentido á túa partida ...
   Mesmo me afixen a quedarme durmido,
sabendo que o que soño durmido
ten a realidade do desexado ...
E ti,
 conseguiches afacerte a pensar que o vento que enreda o teu pelo
 é a miña man acariñándoo ...?
E afíxenme a vivir coas preguntas. 

Ningún comentario:
Publicar un comentario