luns, 6 de marzo de 2023

Luns emotivo. O rousinol.

 

Rousinol que vas a Francia, rousinol,
fálalle á miña nai, rousinol,
dun fermoso bosque, rousinol dun voo.
 
Fálalle á miña nai, rousinol,
e ao meu pai, non moito, rousinol,
dun fermoso bosque, rousinol dun voo.
 
Por que me casaches mal, rousinol,
déchesme a un pastor, rousinol,
dun fermoso bosque, rousinol dun voo.
 
Que me fai gardar o gando, rousinol,
e perdín a ilusión, rousinol,
dun fermoso bosque, rousinol dun voo.
 
Eu dareiche por paga, rousinol,
un chucho e un abrazo, rousinol,
dun fermoso bosque, rousinol dun voo.

Rousinol, que vas a Francia, rousinol,
fálalle á miña nai, rousinol,
dun fermoso bosque, rousinol dun voo.
 
https://youtu.be/ttJ2FfTmrMM
 
P.D_ Canción medieval popular, da zona setentrional de Catalunya.




Ningún comentario:

Publicar un comentario