Sabía que esa noite tampouco ía durmir ben, levaba xa algún tempo con
unha sensación que lle resultaba moi familiar, esa que o acompañaba
cando os sentimentos lle confirmaban que estaba perdido e sen sitio nos
desexados compartimentos do amor. Tamén é verdade que non lle resultaba
estraño nin difícil, aínda que buscaba a compaña, manexarse na soidade e
nas carencias; por experiencias tamén sabía que vivir nese terreo tiña
un alto porcentaxe de desgaste.
Agardou que o cerril reloxo de campaíña fora dando as horas, ninguén lle fixera vivir tanta soidade coma sentía en cada badalada que aquel reloxo daba.
E o reloxo lentamente seguía a martirizalo en cada golpe ....
Esa sensación que lle transmitía o continuo e lento paso do tempo, fíxolle recordar que sendo moi neno o seu avó ensinoulle a medir o seu tempo entre as sombras que o sol do día debuxa e o tictac lento e continuo que o reloxo da noite ... e aínda así, sentiu que a espera era un inimigo moito máis poderoso que o tempo ....
Desexou que mentres se espera, polo menos aquela noite non correra o tempo, meu pobre!
Estaba canso de calquera ... de toda espera.
De esperar o tempo para sentir un afecto recíproco e incondicional. Da espera que aquela muller lle impuxera para chegar ao seguinte día.
E o reloxo seguiu sen facerlle caso.
Moitas outras noites, mentres escoitaba ao reloxo dalas horas, tamén esperaba escoitar o ladrido dos cas, o reflexo da luz pola rendixa da porta ou o suave taconeo duns zapatos que se esquecera sacar, e que soaban a esa melodía aínda non composta.
A vida agraciouno tamén coa paciencia da espera, ... e aquela noite pensou que se podía imitar ao imaxinado e desexado momento en que ela se metería na cama onde el finxía durmir e era doado soñar.
E sabía ben certo que aquela noite tampouco a ía sentir encoira, acercándose a el, coma cando un sente a friaxe na tardanza do desexado ....
... aquela noite máis que durmir, desexaba imaxinar, soñar.

Ningún comentario:
Publicar un comentario