Foto da Casa Goás.
Popularmente coñecido entre os veciños como "A Casa do Goás", é un acolledor local adicado a repostería desde o ano 1944. Coñecida na zona, viaxantes e traballadores pola tradicional boa acollida e a degustación de apetitosos platos.
Xa no ano 1944 funcionaba como Taberna, situada estratexicamente preto da carretera N. 634; iniciativa creada pola Sra María Romero e o seu marido Jaime Goás. Compaxinaban os traballos típicos da labranza co da taberna.
Antes do asentamento no barrio de Provecende, a Sra María e o seu irmán Cesar viviron en Gontán, coñecidos como a María e o César da Guardicionera; ainda que orixinariamente era xentes do concello de Melón. O nome de Guardicionera pode que viñera de algún soldado destinado na zona co fin da defensa da zona ou tamén puido derivar do traballo da pel, destinado a cabalería, albardas e similares.
Cando os irmáns se transladaron a vivir a Provecende, Cesar Romero, casado coa Concepción Oseira (a Concha), montou unha ferretería e tamén se adicaba o arranxo de bicicletas. É de xustiza dicir que sempre foi unha familia unida por unha fonda irmandade.
Pegada a Ferretería, a "Casa Goas" non deixou de medrar na especialidade da hostelería, baixo a direción do matrimonio formado por Jaime Goás e María Romero, primeiramente, e despois baixo a dirección de César , fillo do matrimonio, casado con Mari Luz. E nos tempos de hoxe segue a tradición nas mans de César e Alberto, fillos de Cesar e Mary Luz.
A súa especialidade foi sempre a cociña caseira, incorporando nos derradeiros tempos novos manxares, empuxados en parte polos clientes que se hospedan no hostal e no albergue, adquisicións evolutivas para os novos tempos que vivimos, importante o empuxe do "Camiño Norte" destinado ao peregrinaxe a Compostela.
No meu afán, placenteiro, de buscar fotos antigas publico as que xentilmente me deixaron.
Foto que se pode ver actualmente no comedordo da "Casa Goás", sacada o día 1 de marzo do 1969, a dereita Jaime Romero, César Goás e a dereita María Romero.
César Romero Oseira a esquerda, seu pai Cesar no medio e Cesar Goás Romero a dereita.
Foto
no primitivo bar do Goás. Comezando pola esquerda: Concha Oseira e
diante dela José Fanego (carteiro), Cesar Romero, César Romero Oseira, a sra que está
detrás e descoñecida, detrás desta Agustín Quintanilla (Zamorano)
descoñecido. César Goás Romero con un papel diante del, Nicanor detrás
do César, Veneranda dos Titos, Pepe do Leal, María Romero e Jaime
Romero.
César Romero Oseira.
César GoásRomero.
César Goás Romero é o do medio e o da dereita é o Carlos do Tenreiro.
María Romero co seu fillo César.
Comezando pola esquerda: descoñecido abrazado por Victoríano (fillo), Victoriano (pai, guardia civil), Pombo (guardia civil), Manolo do Gringo, Adolfo do Gringo (guardia civil), Oliva (muller do Victoriano) Aurora, Pilar do Niza e María (nai do Florencio, zapateiro).
Comezando pola esquerda: Victoriano (guardia civil), María Romero, Jaime Romero de primeira comunión, detrás del Oliva (muller de Victoriano), Concha Oseira e César Romero.
Cesar Romero, Cesar Goás e Toñín (fillo de D. Antonio, secretario do concello).
Comezando pola esquerda: Jesús Iglesias (panadeiro), Paco do Sabelo, César do Goás, Gonzálo do Genaro e o taberneiro é de Castromaior.
Comezando pola esquerda: César Romero, César Goás, María Romero, Veneranda dos Titos, César Romero (fillo), Jaime Romero, Pilar do Melo e Concha Oseira.
Aquí comezamos pola dereita: César Romero e Concha Oseira cos seus fillos César e Jaime; Jaime Goás, descoñecida, María Romero (de negro) co seu fillo Cesar, e os tres da esquerda son descoñecidos.
Jaime Goas, comezando pola esquerda, César Goás no colo de súa nai María Romero. Detrás César Romero e Concha Oseira cos seus fillos César e Jaime. O cura da dereita de todo é D. Avelino. Os outros son descoñecidos.
Nesta foto, recoñecemos a Ofelia Lagares con unha bandexa na man, D. Restituto (cura de Corvite) detrás con gafas oscuras, Mª Luz abrazada por un home, e a dereita Adolfo Lagares.
Comezando pola esquerda: descoñecida, César Goás, Veneranda dos Titos, Concha, Victoriano, e Mª Josefa Rouco Rouco de Labrada.
Comezando pola esquerda: Descoñecida, Cabo da guardia Civil, César Romero, David Hermida (do Morto) Jaime Goás e descoñecido.
Jaime Goás á esquerda, Gabino Goás e descoñecido.
Comezando pola esquerda: María Romero, César Goás; os tres seguintes son descoñecidos, Veneranda dos Titos, Jaime Goás, Concha Oseita, os dous seguintes son descoñecidos, Orencio Bello, Jaime e César (nenos) con seu pai César Romero.
Comezando pola esquerda: María Romero, César Goás, César Romero (pai e fillo); Agustín Quintanilla (de Zamora), Jaime Romero, Arsenia, Concha Oseira e Jaime Goás.
Comezando pola esquerda: María Romero, César Goás, César Romero (pai e fillo); Agustín Quintanilla (de Zamora), Jaime Romero, Arsenia, Concha Oseira e Jaime Goás.
Comezando pola esquerda: Maximiliano suxeitando de Francisco Goás, César Goás, César Romero, Jaime Romero e María Romero.
Comezando pola esquerda: César Goás a esquerda e Manolo do Federico á dereita. Os nenos do medio son descoñecidos.
Comezando
pola esquerda: José da Granada de Cándia, César da Picheira de
Cabaneiro, Amador do Xeada de Fanoi, Jaime Goás, José Seijo (Melo) de
Cabaneiro e Fernando do Maragato.
7/10/1967. Comezando pola esquerda: Victoriano e César Romero, a Concha e María con Jaime Romero e César Goás.
8/11/1967. Comezando pola esquerda: Cesar Romero (pai), D. Antonio (veterinario do Concello), Jaime Goas, Nicanor Seoane e o Jesús da Veiga.
3/7/1968. Na foto podemos recoñecer ao Emilio do Guerra, o Pedro (alcalde)ten no colo a Teresa do Maragato, Cándido do Seixo, Eduardo da caixa de aforros, o Claudio do Gringo ten no colo o José Manuel do Maragato, Fernando do Maragato (pai) co seu fillo Fernando.
De esquerda á dereita e comezando por enriba: Carmen (coñecida como a Argentina, dona da pensión), Concha do Goás e Amadora do Leonardo (das Goás). Os rapaces e do mesmo xeito: César Romero, César Goás e Gemindo Coira.
9/9/1970. Comezando pola esquerda: descoñecida, Concha, María, Victoriano, descoñecida, descoñecida. Sentadas e comezando pola esquerda: descoñecida, Beneranda dos Titos e descoñecida. De pé Cesar Romero e a súa dereita Medines do Policarpo; en crequenas Cesar Goás.
Foto do 24/07/1972. Comezando pola esquerda: César Goás, José Ángel (fillo do veterinario D. Antonio), Cesar Romero, sentado Victoriano e a dereita Toñito do Morto.
8/3/1975. Foto sacada diante da casa do David do Morto, onde estaba o locutorio de telefónica.
31/07/1976. Comezando pola esquerda: Juán da Galera, Emilio Neira Trobo, Cesar do Goas e en crequenas o Toñito do Morto.
31/07/1976. Comezando pola esquerda: Juán da Galera, Emilio Neira Trobo, Cesar do Goas e en crequenas o Toñito do Morto.
8/5/1977. Comezando pola esquerda: Olga Oseira, Mª. Josefa Rouco de Labrada, César Goás, Beneranda dos Titos, descoñecida e a Concha.
Ningún comentario:
Publicar un comentario