Esta historia realmente comenza tomando unhas cervexas unha mañán no bar do Regueira de Gontán, era un día dos que se acostuma a vivir en cada verán; vento do norte, néboa e pouca gañas de poñer a roupa propia da época.
Lembro que entre os asistentes estaban, entre outros, o Dario do Requeixo, o Toñito da Domitila e a súa dona Paquita e tamén o Ramón da estación. Comezamos a falar das típicas cousas que se tratan na mesa dun bar, e a conversa derivou nas fotos antigas que aparecen no blog de http://labradeses.blogspot.com/. Dese momento saíu un moi grande interese por facilitarme fotos que cada un tivera na súa casa escondidas en algún caixón das antigas mesas que estaban nos cuartos onde se xantaba os días de festa e que tamén adoitaba estar a cama de folga.
Ante a miña sorpresa polo coñecemento, e tamén recoñecemento, do traballo exposto no blog; abriuse a posibilidade de infinitas novas historias e recordos. E tamén a responsabilidade de facelo axeitadamente.
Cada un deles foron deixándome as fotos que foron atopando. O Darío unha do barrio do Campo dos Novos, o Toñito un bo feixe de fotos da súa parroquia de Fanoi e tamén de fotos de variados equipos de fútbol. Cada foto achegada por eles dous están expostas en varios capítulos do blog citado anteriormente.
Cando o Ramón me insistiu en que era mellor que pasara pola súa casa de Quende, entendino. Deixoume preto dunhas cen fotos; de xentes de varias parroquias de Abadín, (Quende, Moncelos, Corvite, ...) e tamén do concello de Cospeito.
Ante tanta foto e tan antigas, eu véxome na imposibilidade de poñer nomes as xentes e os lugares que aparecen reflectidos nas fotos que imos publicar neste capítulo; polo tanto, se alguén se recoñece ou coñece a alguén nas fotos, ou sabe de que sitio son, por favor que o faga público e mo faga chegar.
Aquí quero facer unha mención para non incorrer en agravios comparativos. Outra moita xente de Labrada, Montouto, Romariz, Fanoi, Abadín, ... e xentes de ascendencia Abadinense tamén me deixaron fotos, cousa que xa agradezo noutro capítulo que ten por título "A táboa".
En nome da xente que visita estas páxinas, un merecido agradecemento colectivo a cada un deles, e persoalmente neste capítulo á familia Lagares de Quende.
Fotos
24/04/1966
07/08/1969
14/05/1970
11/10/1970
18/06/1972.
27/08/1974
Adolfo Lagares Otero.
Celso Otero.
Comezando pola esquerda: Pepe do Lourenzo, Martín do Corbelle, descoñecido, Luis da Merencia, Orencio Bello, Pepe da Maestra, Adolfo Lagares e descoñecido.
Maravillosas fotos. Grazas
ResponderEliminarGrazas, pero quen eres?
ResponderEliminar