Foto de comezos da década dos 50. Comezando pola esquerda, o neno é o Gonzalo do Genaro, Ofelia dos Baroncelles, Carmen de Balseiro, Domingo de Carreiras e Olimpia das Pícaras.
Comezando pola esquerda e por enriba: Benjamín do Outeiro, Angel do Balbino, Monseur do Campo dos Novos e o Adelino da Casa Vella. Na ringleira do medio: Servando e Policarpo do Fondo da Vila, José Antoño de Balseiro e Rafael de Verdes. As rapazas son: Egidia de Verdes, Mª Ángeles Otero Mejuto (mestra) e a Elsa de Enrique.
A esquerda o Suso de Lestide, Dario de Chaveas, Toño do Solmo e Luciano de Rego.
Ano 1962. A América do Pazo co seu sobriño Paco de Carozo.
A sra da esquerda é Nieves López, o sr é José López, a nena é neta segunda deles.
A Divina de Carozo cos dous fillos varóns, a dereita dela o Alfonso e a súa esquerda o Paco.
Foto con xente da Cabeira, o redor do 1965, polo que se pode ollar na foto, mangos de gadañas, foi sacado no verán. Comezando pola esquerda: Cándido Gómez, Consuelo Díaz Vivero, a de costas é desconocida, Emilio Camba, María Portela, Mª Carmen Vidal, José Mª Vidal García e Alfredo Vidal Portela.
Hipólito Román Camba. 1976
Comezando pola esquerda: Lino da Valiña, Chelo e Angeles de Carballido, Alfonso de Carozo, Suso do Vizoso e en crequenas o Paco de Carozo, posando diante do furgón da orquestra Ceniza.
Foto sacada no Chao do Outeiro, na aira dos Romás, día do bautizo dos mellizos Emiliano e Miguel Cortiñas Rouco, ano 1974. Comezando pola esquerda e na parte superior: Valentín Rouco Pita da Lamacide, Antoña Rouco, nai dos nenos; Josefa Cortiñas da Lamacide, Jesús Cortiñas, pai dos nenos; Policarpo Cortiñas, Alicia González e Ezmundo Cortiñas do Fondo da Vila; Emérita Carballido, Cándido Rouco co afillado Emiliano no colo, María Oliva Román, Cándido Román, Oliva Vázquez e Jesús Román. Na parte inferior e comezando do mesmo xeito: Mª Cruz Cuba co José Luis Rouco diante; Mª del Mar Prieto diante de Jesús; Margarita González co afillado Miguel no colo. Albino Cortiñas co seu fillo Oscar diante; Angeles Román agarrando de Pilar Cuba, Esther Cortiñas termando de Mª Esther Cortiñas (chorando) e Luis Rivas.
Foto do ano 1979. Na parte superior da foto e comezando pola esquerda: Alicia González Cortiñas, Lourdes Pazos, Santiago e Jesús Cortiñas González e Cándido Rouco Díaz. Os nenos, na parte inferior son: Miguel Cortiñas (de costas); Oscar Cortiñas, Mª Esther Cortiñas (Maite), Emiliano e Alexandra Cortiñas.
Foto do ano 1991, sacado entre marzo e abril, posiblemente na semana santa, derradeira semana de marzo. Na parte superior, Alicia Rios, Miguel, José Antonio e Nicolás Cortiñas. Sentados: o matrimonio formado por Mª Oliva Román e Cándido Rouco, Manolo Regal, Emiliano Cortiñas e Antonia Rouco e Jesús Cortiñas, matrimonio.
O Manuel da Angelita pintando na Cheminea.
Agosto do ano 1987, foto sacada no Barral, diante da Chousa que se ve a medio segar, coa fouciña na man a Esther seguida da Oliva do Chao do Outeiro, a moza é Alicia Rios (Bos Aires) e a dereita o Luis do Veiguello.
Foto do Gonzalo de Casa do Juanito, do barrio dos Currás. Decembro do 1988.
Foto de maio do 1990. Comezando pola esquerda: Manuel Rivas, Senén Vivero, Oscar Cortiñas, Antonio Geada, José Luis Rouco e Carlos Rouco.
Foto do ano 1989. José Luis Rouco, José Manuel Vivero e Senén Vivero.
En crequenas Manuel Rivas, e detrás da esquerda a dereita: Oscar Cortiñas, José Luis Rouco, Senén Vivero e Manuel Novás; este de Romariz.
José Manuel do Viveiro, ano 1992, foto feita en Foz.
Foto do verán do 1992, en Foz e comezando pola esquerda: Senen Vivero, José Luis Rouco, Oscar Cortiñas, José Manuel Vivero e Manuel Rivas.
Foto do ano 1993, sacada na porta do campanario da igrexa de Labrada. De arriba cara abaixo e da esquerda cara a dereita: Javier do Chendo, Rubén dos Currás, Iván do Cordal, Martín da Cabeira, Alberto do Cordal, Cristina e Suso de Tibián.
Inverno do ano 1994, no Barral e coa equipación especifica de esquiar, comezando pola esquerda: Ruben Cortiñas, Javier Castiñeira e José Antoño Cortiñas. As casas do fondo son as da Emilia é a do José de Rouco.
Inverno do ano 1996, foto sacada no Barra. O Germán da Angelita na parte superior da foto; na fila seguinte e comezando pola esquerda: Gonzalo Cuba, Senén Vivero, Agripina Vivero, o matrimonio formado por Manuel Vivero e Mª Felicia Diaz (Articiana); Luis e Esther, matrimonio. As tres rapazas en crequenas son: Mª José Rouco, Emma Irimia e Mercedes Rouco. Os rapaces de diante e comezando pola esquerda son: Rubén Cortiñas, Javier Castiñeira e José Antonio Cortiñas.
Ano 1997 na cociña do Veiguello, no Barral. Comezando pola esquerda: Esther Cortiñas, Mª José Rouco, Rubén Cortiñas, Senén Vivero, José Luis Rouco, Manuel Rivas, Jesús Vivero, Luis Rivas e Oscar Cortiñas.
Ano 1997, fotos sacadas desde o Sisto, o fondo o Chao do Outeiro e o Cordal. Na foto de arriba: Emiliano Cortiñas é o da esquerda, Germán Vivero o do medio e o da dereita é Oscar Cortiñas. Na de baixo, Jesús Cortiñas.
Na Casa de Rouco, comezando pola esquerda, a Fidencia do Fondo da Vila e a Emilia de Rouco. Ano 2004.
Foto sacada no Barral, Daniel de Rouco. Ano 2005.
Ano 2005, diante da Casa da Nieves, o Barral. Comezando pola esquerda: Jesús do Anxel, Esther do Fondo da Vila, Oliva de Xan e Luis do Veiguello.
Matanza en Carozo, na casa do Domingo. Comezando pola esquerda: Francisco Fernández (Paco), ..., José Manuel Vivero, Divina López, detrás do seu neto Alfonso Fernández, Domingo Fernández, Alfonso e Erminda Fernández.
Comida celebrada no lugar da Ponde do Bouso, Área Recreativa da Arnela, en Castromaior; mesa con veciños de Labrada. En primeiro termo de costas mirando para a cámara Albina Castiñeira, a súa esquerda Mª Oliva Vázquez, Josefa Puente, Dodolino Carracedo, Eulogio Castiñeira, Estrella Gómez, Jesús Rouco, Jesús Vivero, Jesús Cortiñas, Antonia Rouco, Angel Carlos Rouco, José Rouco, Germán Vivero e Divina López rematando pola dereita.
Setembro do 2017, foto sacada no caseto do Cristo de Campo de Prado. Luis do Veiguello a esquerda e Eulogio Castiñeira a dereita. Máis de 180 anos de sabeduría.
Día 23 de xuño do ano 2018 no barrio do Chao do Outeiro; por mor do Lume Novo veciños do barrio e achegados teñén por costume xuntarse para celebrar o solsticio do verán. Comezando pola esquerda: Pepe do Viveiro, José Irimia, Jesús Cortiñas e Antonia Rouco e José do Viveiro. Do lado dereito: Marisa González, un cacho da cara da Cándida, Mª Josefa do Viveiro mirando para atrás, Amelia do Viveiro e Rodolfo.
O José do Viveiro, verán do ano 2018.
13 de outubro do 2018. Amable Terrón disfrutando dos curmáns, Laura Cortiñas González e de Martín Cortiñas Sánchez.
Enma Irimia Román e Miguel Cortiñas Rouco. 13 de outubro do 2018.
Pura Barro Ramil, foto de febreiro do 2019.
Ningún comentario:
Publicar un comentario