mércores, 6 de xaneiro de 2016

Festas, foliadas e entretemento.


   Podemos referirnos a foliada, non só o baile da tardiña que acontecía en calquera choza ou patio, senon tamén a calquera outra mostra de alborozo que acontece cando se xunta xente falangueira. Ímos ver uns retratos onde, de algún xeito, a xente fai foliada. Tanto en foliadas en sí, como en outro tipo de festexos.

Da esquerda a dereita sen importar en que lugar están : Jesús do Veiguello, Valentín de Pita, Manuel da Angelita, o neno é o Leucio; a Pura, o Antoño da Capeleira, a Irene do Marelo, o Articiano, Domingo de Carreiras, Genara do Veiguello, descoñecido, Elvira de Pita, descoñecido; Magín do Palillo, de gravata e bigote; Virgilio e detrás del o Movilio; Graciano do Barreira e descoñecido.
Anecdótico o letreiro que ten a orquestra ... "NO SE CEDE LA PAREJA".





    Rifas de distintos anos para sufragar os gastos das festas.

   Merenda xunto ao mar.
   Foto do 26 de agosto de 1962. Os aquí presentes e escomenzando pola esquerda: Xesús de xan de Ambrós, Angelina do Román; Aniceto de Baroncelle, parella de Angelina; Restituta de Balseiro, de pé, o Albino do Fondo da Vila; con unha bota de viño nas mans, o Policarpo do Fondo da Vila. Diante, botando o café, o José Antoño de Balseiro. A esquerda do Policarpo está a Carmen de Balseiro abrazada polo seu noivo, o Cesar da Picheira. De pé, a Luz do Habanero abrazada polo seu noivo o Arturo do Legazpi; Fulgencio do Vizoso e a súa esquerda o Demetrio das Vigas. Diante o Jesús do Villagal e a súa dona Olimpia. 

    Foto de finais dos anos 80. Excursión a A Coruña de veciños de Labrada e outras parroquias veciñas
.

   Comenzando pola esquerda: Emerita de Chaveas, Aurora do Chiquito, Ricardo do Perrote, Palmira do Pazo, Granada do Perrote, Josefa do Garelo, Mª Te do Perrote e Henar.

    Rosa, monxa en Abadín, xunto a Evangelina.

   Excursión de veciños de Labrada. Outono do 2016. Comenzando pola esquerda: Xaila e Nerea Cortiñas; Marisa Otero coa súa filla Antia. A dereita da foto, en primeiro plano Alba Terrón e detrás dela, súa nai Emma Irimia.
    Comenzando pola esquerda: Emiliano Cortiñas, José Luis Rouco, José Manuel Vivero, descoñecida, Remedios da Valiña, dous señores descoñecidos e a dereita Rubén Cortiñas.
   Cándida Román, Margarita Rouco, José Rouco, Jesús Cortiñas, Gonzalo Cuba, Antonia Rouco, Amelia Rouco, Angel Carlos Rouco e Efigenia do Vizoso.
         O matrimonio formado por Elia e Manolo Regal xunto a Jesús Cortiñas.

O mesmo día que as fotos anteriores, outono do 2016. Veciños de Labrada, Montouto e Candia.

Ano 1967, primeira comunión de Cristina de Carreiras, Hilda do Villagal e Isabel do Habanero, as tres no centro da foto, e no medio delas a Mª Oliva do Belarmino. O home da esquerda é o Arturo do Legazpi e a súa esquerda a súa dona Luz do Habanero. O cura que está a dereita do pradairo é D. Avelino. O da dereita encima do balado é o Paco de Carozo. A da dereita que está de pé é a Eduviges do Outeiro, a súa dereita a Henar, Ana do Elias do Choqueira con cinta blanca no pelo, e Amelia de Carozo; diante da Amelia a Herminda, tamén de Carozo, a súa esquerda medio escondida a MªJosefa de Viveiro e vestida toda de blanco diante da Eduviges a Ángeles de Camba. Os dous nenos de diante da Ángeles somos a Albina do Chendo e máis eu. A nena de pé de diante de todo e a Fina, filla do Manolo do Legazpi; e as mulleres sentadas detrás e comezando pola esquerda: Urcesina do Jesús do Choqueira, Antoña do Pazo, Margarita do Ferreiro, Restituta de Balseiro e Matilde do Pazo.

Foto sacadas no adro de Labrada o pé do pradairo, o mesmo dia que a anterior; a da esquerda é a Lourdes de Carreiras e a sentada a esquerda é a Esther do Fondo da Vila.



Día 13 de  Xullo de 1969, as dúas fotos anteriores mostran a primeira comunión da Ana do Valeriano e da Mª Josefa de Santiago, aproveitando a ocasión, as catequistas, fixéran unha chocolatada para os nenos.

   Foto do 13 de Xulio de 1969. A Henar, Mª Oliva do Belarmino e Albina do Chendo.

Ano 1969. Comendo chocolate no prado da Fábrica de Casa Juanito. De  pé o Hipólito de Camba e o Pepe de García. As rapazas son: Restituta de Balseiro, Margarita dos Currás, Margarita de Carozo e Mª Carmen de García. Deitado o Policarpo do Fondo da Vila.

 Foto do 1969. Chocolatada no adro de Labrada. A rapaza é a Restituta do Acacio; os rapaces son: Toñito do Daniel do Coto, Idolino do Xeada e Lino da Valiña.

Ano 1969. Día da chocolatada. Restituta de Balseiro, Policarpo do Fondo da Vila e Pepe de Garcia.

 Foto sacada na romaria do Naseiro. Comenzando pola esquera: O Pedro de Camba, Restituta de Balseiro, Pepe de Garcia, Margarita do Ferreiro, Angel do Catadoiro, Leandro de Balseiro, Angeles de Camba e Isidoro de Casa das Pícaras.

 É de supoñer que a foto foi feita na época do antroido. Empezando pola esquerda: María de García tocando a pandeireta; Policarpo do Fondo da Vila coa gaita, o do fondo sorrindo énos descoñecido; a dereita de todo Jesús do Nebra, do Curraiño. A da máscara tamén é descoñecido.Ano 1970.

O día da primeira comunión da Mª Josefa do Barral. Súa nai Benedicta, o Serafín e a Josefa; detrás do pradairo o Alfonso da Carmela. Pódese ver a antiga entrada principal do adro.

 
Xuño de 1969, no adro. Primeira comunión da Mª Cruz de Casa Juanito. Na foto cos seus pais, Gonzalo e Celia.

 
 Xuño de 1970, día de San Pedro en Casa García, na Cabeira. A María con un cigarro na man: Aínda que non é día para eso, a Mª Carmen tirando pola moa e a Dina do José Mª afiando unha fouciña.

 Foto da primeira metade da década dos 70, pode que sacada en Gontán. agachado, o Jesús do Fondo da Vila. De pé e empezando pola esquerda, a Amelia e o José Luis de Carozo, a dereita a Antoña do Chao do Outeiro.


Na Casa do Goás, como cada fin de semana, xente de Labrada xuntábamonos para contar contos e rirnos. Emiliano, Mª Josefa de Rouco, José Manuel de Tezán, Emma, Miguel, José Luis e Servando. Agachado o Manolo da Poza.

           Comida e festa en Seidoiro da xuventude de Labrada. Década dos 90.


Fotos sacadas na igrexa de Labrada, antes do comezo dunha obra de arte protagonizadas por xente do Movemento Rural Cristiano. Na foto de arriba Eduardo da Xesta, José Luis de Rouco e Javier Prieto de Labrada. Na de baixo, José Manuel de Viveiro e Javier Prieto.
  
Foto sacada na Casa do Cura en Labrada. Anos 90. Comenzando pola esquerda, Oscar Cortiñas dos Currás, Manuel Novas do Curraiño e José Luis Rouco do Barral.

Foto sacada na festa do San Bartolameu en Estelo, agosto do 1993. Diante a Mª Luz do Porto Vello (Madrid); Manuel Rivas no medio e Maite do Fondo da Vila (A Coruña).

Noite vella do 1993, foto sacada en Vilalba. Na parte de atrás: Hipólito das Lucas, Carlos Ariel Fernández (arxentino), Cesar do Articiano e a rapaza que está mirando é a Maite do Policarpo (coruñesa). Na parte de diante: José Manuel do Viveiro, Manuel do Veiguello, Servando do Articiano e Toño das Lucas.

Diante da discoteca A. J. 76 de Vilalba, noite vella do ano 1993; da esquerda cara a dereita: Fortunato do Rogelio, Cesar do Articiano, Manuel do Veiguello, Verónica do Fructuoso e Toño das Lucas.

Merenda dos do Fondo da Vila, en Montouto en setembro do ano 1999. Comezando pola esquerda: Pilar Cabanillas, Lucas, Albino, Manuel, Ortensia, Jesús, Luis, Emiliano, Fructuoso, Ermitas, Marisa, Miguel, Oscar, Margarita, Verónica, Rubén, Dourino, Amandino, Olga, Mª del Mar, Fito, Antoña e Evangelina. as dúas mulleres son, deitada a Antoña e sentada a Esther.


Xuntanza e celebración da amizade no Porto Vello na casa do Xordo, ano 2006. Empezando pola esquerda: O matrimonio formado por Olga, de Masma, e Oscar; o formado por Mª Luz e Ismael, él de Madrid; o formado por Olga e Jesús, el do Cadramón; Maite e o formado por Verónica e Amandino, él de Aldixe.

   Asociación Veciñal S. Pedro de Labrada.

   No ano 2006, por iniciativa de uns veciños, oficializouse a creación da asociación de veciños de Labrada. Os primeiros membros da directiva foron: Jorge Carracedo Vázquez, Javier Prieto Díaz, José (Dourino) Prieto e Manuel Rivas Cortiñas. A finalidade da asociación, con un número aproximado de 30 socios tanto de Labrada como de fora; é traballar polo mellor funcionamento e crecemento asociativo de Labrada e axuntar folgos.
     Outra iniciativa foi tamén facer partícipe  a xente en foliadas e merendas. De ahí naceu a comida anual da asociación que se ven organizando nas últimas datas do mes de xullo ou comenzos de agosto, concorren socios, veciños que non son socios, xentes de outras parroquias que teñen a Labrada un fondo apego, e tamén emigrantes que visitan a sus terra. Mostra de iso son as fotos  que deseguido podemos ver.

    Ano 2016. A esquerda José Luis Rouco, Constantino Terrón, Emilia Rouco, José do Viveiro, ....

Ano 2016. A dereita a familia composta por Benilde, Suso e Esperanza da Capeleira. A esquerda sentados os cuñados Luis Rivas e Jesús Cortiñas. A rapaza sentada é Rocio Fernández.

Ano 2016. Comenzando pola esquerda: Cesina e Mªde Mar, Jesús e Esther do Fondo da Vila, as consogras Adolfina e Antoña do Dourino, o Anxel do Tuxo, a Nerea con súa avoa, e a familia formada por Marisa, Laura e Miguel. Outras xentes sentadas.

Ano 2017. Amina Carracedo e a súa filla Ana. En fronte o xenro e home Alvaro Casro, a súa dereita o Jorge, máis a dereita, María, filla de Ana e Alvaro, Henar Román, ....

    Ano 2017.

Ano 2017. Pola esquerda: Rodolfo, José de Rouco, Constantino Terrón. En fronte: Pepe, Serafín Cuba, José Vivero, Mª Josefa e Amelia Vivero .....

 Ano 2017. Catro homes de conversa e os catro cazadores. Pola dereita: José Manuel Prieto, Oscar Cortiñas, José Dourino Prieto. En fronte  o Fernando de Blanco; a esquerda de éste e case tapada, Olga Terrón. A dereita de Dourino, Javier Prieto ....


Ano 2017. De costas e de camiseta azul: Ismael. En fronte e peinado po lado dereito, de pelo branco: Suso da Coutada, a súa esquerda Manuel Rios na conversa con Hilda, Elias e Lourdes. A dereita Luis Rivas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario