mércores, 28 de febreiro de 2024

Mércores emotivo. Canción de amor nº dous.

 

 
Eu que tremaba de frío
mollado por todas as choivas
de todos os nenos pobres
e de todos os esmoleiros
e ti, volcán de mel.

Eu que estaba só ao fin
no medio de tanta xente
buscándote
e ti, como un bosque
cheo de paxaros.

Lévame oculto no teu pelo,
lévame no teu cabelo,
lévame xunto aos teus seos,
lévame.

Repóusame nos teus outeiros amorosos,
chámame á túa fonte
onde o pracer é húmido
e corre, gacela branca.

Ti que coñeces o meu corpo
por todos os camiños doces
que trazaches cos teus dedos
e coa túa boca.
 
Deixa pousar en ti os meus ollos 
cansos de loitar coa néboa,
feridos os meus pés
de tanto caer.
 
Comerei sorrisos da túa árbore.
 

                            Amancio Prada.
 
   https://youtu.be/KCiASLYvAts?si=hvL3PLx_lomWHrjh
 
   P.D_ Traducida por min.