mércores, 1 de novembro de 2023

Bernardo Fernández Requeixo. A nosa loita.

 

   Bernardo Xosé Fernández Requeixo, fillo do Jesús do Redondo e da Elvira do Requeixo e natural do barrio de Arriba na  parroquia de Romariz; naceu no mes de abril do ano 1954.  Cursou os primeiros estudos na escola rural de Romariz sendo mestra Isabel Perez Rivas, ata rematar a Educación Xeral Básica. Continuou cos estudos de bacherelato no Seminario Menor de Vilanova de Lourenzá, dous anos; logo continuou no Instituto San Rosendo en Mondoñedo e rematou no Basanta Silva de Vilalba.
   Foi nesta etapa cando comezou a xuntarse con xente que loitaban desde a idea de unha nova Galiza recoñecida social e culturalmente e que fixo que no seu sentimento comezara a xurdir a idea do nacionalismo e tamén o movemento sindical. Sempre partindo do coidado da lingua e da cultura galega en xeral.
   En aquela época, xa instalado na súa idea o sentimento nacionalista e sindical obreiro, traballou nas Pontes na planta de Endesa, 1976, 77 e 78, exercendo e loitando por unhas melloras laborais. Por mor da situación política estatal eran momentos complexos e difíciles; traballar na clandestinidade e coa sempre presenza das represións policiais.
   Logo dos inicios sindicais na rama industrial, vai estudar capataz agrícola á Escola de Capacitación Agrícola de Sergude, en Boqueixón.
   Ao remate dos estudos de capataz agrícola e seguindo na loita sindical e na militancia na UPG foi elexido en abril do ano 1979, no primeiro congreso  de Comisións Labragas, Secretario xeral.
   Dadas as loitas internas na UPG, foron expulsados varios militantes, entre eles Bernardo e por mor de tal feito, dimite do seu cargo en Comisións Labragas.
   Aínda que apartado do foco mediático, non deixa de seguir na loita e intégrase na INTG (Intersindical Nacional de Traballadores Galegos) e logo dunha escisión no 1985 pasa a formar parte do CXTG (Confederación Xeral de Traballadores Galegos). Destacar que sae elixido secretario comarcal na comarca de Santiago nas dúas formacións sindicais.
   A nivel municipal, presentouse como cabeza de lista polo BN-PG (Bloque Nacional Popular Galego) nas eleccións municipais do tres de abril do ano 1979 e saíndo concelleiro con 176 votos.

   Do 20 ao 26 de Outono do 1978. A Nosa Terra.
 
   "AS NEGOCIACIÓNS DOS PRECIOS AGRARIOS.

   Falar das negociacións dos precios agrarios é poñer un novo exemplo da política colonial do Goberno Español sobor dos labregos galegos.

   NEGOCIACIÓNS QUE NON SON.
 
   Compriría esplicar antes de nada que as devanditas negociacións non son tales, senón un sinxelo e requisíto formal que o Goberno cumple en maior ou menor medida según os seus intereses do momento. As negociacións comenzan no FORPA que non é un organismo excutivo neste tema, senon consultivo. No FORPA reúnense representantes dos sindicatos estatais, Ministerios áfectados polo tema (Agricultura, comerico, Economía, etc.), representantes do sector empresarial e técnicos de Organismos, supostamente neutrais. Siguen as conversas máis tarde no Ministerio de Agricultura, coa presenza do Ministro. As conclusións a que cheguen son pasadas ao Goberno que decide en consello de Ministros 0s precios que deberán rexir pra os productos do campo sometidos a regulación.
   Ao non estar institucionalizadas, o Goberno non se compromete a nada. As negociacións son na realidade sinxelas constas que o Goberno fai se o considera. comenente. Deste xeito, o Goberno, unilateralmente, pode suprimir as negociacións cando lle pete 0u ben vetar a presericía daqueles Sindicatos que lle poden presentar dificultades, de tal maneira que o único que llo pode impedir é o seu interés en manter a careta democrática.
  
Así estas negociacións convírtense nunha maniobra política do Goberno cun obxetivo mui craro con respeto dos labregos galegos: conseguir marxinalos pra, deste xeita, favorecer a sua esplotación.

  
A MARXINAClON DOS LABREGOS GALEGOS.
 
  
A marxinación dos labregos galegós faise, nestas negociacións mediante dous mecanismos; a presencia unicamente dos Sindicatos a nivel estatal e a negociación conxunta de todos os productos.
   Nas negociacións dos precios agrarios soio poden estar os Sindicatos organizadqs a nivel estatal. Actualmente as organizacións presentes son UFADE,
CNJA, CNAG, FTT (UGT) e COAG . De todas elas, tres son craramente caciquiles e amarelas: a UFADE (brazó da UCD no campo que agrypa a organizacións coma  ARA, USAC, etc.), a CNAG (ligada a CEOE) e o CNJA.  As outras duas, aínda que se din democráticas actuan respecto dos labregos galegos como verdadeiros sindicatos ao servicio do Goberno. A actuación da propia FTT, no comenzo das conversas deste ano, negándose a participar mentres seguira unha manifestación de labregos, indican ben craramente que son estas organizacións.
   As razóns aducidas polo goberno pra non admitir aos sindicatos de ámbito nacional, son de que o número sería tan escesivo que faría inviable as negociacións. Nembargantes está claro que habería que medir dalgún xeito a representatividade dos distintos Sindicatos Nacionales.
   De calquer maneira, non se pode marxinar a Sindicatos que teñen demostrado a sua forte implantación entre os labregos e teñen protagonizado as loitas agrarias máis fortés de todo o Estado Español, como é o caso de EHNE (Euskal Herria
Nakzarien Elkartasuna) en Euskadi ou das Comisións Labragas en Galicia. Pola contra, a nula implantación  en Galicia de todos os sindicatos negociadores deixa sin representación aos labregos galegos, que se ven privados, deste xeito do exercicio do seu dereito á libertade sindical. ¡Velaí como o Goberno respeta os dereitos
democraticos en Galicia!
   Pero a marxjnación dos labregos galegos non vén solo polo feíto de non estar representados nas negociacións, senón tamén polo mecanismo de negociación conxμnta ou global de todos os productos sometidos a regulacións. Esta negociación conxunta é unha hábil maniobra que lle permite ao Goberno manter, baixo a careta democrática e igualitaria, uns prezos de miseria pros productos dos labregos  das nacións colonizadas. Igual que no caso da Cuota Empresarial, baixo o disfraz dunha lei unitaria agáchase un verdadeiro imposto colonial pra os labregos galegos, nos precios dos productos, baixo o disfraz de considerar a sua suba global, escóndese a posibilidade de deixar baixos os precios dos productos que interese (os productos nas nacións colonizadas) co fin  de seguir provéendose de materia prima barata nestas nacións.
   Pra que o precio dun producto seña xusto deberá corresponder a unhas necesidades productivas, estructurais e sociolóxicas da agricultura  que dá este producto. Por esto é imposible considerar os precios dos 17 productos no seu conxunto sen discriminación a algún deles (e polo tanto aos labregos productores), xa que estes productos corresponden a agriculturas nacionais con características e necesidades moi diferentes. Craro está, os labregos marxinados serán os das nacións colonizadas, é decir, os labregos galegos que seguirán producindo materias primas baratas porque así lle interesa ao Goberno Español.

   A POSICION DOS SINDICATOS.

   Non val a pena falar da actuación dos Sindicatos xa declaradamente caciquiles, pero si é moi interesante analizar a posición dos sindicatos estatais que se din democráticos.
   Estes sindicatos (COAG, FTT) son os máis acérrimos defensores da negociación a nivel estatal e conxunta. Argumentan que este tipo de negociacións favorecen a unión dos labregos e polo tanto as posibilidades de presión sobre o Goberno.
   Xa dixemos que este tipo de negociacións discrimina aos labregos galegos; así pois, non é posible unha nación sobre a base de marxinación. Estes sindicatos actuan coa mentalidade clásica dos imperialistas.
   Pero, ademáis, traicionan aos seus propios afiliados, xa que este tipo de negociación actual impide, en contra do que estes sindicatos afirman, unha coordinación efectiva entre labregos das distintas nacións e, polo mesmo, unha presión eficaz sobre o Goberno.
    De feito, cada producto (como propia dunha agricultura diferenciada) ten unhas determinadas maneiras de presión e sobre todo unhas épocas limitadas no tempo pra tomar estas medidas (por exemplo, a folga do leite non se pode dar na primaveira).
   Por outra banda a presión sobre 17 productos a un tempo, ó único que favorece é ao Goberno, que tén, deste xeito, un gran marxe de maniobra e moitos productos pra xogar a suba e á baixa.
   Así pois, a posición dos sindicatos estatais (COAG, FTT), ao único que leva é, por unha banda á imposibilidade dunha presión de todos os productos, e por outra, a dispersión desa presión entre unha chea de productos.
   En consonancia con este xeito de actuación, estes Sindicatos combaten todo tipo de coordinación minimamente efectiva entre labregos das distintas nacións coma é o caso da Coordinadora de Cornisa Cantábrica que a COAG boicoteou e sigue boicoteando. Esta coordinadora da da Cornisa Cantábrica é nembargantes o exemplo millor dunha coordinación con posibilidades de ésito, xa que é unha coordinadora sectorial (sector leiteiro) e con posibilidades de presión centradas nun soio producto (o leite).

   A ESPERENCIA DOS DOUS ANOS DE NEGOCIACION.

   A demostración de todo o que viñemos dicindo témola na esperiencia dos doua anos de negociación que levamos. O nulo compromiso que adquire o Goberno cos acordos que se toman, demóstrase no feito de que aínda non se cumpliran ningunha das medidas complementarias pra o sector leiteiro acordadas no ano 1978, e eso tendo en conta que estas medidas complementarias foran unha das razóns máis importantes pra deixar baixo o precio neste ano.
   Por outra banda, nestes dous anos, foi precisamente o leite (o producto máis significativo da agricultura galega) o único que quedou sin fixar nas negociacións, e o Goberno sempre quedou coas mans libres pra poñer o precio que quixo. Pros labregos o sistema de fixación de precios do franquismo non cambeou coas negociacións.
   Nestes dous anos, foron sempre os productos dos labregos galegos os que quedaron por baixo da suba global, é decir, os que sairon perxudicados co mecanismo da negociación conxunta. este ano a suba global situouse nun 12.5 por cen via precios e nun 15 por cen as medias complementarias. O leite, producto no que o Goberno puxo o precio que lle deu a gana, soio subiu o 5.5 por cen e non se tomaron medidas complementarias.
   Nestes dous anos de negociacións non se fixo ningún ningún tipo de presión efectiva por parte dos sindicatos estatales. Somente o ano pasado se levou adiante unha folga de leite, pero iniciada en Galicia por Comisión Labregas e  continuada en Euskadi por EHNE. Mentres tanto a COAG, forzada por esta posición  dos sindicatos nacionalistas, ordeou a saída de tractores, medida simbólica no caso dunha negociación. Neste ano, despois de dous meses e medio de negociacións, incluso con un goberno dimitido, chegouse a unha época no que era inviable xa calquer tipo de presión polo que os precios puxéronse según lle petou o Goberno. Esto unido ao boicot da Coordinadora da Cornisa Cantábrica por parte da COAG, fixo que as negociacións foran un paseo pra o Goberno, pero eso si, democráticas.
   En resumidas contas, unhas negociacións nas que se impide a presencia dos representantes dos labregos galegos e que se fan mediante un mecanismo que os discrima en canto os precios dos seus productos, son unha mostra clara da política colonial que demostra unha vez máis que calquera reivindicación dos labregos galegos ha de ir con un fondo matíz político".

   P.D._ Artigo escrito por Bernardo Fernández Requeixo e publicado no número 34 do periódico galego semanal "A Nosa Terra".