luns, 9 de outubro de 2023

Luns emotivo. Sorrindo.

 
   Era un pouco máis das seis cando desde o alto e algo máis alá do teito sobresaía a emblemática torre; desafiante, dominaba a paisaxe.
 
   Sobresaltado e con présa busquei á súa dereita; e si, alí estaba, calado; querendo pasar desapercibido, como avergoñado de ser testemuña ... e á vez orgulloso de protexer a historia máis incribles que unha folla poida describir.
 
   E tranquilamente esperou á mañá seguinte para seguir recibindo protagonistas que desexan vivir detrás dos seus cristais con discreción esas historias comúns, extraordinarias, discretas, exclusivas, ...

   ... e sorrín!
 
   T. T.