domingo, 9 de maio de 2021

Xa era abril

    

   O 1987
   Inmediatamente despois de aparcar o coche, miraba para todos os lados buscándoa, sen saber  por onde aparecería. Non sabía se camiñaba ou flotaba, a sensación era moi rara e á vez moi apracible. De súpeto veu como chegaba, fixouse nela e aí, nese momento e despois de moitos anos, aparecía diante del. Tamén andaba buscando un oco, e esa atención fíxolle pensar que lle impediu velo.
   Desapareceu, e el apresurouse en recepción a recoller a chave; a verdade, non sabía moi ben que facer. Decidiu subir á habitación para ver se era confortable, e soubo que o sería en canto cruzaran xuntos o limiar da porta.
   O  telefono, tan aliado sempre, unha vez máis, uniunos. Baixou todo o rápido que puido as poucas escaleiras que os separaban e viuna, ... moi guapa, mesmo de costas. Dérase conta que estabas sen a máscara posta, quizais adrede para poder bicarse mesmo un pouco antes. Por un momento viuna confusa. Confusión que rematou ao chamala polo seu nome ....
   -- Pequeniña!!
   E mirouno dubidando, pero ao instante sorriu e achegouse. Achegamento que para el foi unha eternidade. O momento quedou para sempre neles dous; e poida que, froito da envexa, en calquera mirada  indiscreta que os podía observar.
   Concretamente do mesmo momento haberá dúas imaxes: a dela mirándoo e a del mirándoa.
   E chegou o tamén desexado ...
   -- Ola!!
  Polo  incrible que poida parecer, estaban abrazándose, ou quizais bicándose, ou todo á vez ....
  E de novo outro ...
   -- Ola!!
   Non se lle esquecerá o tacto da súa pel nin tampouco a súa mirada, tan elocuentes ambas. E se aínda non estaba plenamente satisfeito co que alí acontecía, comezaron a falar. O cariño das súas palabras era notoria, escoitábaas preto, moi preto, estaban abrazándose, aínda.
   Falaran da equipaxe, pero  acertadamente, decidiron subir aquelas escaleiras en busca da porta que daba paso a aquela habitación, que definitivamente daba sentido a tantos anos de espera.
  Aquel lugar, en se tan baldío, cobrou vida e calidez, a luz atenuaba a morena cor da súa pel, e todo se contaxiou do seu perfume.
   Ese exquisito perfume do seu corpo.
   E de novo, outra vez ...
  -- Ola!!