Como xa comentamos noutro capítulo, outro logro que saíu na etapa na que Regal e Miguélez pregoaron a súa fe polas nosas terras, foi a estrañada "Festa dos vellos", un xeito de recoñecemento os obxectivos logrados e dos traballos dos nosos maiores. Cada ano distinguíanse o home e a muller de máis idade, a el con un caxato e a ela con unha coroa. Os tempos mudaron, as persoas foron tomando sendeiros distintos e as boas prácticas e costumes deixáronse so na memoria. Miguélez segue recrutando adeptos a causa e Regal loitando pola causa.
O harmonioso día en que se xuntaban no adro de Labrada velliños
chegados dende Curro Vedo ata a Casa do Vizoso, ou dende O Pazo ata
Sisalde; conseguíase compartir un sen fin de encontros e recordos;
moitos anos de experiencias enriba dos subarcos e moita ledicia de poder
xuntarse un ano máis. A pesar de que a realidade facía ver que xa
estaban no atardecer do seu percorrido pola vida, transmitían unha forza
e unha ledicia que nos enchía a todos. Pode que tamén fora o seu
agradecemento por valorar o súa andaina facendo camiños para os que
viñéramos detrás tropezásemos menos que eles.
A esquerda a Milagros de Nisio, bailando a Henar, Eusebia da Choqueira, Mª Te do Perrote e Albino do Fondo da Vila. O neno da dereita, que está de costas é o Luis do Rafael, o sr de viseira é o José do Mariano.
A esquerda o José do Mariano, a Margarita do Ferreiro, Policarpo do Fondo da Vila e Inocencio de Camba. Sentados: o Jesús de Xan e o Jesús de Xanáz.
Na parte de riba; O Jesús da Angelita, María de Xan e a Josefa de Santiago. Na parte de baixo; a Aurea das Gagas, Josefa da Tuxa, Filomena dos Gabries, Palmira do Pazo, Josefa das Gagas, Toña do Cordal e Eduardo da Felisa.
1989
A Margarita do Ferreiro e tamén a Paquita, monxa, repartindo chocolate os nenos: Rubén dos Currás, Curro Vedo, Alberto do Cordal, Amable de Carozo, Emma, Javier do Chendo, ....
Na parte inferior-esquerda e con gorra, Jesús Vizoso Vidal. Sentados: Granada do Perrote, Emérita de Chaveas, Josefa de Níseo, Antoña do Cordal, Hermelina e Isidoro do Ferreiro, Hilda do Villagal, Ramón e Vita da Casa Vella, Eusebia da Choqueira, Jesús de Santiago, Filomena dos Gabries, Ricardo do Perrote e Divina de Carozo atendendo as nenas. Detrás deles a Mª Té do Perrote e na parte superior esquerda as irmáns Angélica e Esperanza Otero Vivero.
Comezando por detrás de todo: Antoña da Juanita, Antoña de Xán, Oliva de Carozo, Josefa de Santiago, Mª Jesús do Belarmino, descoñecido, Oliva e Jesús de Xan. De pé cos brazos cruzados: Mª Josefa de Santiago e Albina do Chendo. Na parte do medio: Josefa de Balseiro, Elvira de Carozo, Articiana das Carminas, Maria e Agripina da Angelita. Sentados na parte dianteira: Maria e Xusta do Coto, Jesús de Paz, Jesús do Anxel, Alfredo, José Mª e María da Caveira e a da dereita de todo é Amandina, cuñada da María de Garcia.
Na parte traseira da foto e comenzando pola esquerda: Eduardo do Coto, Serafín de Carozo, Edalia da Fonte, María de Carozo, Luz do Habanero, Esperanza do Garelo e o José do Cadrado de Currovedo. Na parte de diante: Francisca de Curro Vedo, Carmen da Fonte e Josefa do Garelo.
A Xusta de Curro Vedo e e a Vita da Casa Vella, bailando.
A Palmira do Pazo e a Josefa de Balseiro.
A Maria da Angelita, de Raíña da festa e a Carmen de Requeixo.
Na parede o Narciso do Camba e o Monsito (Monsieur) do Requeixo; debaixo, o Cordal e a Isabel do Porto Vello e a Vita da Casa Vella; diante a Palmira e o José Mª de Garcia, como Rei da festa.
Jesus de Paz do Campo dos Novos.
A Soledad da Tuxa coa Cristina do Choqueira no colo.
O Jesús do Anxel mirando para o seu neto Oscar, no colo de súa nai. A dereita da foto a Mª Jesús do Belarmino.
Veciños mirando a carreira de burros.