Un acontecemento social, pero a nivel municipal, promovido polo Movemento Rural Cristián foi a celebración da Cabalgata de Reis no
ano 1988, saíndo de Gontán e rematando no colexio de Abadín. Toda unha
obra de arte feita e protagonizada por mozos das parroquias da zona
montañosa do noso concello. No lugar de camelos puxéramos eguas, e os
reis e paxes eramos os veciños que, durante un tempo, preparamos e
organizamos a festa. Foi un gran éxito, tanto a nivel organizativo como
de asistencia.
A
esquerda o Orlando de Fanoi chamando a egua onde vai Javier dos Fornos;
detrás con bata branca e pintado de mouro, Manuel Rivas; chamando a
egua onde vai o Emilio do Cepo.
A cabalgata baixando pola feira de Gontán.
A cabalgata en Gontán, pasando por diante da Casa do Seixo e da Farmacia.
Comenzando pola esquerda: Basilio facendo de pastor; Mercedes co meniño no colo facendo de María e Toño facendo de José; Javier facendo de pastor. Os tres Reis: Baltasar protagonizado polo Emilio do Cepo, Melchor protagonizado polo Hipólito e Gaspar protagonizado polo Javier dos Fornos.
Os Reis Magos repartindo agasallos aos nenos.
Javier Prieto, José Fernández e Basilio Díaz.
Basilio, José, Mercedes (María), Toño (José) e Javier.
Mercedes da Costa da Laxe e Remedios da Valiña na representación da obra de arte celebrada no pavillón do colexio.