mércores, 29 de agosto de 2018

Outras cousiñas do Veiguello.





              Manuel Rivas Blanco, o Veiguello, meu avó e o meu padriño.
 ------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


Ano 1981. Concurso de disfraces na sala de festas Ventoeira de Vilalba. Participan na fía, Lino López e Manuel Rivas de Labrada; acompañados por mozos de Vilalba. Representase fiadoras o redor dunha lareira. Na foto podemos ver a esquerda e a veira da cheminea a Elias Cuba Cal.

Diante do Porto de Burela, foto do ano 1981. Estudantes de F. P de Vilalba devolvendo visita de cortesia. De pé e pola esquerda Paco González (Pirucho), os tres seguintes non recordo nomes. En crequenas: Lino López, Manuel Rivas e Carlos Gómez.


    Ano 1981, en Burela.

Diante da catedral de Mondoñedo, ano 1981. Comezando pola esquerda: Manuel Rivas, Paco González (Pirucho) de Vilalba. Pola dereita: Carlos Gómez de Muras e detrás Lino Lopez. 1981.

Foto do ano 1981, sacada en Vilalba na Praza do Concello. Estudiantes de Formación Profesional da rama de administrativo e electricidade. O de pé con chaqueta azul é José A. Pita de Vilalba, Isabel de Noche, o da dereita é Francisco Javier Seco de Candia e diante del Lucia. En crequenas: o da esquerda é o Paredes, Paco González (Pirucho) de Vilalba e Antonio Leiras Botana de Abadín +.

Foto do ano 1981, estudantes de F. P. de Vilalba de primeiro grado de administrativo e electricidade.


Equipo da rama de electricidade do campionata de futbol sala  de F. P. pabillón de Vilalba. Ano 1980. De pé:descoñecido, Raúl e con camiseta azul Arias. En crequenas e comezando pola esquerda: descoñecido, Fernando, Manuel e descoñecido.

-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------




 Xulio do ano 1986. Fotos sacadas no porto de Ferrol. Na foto de riba o Suso do Guizán e o José Manuel do Viveiro. Na de baixo, Manuel Rivas co Suso do Guizán.


Na plaza de Abadín, diante do Concello, Manuel Rivas e Mª Carmen do Guizán. O coche da esquerda é o Seat 127 da Mª Carmen, o que está detrás de nós é o Ford Escort do Viveiro.

                         No Prado Novo, Oscar e Manuel. Agosto do 1992.


    Na acampada na Cidade dos Muchachos en Ourense.

Xente da acampada na cidade de Ourense. Nela podemos ver a: Manolo, Marita e Rosario de Romariz; Mariano de Muimenta,Cristina Ledo ....

Setembro do ano 1986. Acampada en Muxia da Mozidade do Movemento Rural Cristiano. De pé Xavier de Coido (Lagoa); o da esquina da foto non sabemos quen é, seguindo cara a dereita: Victor do Celestino (Lagoa), Xosé Antón Miguelez (cura), Tareixa Ledo (daquela de Romariz), Manuel Rivas (Labrada),  Ovidio (Lagoa) e Manolo Palomo (Noche). Diante a esquerda o Emilio do Cepo e Marita (Romariz).

   
Ano 1991. Con compañeiros e amigos. Manuel Rivas, Manolo Novás, Senén Vivero, Oscar Cortiñas e José Manuel Vivero.

     Nadal e Roxos do 1992.

Aproveitando o nadal e a matanza dos porcos, era unha fermosa escusa para xuntarse o redor dunha mesa. Na foto aparecen e comezando pola esquerda: Maite do Policarpo, Luis do Veiguello, Pepe de Carozo, Margarita do Ferreiro, Albino do Fondo da Vila, José Luis de Rouco e Policarpo do Fondo da Vila. Do lado de acó da mesa Fructuoso do Fondo da Vila e Carlos de Santiago.

Seguindo a foto anterior; sentados e comezando pola esquerda: Jesús do Fondo da Vila, Oscar do Ferreiro, Jesús da Angelita, Fructuoso do Fondo da Vila e Carlos de Santiago. De pé e seguindo o mesmo sentido: Elvira do Veiguello, Articiana das Carminas, Ermitas do Civil e Esther do Fondo da Vila.
-----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


      Facendo o Camiño de Santiago. Novembro do 1993.

Xa no outono do ano 1993 decidimos andar o Camiño de Santiago dende Labrada catro veciños. José Manuel Vivero Cordal, Viveiro; José Luis Rouco Román, Rouco; Miguel Cortiñas Rouco e Manuel Rivas Cortiñas, Tatá. Tamén se apuntara o Emiliano, irmán de Miguel; pero por mor do traballo non puido acompañarnos. Era o mes de novembro cando o fixemos, levounos catro días. A primeira etapa levounos ata Guitiriz, a segunda ata Sobrado dos Monxes, a terceira ata O Pino e a derradeira levounos o propósito. Resultou unha experiencia enriquecedora na que vivimos apaixonantes momentos, algúns duros, tanto física como mentalmente e outros de fermosas anécdotas. Tivemos uns días de moi bo tempo; quizabes iso nos levou a facer unha auténtica burrada na primeira etapa xa que fixemos uns 50 km. Un dos grandes damnificados da dura etapa foron os pés do Viveiro e, sobre todo os do Rouco, iso fixo que se plantexara moi seriamente o regreso a Labrada ese mesmo día. Pasamos a noite na sacristía da igrexa, sen colchón nin xergón, sen poder asearnos dignamente. Unha xornada dura.

     Facendo os coidados dos pés en Guitiriz. Viveiro, Rouco e Tatá.

    O José Luis de Rouco examinando as súas feridas.

Como tamén foi a seguinte, aínda que empezou a mellorar cando chegamos As Cruces, entre Guitiriz e Sobrado; alí puidemos comer o redor de unha lareira un prato de caldo e unha tortilla que nos souberon a gloria. Antes de renovar a andaina o cansazo obrigounos a gozar dunha merecida e prolongada sesta antes de tomar o camiño a Sobrado. Pasámola noite no mosteiro, acompañando os monxes que nos convidaron a asistir a unha interminable misa-oración. Durmimos nunhas camas tan necesarias como deficientes. Pasamos frío xa que caeu unha gran xeada. O Miguel lavara uns calcetíns e colgounos nunha pereira para que pola mañá estiveran secos e poder usalos, o resultado foi que estaban secos e tamén tesos coma un pau.


    Foto sacada en As Cruces na hora do xantar. Viveiro, Miguel, Tatá e Rouco.

     Facendo un descanso no camiño a Sobrado, na Serra da Cova da Serpe.


O terceiro día foi emocionalmente algo máis tranquilo, supoño que polos poucos folgos que nos quedaban no corpo. Aí
aínda así saímos de Sobrado cos primeiros raios de sol que intentaban borrar unha branca xeada que asemellaba neve. Camiñamos con paso canso e facendo paradas de cando en vez. Un dos pormenores que nos aconteceu, mellor dito aconteceulle o Miguel; foi que nun dos moitos descansos que fixemos o Miguel apoiou a mochila,
que lle colgaba das costas, enriba dunha cancela de táboas, e que o parecer non estaba nada segura. De súpeto Miguel apareceu dentro do pasteiro querendo dar o pinche carneiro cara atrás. Parecía un cosco mouro coa barriga cara arriba que non da feito pé. Menos mal que entre todos conseguimos poñelo de pé.


Cansadiños e mollados chegamos a Santiago, o derradeiro día tocounos choiva, non podía ser de outro xeito en Compostela. Recordo que o entrar na catedral deixábamos un carreiro de auga detrás de nós. Pasamos pola oficina do peregrino a recoller a Compostelana, eran as 13: 50, cerraban as 14; e non quixeron atendernos por que ían pechar. Espero que hoxe teñan outra atención e consideración os peregrinos que chegan a Compostela. Esa noite pasámola con Manolo Regal a espera de recoller a Compostelana o día seguinte, nese tempo residía en Compostela. Deunos de comer, roupa seca e unha cama para poder descansar.
Regresamos a Labrada cansos e satisfeitos.


    Con Manolo Regal, xogando o tute.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

O lado da porta de entrada da corte de atrás, miña nai, Esther Cortiñas; Jesús Vivero, sentado nunha cadeira-vater antiga e meu pai, Luis Rivas. Ano 1996.


Era unha madrugada dun fin de semana de verán do ano 1996, rematando a noite xantando algo na cociña da casa do Veiguello. José Luis de Rouco, Oscar, Sandra e Verónica. Deitado, eu, Manuel Rivas.


No ano 1998 comezamos a reforma total da antiga Casa do Veiguello, quero facer xustiza con todas e cada unha das persoas que con impagable axuda fixeron posible esa necesida; vecinos, amigos e familia. Nas fotos de arriba vemos a casa xa case que derruida. Na foto de baixo e de pé: Esther, Carlos, Manuel, Miguel, Albino (maquinista) e Luis. Sentados: Margarita, Albino e José Manuel.

Verán do ano 1998, na Casa do Veiguello, o matrimonio formado por Verónica Cortiñas e Amandino Saavedra.


Foto do ano 1999 na Casa do Veiguello, e comezando pola fila de arriba da esquerda a dereita: Xesús Manuel, Nicolás e Sofía. Na fila do medio: Policarpo, Emérita, Esther e Fidencia. Sentados no chan: Manuel, Serxio e Txus.


    Ano 2000, Esther Cortiñas, Manuel Vivero, Luis Rivas e Senén Vivero.

Festa da Nosa Sra da Fátima en Gontán, foto sacada na verbena. Comezando pola esquerda e na parte de arriba: Maite, Paco, Paqui, Suso e Marita; na parte de baixo e do mesmo xeito: Teresa, Tatá e Mª Carmen. Ano 2007.