Na partida de nacemento pon o seguinte:
"-- Barrio de Basilias--
José, hijo natural de Cándida Gil Otero.
A las tres de la tarde del día seis de julio, año de mil novecientos cuarenta y nueve, diócesis de Mondoñedo, municipio de Abadín y provincia de Lugo, yo Don Andrés Carreiras Seoane, cura párroco de San Pedro de Labrada, asistí, previos los requisitos legales , a dar sepultura eclesiástica en el cementerio de San Pedro de Labrada, al cadaver del feto de José Gil Otero, hijo natural de Cándida Gil Otero, según manifestaron sus vecinos, el cual había nacido en el lugar de Basilias en la mañana del dia cuatro del corriente mes y había sido enterrado bajo un terrón y una piedra, por su madre y encontrado vivo por Encarnación Oseira Cordal, natural y vecina de San Pedro de Labrada, y por la mujer de Gerardo Requeijo Otero, natural de Santa María de Montouto y vecina de Labrada. Fué bautizado con agua natural por la primera que lo encontró, o sea, Encarnación Oseira, poniendole el nombre de José. Falleció a las cinco horas de la tarde del dia cuatro de su nacimiento.
Y para que conste lo anoto y firmo.
Andrés Carreiras Seoane"
Cumpre dicir que a muller de Gerardo Requeijo era Amadora Barro Seijo.
Encarnación Oseira Cordal, coñecida pola Encarnación das Marias era unha veciña tamén do barrio das Basilias. Tiña dous fillos: Sinesio e Amparo. Sinesio emigrou a Santo Domingo, volveu morrer a Galiza, e Amparo casou para Ourol.
Volvendo o conto do José; os padriños foron o Sr. José do Ferreiro e a Encarnación das Marias. Tamén se dí que D. Pepe foi padriño. Como ben apunta D. Andrés na inscrición no libro de bautismos, dada as circunstancias, bautizárono con auga natural.
Despois de comunicarlle o acontecido a Garda Civil, mentres que Cándida non se restablecía do parto, foi custodiada por roldas polos veciños de Labrada. Comenta meu pai que en certo momento dixo, mentres a vixiaba:
- "Podédesme deixar soa, eu de aquí non me vou".
Pasou certo tempo na cárcere e volveu a vivir a Labrada logo de pasar a servir en Corvite o ; e de volta en Labrada estivo na casa da Senda, na casa do Adriano, na casa do Plácido dos Sotas, na casa da Argemira o Cordal, na casa da Modesta e finalmente no garaxe do Pepe do Chiquito de onde se foi para o asilo de Mondoñedo. Aquí perdéuselle a pista. Crese que fora para outros asilos, ... non sabemos.
Da etapa que pasou na casa do Adriano, coincidía que tiña a carteiría o Amaro, e rara era a noite que non houbese unha visita, ben para un conto ou para saber se chegara carta. Dunha desas noites cóntase a seguinte historia:
"Certa noite, xa na hora da cea, a Cándida aínda andaba nas súas tarefas do goberno e os irmáns Teadoro e Amaro agardaban pola Cándida, que tardaba. E de supoñer que a espera facíase longa e o Teadoro dixo:
- E agora se viñese a Cándida ceábamos!
- Mecago en Dioz, e logo ce non ven Cándida non ce cea? Replicoulle o Amaro, co seu típico acento".
luns, 12 de febreiro de 2018
A Xila.
Cándida Gil Otero, comunmente coñecida polo sobrenome da Xila, foi unha muller que viviu entre nós case que toda a súa vida; menos os anos de enfermidade e vellez, que os pasou no asilo na vila de Mondoñedo.
Nace no barrio das Lagoas, filla de Manuel Gil Carballeira e de Maria Otero Vivero. Contaba con outros catro irmáns: Jesús, Eugenio, José, Josefa e a propia Cándida. Queda sen nai relativamente nova, morre no 1917; e seu pai no 1934. Por circunstancias da vida, vai a vivir de arrendo as Basilias. Eran anos nos que se vivía co espírito frío e o bandullo baleiro. Os feitos e xogos da vida fixeron que ficara encinta. Aínda que fixo todo o posible para que non se lle notara tal estado, a xente desconfiaba e sospeitaba que algo fora do cotián acontecía no seu ventre.
Certo día, vírona pasar con un saco colgado do lombo e, o pasar uns vargos deixou marcas de sangue neles. Aí confirmáronse todas as sospeitas. Seguírona polos rastros que ía deixando, de sangue e pisadas, ata un leiro na Chousa. Alí, na finca que linda no camiño que sae da casa do Jesús de Enrique e que baixa ata o Pigueiro, no medio dunhas xestas, atoparon debaixo dun terrón, tamén camuflado cun toxo, un recentemente nacido. Estaba vivo!. Agarrárono con apuro e logo de limpalo, o primeiro que fixeron foi traelo, entre a Encarnación e D. Pepe, mestre da escola do Campo dos Novos; ata a igrexa e que D. Andres o bautizara, pero o cura non estaba na casa. Xa que era no mesmo ano que nacera a Margarita do Ferreiro, tiña dous meses, viñeron por casa do Ferreiro para ver se a Ermelina podíalle dar a teta, pero o meniño non quixo mamar. Morrería esa mesma tarde as cinco. Foi enterrado as tras da tarde do día seis de xullo do 1949.