(Aldeán non é sinónimo de patán ou de paleto. É sinónimo de xente versada na natureza, nas relacións humanas, nas manualidades e, sobre todo, en acoller e abeirar ó que chega. Palurdos aqueles que, créndose culturalmente por enriba do aldeán, saíron mofados coa nosa trastenda e retranca).
Unha das persoas que decidiu plasmar os sentires do seu adentro foi Manuel Regal Ledo, quen
profesa unha profunda simpatía da nosa terra dende a súa peregrinaxe
relixiosa na parroquia. Amigo da xente sinxela, amigo da axuda, uniu de un xeito fermoso o amor pola terra co amor que tiña con Xesús, de aí naceron varios libros cheos de unha humana relixiosidade. Home participativo nas loitas xustas, de arrimar o ombro e, tamén, de transmitir paz. Son recordadas con risas, coa guitarra pola man, as súas formas no canto e na lectura detrás do altar, coa súa personalizada cachaza. Escribiu varios libros, entre eles "Co evanxeo pola man" onde, nós, os de Labrada, mesturámonos con Xesus, e Él con nós, e "Labrada, no ubre da abundancia"; onde fai un percorrido físico pola parroquia.
Del e do seu compañeiro Miguélez, saíron moitas iniciativas asociativas e culturais, pero o esencial era intentar meter un espíritu diferente de cristianismo a través da sinxeleza do pobo. Entre un feixe de cousas é de recordar unha obra de arte escrita por Regal Ledo e representada na nosa igrexa, e que na súa totalidade os actores foron veciños da parroquia. A mín, persoalmente, veu a ensinarme que un gandeiro e tatexo pode chegar a sentirse un narrador no mellor teatro, na vida e coa súa xente.
Outras fermosas iniciativas foron as ilusionantes maneiras de facer que a xente se fixera participativa dentro da sempre difícil e complexo armazón eclesiástico. Formaron grupos de xente no chamado "Movemento Rural Cristian"; grupos que tíñan unha importante iniciativa na loita pola dignidade rural, no asociacionismo e tamén en movementos políticos. AVELA, Asociación Veciñal de Labregos; foi o froito das inquedanzas de un grupo de veciños; maioritariamente das parroquías que ollamos cara o Xistral; Montouto, Labrada, Romariz, Fanoi, Galgao e Abeledo; que organizamos un partido político coa fin de ter representación no concello. De Labrada foron varias as persoas que se uniron o movemento político e que participaron activamente nel e que aínda hoxe seguimos a loitar pola dignidade do campo e en contra do caciquismo rancio e perenne. O Dourino da Casavella, o matrimonio formado por Jorge do Carracedo e a Henar do Aparicio, esta última aínda hoxe segue na loita dende a presidencia da Comunidade de Montes.
Integrantes de AVELA. Comezando pola esquerda e por arriba: Manolo Regal de Romariz, Josesito de Fanoi, Tareixa Regal de Romariz, Orlando de Fanoi, Dourino de Labrada, Jesús de Romariz, Henar de Labrada, Luz de Romariz, Jorge de Labrada e Pilar de Abeledo.
Tamén froito das iniciativas xurdidas do facer de Miguelez e Regal, saíu outra maneira de xuntanza o redor do altar. En Labrada éramos varios os veciños que nos preparábamos os xoves para a celebración do domingo sen cura; a Mª Te, Henar, Cándida, Manolo, Margarita, Jorge; e na capela do San Antoño o Dourino e Toño das Lucas. Trataba de seguir ensinando a palabra de Xesús a través de xente laica. Xentes que recibían as ensinos de curas amigos do Xesús sinxelo, o Xesús apegado os traballos e o día a día do campo labrego. Enraizaron neses tempos un xeito de facer incómodos cristians e cristians comúns. De xeito que se fixeron eco do novo xeito de facer comuñón xentes e organizacións de fora do noso entorno. Novas e incómodas opinións xurdiron, e tamén o mesmo tempo xurdiron xentes con ánimo de calalas.
Non quero deixar pasar o momento sen facer xustiza linguística. Saíamos de tempos escuros para a xente, de palios, de misas de costas para a xente, oracións en latín e castelán, de ovos para os curas e de fame nas casas; certo domingo chegou un delgado cura do Carballiño, amitadiño o José de Chaveas, chamábase Xosé Meiriño López, home que veu con folgos novos, lembrámonos que as misas empezaron a ser en galego, participando a xente nas respostas, guiados con folletos que se repartían ao comezar as celebracións. O, e a posteriori Xosé Antón Miguélez e Manuel Regal Ledo fixeron de Labrada, eclesiasticamente falando, máis aberta e máis galega.
Artigo de xaneiro do ano 1998 nunha revista de tirada nacional.
Artigo publicado na Voz de Galicia.
30/11/1980. La Voz de Galicia.
"XORNADAS DE TRABALLO SOCIAL RURAL
A las 10 de la mañana proseguiran las I Xornadas Galegas de Traballo Social Rural, con la intervención de X. Gonzalo de la Huerga, Juez de Lugo, quien hablará sobre la División administrativa vixente e realidade socio-económica e territorial do lugar, a parroquia e a comarca. A las 12.30, el arquitecto Carlos Almuña Díaz pronunciará su conferencia en torno al Habitat rural e lexislación urbanística. Infraestructura e equipamentos. Por la tarde a partir de las 4.30, Manuel Regal, cura rural en las parroquias de Abadín, tocará el tema: Convivencia veciñal na parroquia rural. Función social da Eirexa. A las 6.30, los grupos de trabajo reflexionarán en torno a los temas tratados".
A Festas dos Vellos
Como xa comentamos anteriormente, outro logro que saíu na etapa na que Regal e Miguélez pregoaron a súa fe polas nosas terras foi a estrañada "Festa dos vellos", un xeito de recoñecemento os obxectivos logrados e dos traballos dos nosos maiores. Cada ano distinguíanse o home e a muller de máis idade, a el con un caxato e a ela con unha coroa. Os tempos mudaron, as persoas foron tomando sendeiros distintos e as boas prácticas e costumes deixáronse so na memoria. Miguélez segue recrutando adeptos a causa e Regal loitando pola causa.
O harmonioso día en que se xuntaban no adro de Labrada velliños chegados dende Curro Vedo ata a Casa do Vizoso, ou dende O Pazo ata Sisalde; conseguíase compartir un sen fin de encontros e recordos; moitos anos de experiencias enriba dos subarcos e moita ledicia de poder xuntarse un ano máis. A pesar de que a realidade facía ver que xa estaban no atardecer do seu percorrido pola vida, transmitían unha forza e unha ledicia que nos enchía a todos. Pode que tamén fora o seu agradecemento por valorar o súa andaina facendo camiños para os que viñéramos detrás tropezásemos menos que eles.
A esquerda a Milagros de Nisio, bailando a Henar, Eusebia da Choqueira, Mª Te do Perrote e Albino do Fondo da Vila. O neno da dereita, que está de costas é o Luis do Rafael.
A esquerda o José do Mariano, a Margarita do Ferreiro, Policarpo do Fondo da Vila e Inocencio de Camba. Sentados: o Jesús de Xan e o Jesús de Xanáz.
A esquera o Adelino do Porto Vello, descoñecidos, o da camiseta blanca o Hector do Pazo, Belarmino, Carlos de Santiago, descoñecido e o da dereita de todo o José de Rouco.
Na parte de riba; O Jesús da Angelita, María de Xan e a Josefa de Santiago. Na parte de baixo; a Aurea das Gagas, Josefa da Tuxa, Filomena dos Gabries, Palmira do Pazo, Josefa das Gagas, Toña do Cordal e Eduardo da Felisa.
Grupo de gaiteiros amenizando o Festa. Fotos de o redor do ano 1987.
Maio do 1988, dia da Festa dos Vellos. Facendo as ofrendas dianto do altar: Manuel Rivas do brazo de súa avoa Alicia; Elvira Rivas, Josefa do Tuxo e a Evangelina do Civil.
1989
A Margarita do Ferreiro e tamén a Paquita, monxa, repartindo chocolate os nenos: Rubén dos Currás, Curro Vedo, Alberto do Cordal, Amable de Carozo, Emma, Javier do Chendo, ....
Na parte inferior-esquerda e con gorra, Jesús Vizoso Vidal. Sentados: Granada do Perrote, Emérita de Chaveas, Josefa de Níseo, Antoña do Cordal, Hermelina e Isidoro do Ferreiro, Hilda do Villagal, Ramón e Vita da Casa Vella, Eusebia da Choqueira, Jesús de Santiago, Filomena dos Gabries, Ricardo do Perrote e Divina de Carozo atendendo as nenas. Detrás deles a Mª Té do Perrote e na parte superior esquerda as irmáns Angélica e Esperanza Otero Vivero.
Comenzando por detrás de todo: Antoña da Juanita, Antoña de Xán, Oliva de Carozo, Josefa de Santiago, Mª Jesús do Belarmino, descoñecido, Oliva e Jesús de Xan. De pé cos brazos cruzados: Mª Josefa de Santiago e Albina do Chendo. Na parte do medio: Josefa de Balseiro, Elvira de Carozo, Articiana das Carminas, Maria e Agripina da Angelita. Sentados na parte dianteira: Maria e Xusta do Coto, Jesús de Paz, Jesús do Anxel, Alfredo, José Mª e María da Caveira e a da dereita de todo é Amandina, cuñada da María de Garcia.
Na parte traseira da foto e comenzando pola esquerda: Eduardo do Coto, Serafín de Carozo, Edalia da Fonte, María de Carozo, Luz do Habanero, Esperanza do Garelo e o José do Cadrado de Currovedo. Na parte de diante: Francisca de Curro Vedo, Carmen da Fonte e Josefa do Garelo.
Sentadas. A Toña do Cordal, Hermelina do Ferreiro, Filomena dos Gabries, Xusta de Curro Vedo, Xusta da Valiña e a Josefa de Nisio.
A Xusta de Curro Vedo e e a Vita da Casa Vella, bailando.
A Palmira do Pazo e a Josefa de Balseiro.
A Maria da Angelita, de Raiña da festa e a Carmen de Requeixo.
Na parede o Narciso do Camba e o Monsito do Requeixo; debaixo, o Cordal e a Isabel do Porto Vello e a Vita da Casa Vella; diante a Palmira e o José Mª de Garcia, como Rei da festa.
Jesus de Paz do Campo dos Novos.
A Soledad da Tuxa coa Cristina do Choqueira no colo.
O Jesús do Anxel mirando para o seu neto Oscar, no colo de súa nai. A dereita da foto a Mª Jesús do Belarmino.
O Ricardo do Perrote, animado polos veciños, subindo o pau.
De pé o Andres, xenro do Angel da Costa da Laxe; Suso de Nisio e Germán da Angelita. Tirados no chan e tamén comenzando pola esquerda: José Luis de Rouco, Miguel do Chao do Outeiro, Carlos de Santiago, Jesús da Angelita, Emiliano do Chao do Outeiro, Cesareo do Campo dos Novos, Lito do Pepe do Chiquito, José Manuel de Tezán, Pepe do Chiquito, Plácido do Eleiterio, Ana do Plácido, Manolo da Poza, Isaura do Campo dos Novos, José do Requeixo e Javier da Cesina.
Os gaiteiros, de Muimenta, facendo un descanso.
O Narciso e a Maria de Carozo, traendo a burra para participar na divertida carreira.
O José Luis de Rouco , a esquerda, e o Jesús do Fondo da Vila na carreira de burros.
Veciños mirando a carreira de burros.
Nenos facendo a Carreira de sacos. Comezando pola esquerda: Marisa do Monsito, Mª Josefa de Rouco, Mª Carmen de Curro Vedo, Amable, Alberto do Monsito, José Manuel do Dourino, Rubén dos Currás e Luis da Cabeira.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Outro acontecemento social, pero máis a nivel municipal, promovido polo Movemento Rural Cristián foi a celebración da Cabalgata de Reis no ano 1988, saíndo de Gontán e rematando no colexio de Abadín. Toda unha obra de arte feita e protagonizada por mozos das parroquias da zona montañosa do noso concello. No lugar de camelos puxéramos eguas, e os reis e paxes eramos os veciños que, durante un tempo, preparamos e organizamos a festa. Foi un gran éxito, tanto a nivel organizativo como de asistencia.
A esquerda o Orlando de Fanoi chamando a egua onde vai Javier dos Fornos; detrás con bata branca e pintado de mouro, Manuel Rivas; chamando a egua onde vai o Emilio do Cepo.
A cabalgata en Gontán, pasando por diante da Casa do Seixo e da Farmacia.
En Abadín, entrando para o patio do colexio.
Comenzando pola esquerda: Basilio facendo de pastor; Mercedes co meniño no colo facendo de María e Toño facendo de José; Javier facendo de pastor. Os tres Reis: Baltasar protagonizado polo Emilio do Cepo, Melchor protagonizado polo Hipólito e Gaspar protagonizado polo Javier dos Fornos.
Os Reis Magos repartindo agasallos aos nenos.
Mercedes da Costa da Laxe e Remedios da Valiña na representación da obra de arte celebrada no pavillón do colexio.
---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Volvendo ás letras en si, outro escribiente máis lonxano para nos é Manuel Murguía, quen fai un comentario sobre as xentes de Labrada no seu libro "Historía de Galicia" no Volumen I.
O cronista oficial de Mondoñedo Eduardo Lence Santar, nos anos vinte e trinta, colaborador en diversos xornales da época, fai mención as montañas de Labrada, como tamén en varias publicacións no diario de Mondoñedo "Vallibria". Como tamén fixo Iglesias Alvariño no xornal "La Noche", publicado o día cinco de agosto de mil novecentos cuarenta e nove, describe unha viaxe de Noriega Varela, co título "Tierra de brañegos" onde describe o itinerario por Romariz, Labrada e Montouto. O máis singular é que consigue que se vexa dende a Corda o barrio de Sisalde, algo físicamente imposible sen imaginación.
Tamén o mesmo autor na súa poesía "Ora e unha abedoeira", dí
"........................................................
Ou a meiga mais linda e argalladora
que inquietou ós brañegos de Labrada ..."
Noriega Varela foi un namorado das terras altas do concello de Abadín. Son moitos os relatos do autor facendo referencia as nosas terras, poemas dedicados a Romariz e o barrio de Espiñarcao. Nun relato de Lence Santar describe a viaxe que fixera o escritor dende Mondoñedo ata Labrada, e que fixeron noite na casa do Bataneiro. Comenta o cronista que durante a noite houbo contos arreo, un dos comentarios da nosa parroquia é o seguinte:
"...................................................................................................
Que modismos y palabras los de estas montañeses! No, no ha
palabras más enxebres, más puro que el de Labrada! Encanta! ....................................................................................................."
Outro reflexo da importancia da vida brañega na obra de Noriega Varela, e que volve a facer referencia a Labrada, demostroi no poema que trancribimos de seguido:
"ORA E UNHA ABEDOEIRA...
Trocouse en arboriño (foi n´outrora), Y aparece nos ermos orballada, Porque gusta d´as lágrimas d´aurora, Xoiñas fulgurantes...
A Isolada Ora é unha abedoeira; mais xa fora Nympha, tal vez, ou princesiña, Fada!, Ou a Meiga máis linda e argalladora Que inquietóu ós brañegos de Labrada. ..................................................................................".
Na poesía titulada "San Cosme de Galgao" publicado no xornal "Compostelano"con data quince de febreiro de mil novecentos vinte e seis, Lence Santar, exprésase do seguinte xeito ...
"Serra d´a Pena d´a Roca
D´a Corda e de Padornelo;
Serras d´a Enfesta e Labrada
D´a terra de Mondoñedo.
Ben podes estar rumbosas
Pois tedes n-o medio e medio
A San Cosme de Galgao
O sanador d´os enfermos.
........................................"

Representación dunha obra de arte no Tele Club do Outeiro. A Mª del Mar do Dourino, Hipólito das Lucas, Joseiño das Pablas e José Manuel de Tezán. Os nenos do público non sabemos quen son.
Mesma obra en distinto dia. Esther da Casa Vella, Nilo da Eva do Brais, Hipólito das Lucas, Joseiño das Pablas e descoñecido.
Casa dos curas en Romariz: Hipólito das Lucas, José Ramón das Tarandeiras,Ana do Carballal e Mª Te do Perrote. O redor do ano 1986.
Preparando a celebración do domingo sen cura do Movemento Rural Cristiano, na cociña da casa do cura. A rapaza da esquerda é a Mª Té do Perrote, Henar do Virgilio, Cándida de Xan, Margarita do Ferreiro, Dourino do Civil e Jorge do Carracedo.
Preparando nenos para a primeira comunión na lareira da Casa do Cura en Labrada. Comenzando polo fondo: Albina de Viveiro a dereita da súa filla Berta. Mª Oliva do Belarmino, Amelia de Carozo, José Manuel do Dourino, Amable de Carozo, Luis da Mª Oliva, descoñecido e metade da cara do Tino.
De diante a atrás: Articiano de Rego, Elba do Chiquito, Antoña e Dourino da Casa Vella.
Pepe do Chiquito, Articiano de Rego, Elba do Chiquito, Antoña e Dourino da Casa Vella, diante, Constantino Terrón de Carozo.
Comezando polo Tino e seguindo: Luis da Cabeira, José Manuel de Rego, Amable de Carozo, José Manuel da Casa Vella e Patricia do Chiquito.
Xuntanza na Casa do Cura do Movemento Rural Cristian de Labrada. Comezando pola esquerda: Henar Román, José Luis Rouco, Manuel Rivas (en crequenas), Margarita González, Toño das Lucas, os irmáns Rubén e Oscar Cortiñas (en crequenas) , Emiliano Cortiñas, Carlos Rouco, Rosa (monxa), Miguel Cortiñas, José Manuel Vivero e Javier Prieto.
Esther da Casa Vella, na representación da obra de teatro.
Comezando pola esquerda: Esther da Casa Vella, Teófilo co Suso diante del, metade da cara do José Manuel do Dourino, José do Antón Mª, Mª Carmen de Paridoiro, Angeles do Salvador, Maria e Mercedes do Angel do Balbino e debaixo o José Manuel de Tezán.
Angeles e Mercedes da Costa da Laxe, Francisca Solmo, Mª Paz, Maribel e Eusebio de gorra; na parte de baixo a esquerda o José Manuel de Tezán.
Entre outros: José, Arturo de Nisio, Isabel de Solmo, Ana do Carballal, Dourino, Josefa de Otero, Lino da Costa da Laxe, Mercedes Rouco, José Manuel do Dourino, Leofé dos Viveiros, Figenia (Panadeira de Abadín), Mª Fe de Rouco, panadeira nova de abadín, Andrés da Barqueira, panadeira vella de Abadín, José do antón Mª. Antoña da Casa Vella, Gabino do Sota, Minerva e Esther da Casa Vella e a dereita de todo, Jesús do Salvador.
Grandes e pequenos escoitando o Plácido do Cego tocar a gaita. Os nenos da esquerda cara a dereita son: Berta e Marisa da Capeleira;Esther de Caboxo, José Manuel da Casa Vella, José do Antón María e metade da Mª Fe de Rouco, detrás dela e cara pa esquerda Ines de Caboxo, Lino da Costa da Laxe, Guillermina de Caboxo, Ana, Genara, metade da Estrer e Placido do Carballal, Carmen dos Gabriés, metade da Erundina da Capeleira e Eusebia da Choqueira; na seguinte fila con gafas o Claudio das Tarandeiras, Benilde e Esperanza da Capeleira, José de Sisalde, arturo de Nisio, Francisca e Josefa de Otero, Suso da Coutada, José Luis do Xordo, Ibérica do Carballal e Adela (Delia) do Antón Mª. As xentes que aparecen detrás de todo e baixos non sabemos quen son.
Na casa dos curas, en Romariz, a María da Misiana e a Margarita do Ferreiro.
Ano 1990. Romaxe en Trasanquelos. Os da foto veñen sendo: O Marcos con seus pais, Henar e Jorge, Xunto a eles o cura de Trasanquelos. No medio Oscar dos Currás, Manolo Regal, Toño das Lucas e Daniel da Choqueira. Agachados José Luis de Rouco, Emiliano e José Manuel do Viveiro, ambos os dous, do Chao do Outeiro.
Mesma data e mesmo sitio. Da esquerda a dereita e comenzando por enriba: Mª del Mar da Casa Vella, Ana da Valiña, Emiliano do Chao do Outeiro, Toño das Lucas e Corsino de Espiñarcao. Debaixo: Manuel Rivas, José Luis de Rouco, José Manuel do Viveiro e Oscar do Ferreiro.
Toño das Lucas e Oscar facendo un xogo en Trasanquelos.
Toño das Lucas e Ana da Valiña en Trasanquelos.
A esquerda Xosé Antón Miguelez, o José Manuel do Viveiro co micrófono falando, o Jesús do Xeada ollando cara o chan, o quinto home é o Angel do Faustino. Ano 1990, Trasanquelos.
Viaxe do Movemento Rural Cristiano de Labrada, no ano 1990, a Montalegre, Portugal. Comenzando pola dereita: Mª Esther Cortiñas, José Manuel Vivero, Angel Carlos Rouco, Jorge Cesar Carracedo, José Prieto, Miguel Cortiñas, José Luis Rouco e Manuel Rivas.
Comenzando pola esquerda e por riba: Manuel Regal, Miguel Cortiñas, José Luis Rouco, Dourino Prieto, José Manuel Vivero e Manuel Rivas. Na parte de baixo: Margarita Rouco, Jorge Carracedo, Emiliano Cortiñas, Carlos Rouco, Henar Román e Mª Esther Cortiñas.
Foto sacada no Tele-Club do Outeiro: Antón Mª, José Luis Otero, Ricardo do Garipol, Adelino da Casa Vella, Jesús do Salvador, Angel do Balbino, Jesús de Pardoiro, Hipólito da Baselisa, Ramón dos Curulos e Dourino da Casa Vella.
Os Bilbaínos.
Outro xeito de relación e traballo do Movemento Rural Cristiano tamén foi a acollida de grupos de mozos procedentes de fora da Galiza, coa finalidade de compartir experiencias, culturas e xeitos de vivir a fe.
As parroquias de Labrada, Montouto, Romariz, Fanoi, Estelo, Ubeda e Lagoa, o longo da década dos 80 e 90, cada verán acolleron a estes grupos, procedentes maioritariamente de Euskadi, pero tamén xente de Madrid ou Asturias, achegábanse a nosa parroquia. Os chamados "grupos de Bilbaínos" achegábanse coa finalidade de vivir e fortalecer a súa fe, de compartir. A finalidade era estar en Labrada quince días, guiados por un par de monitores, pola mañá organizaban as súas reunións e tamén poñían escola os meniños e, despois do xantar, compartíamos con eles o noso día a día; os traballos do campo. Ben traballando coa herba, co centeo, mallando ou o que xurdira. Eran momentos de unha intensa relación, eles intentando aprender a manexar os aparellos do campo e nós mostrando o xeito de facelo. Ou tamén o intercambio da linguaxe. Nós intentando manexarnos na difícil tarefa de falar o pouco castelán que aprenderamos na escola e eles recollendo as nosas verbas que saían de xeito fácil e espontáneo.
Tiñamos outras xeitos e momentos de compartir. O remate do día, coas faenas aparcadas ata o día seguinte, viña o momento da ducha, se había sorte; da cea, de compartir o pan e o viño, de conversa ata ben entrada a noite, do inicio de amizades que aínda duran no tempo. Podemos recordar con un fondo e fermoso estima a xente dos barrios de Deusto, Ibarrekolanda ou San Ignacio en Bilbao, de Azpeitia, Azkoitia, etc. Outra xente que viña de Madrid ... Tiñamos días de duro traballo e noites de festa rodeando un sentimento e acompañados de cantigas.
Pero sen dúbida, o momento máis duro, que sempre viña precedido de unha festa; era o do día da despedida. Había un xeito de medir a intensidade do intercambio compartido, canto máis dura era a despedida, máis intenso fora o intercambio. Eles volvían as súas casas, e deixaban un estraño baleiro.
O baleiro da amizade.
Grupo da décado dos 80.
Grupo de agosto do 1983, na Casa de Pita no barrio da Lamacide.
Grupo, disfrazado, do mes de agosto do 1983, na Casa de Pita no barrio da Lamacide.
Grupo da década dos 80 na casa de Pita, a Lamacide.
Ano 1985, na cociña do Veiguello, da esquerda a dereita: José Luis de Rouco, Ana Alejandro (Ibarrekolanda), Ines, Manuel Rivas, Juan José Ruiz (Ibarrekolanda) Ana Obeso (Gijón) e Jesús.
Ano 1987. No Barral, Senen e Oscar con xente do grupo.
Outro grupo do ano 1993 diante da casa da Nieves.
Grupo de Bilbainos do ano 1993 diante da casa da Nieves, o Barral.
Ano 1993, axudando a cargar alpacas para a casa do Veiguello, no prado do Rocho. Andoni, Raúl, Josetxu, Rafa, Manuel Rivas, Tomás e Javi.
Xente de Labrada e de Bilbao apalleirando a herba seca, verán do 1993. Comezando pola fila de enriba e pola esquerda: Isidoro González, Tomás, Rafa, Josetxu, Noelia, Esther Cortiñas, Andoni e Raúl. Na parte de baixo e do mesmo xeito: Luis Rivas, Josu, José Antoño Cortiñas, Jesús Cortiñas, Emiliano Cortiñas e Javi.
Na cociña do Veiguello, ceando despois de unha dura xornada de traballo. Comezando pola esquerda: ..., Carlos de Santiago, Rubén dos Currás, Tomás, Petxopó, Luis Rivas e Esther Cortiñas. Ano 1993.
Compartindo un pedazo de noite diante da casa da Nieves, no verán do 1993. Comezando pola esquerda: Estrella Gómez, Carlos Rouco, metade do José Luis de Rouco, Hilario Cuba, Jesús Cuba, Mª Sol (Cristina), Oscar e Rubén Cortiñas; diante, facendo queimada, Manuel Rivas.
Grupo de Bilbainos do verán do 1999.
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Son varios os artígos periodísticos nas que Labrada é o centro do artigo, por mor de asuntos varios, da Comunidade de Montes e do seu funcionamento, de iniciativas particulares de diversas características, tanto sociais coma políticas. A continuación pódese ver un artigo publicado no "Progreso" con data cinco de abril do 2016.
Xentes, veciños nosos que posúen unha mente privilexiada, tanto polos recordos coma polo xeito de contar os recordos son Daniel da Choqueira, Jesús do Paridoiro, Eduardo da Rachanoa, Euloxio Castiñeira, Elba Requeijo, Modesta do Aparicio ...
Tamén lonxe da nosa parroquia existe a posibilidade de facer Labrada. No eido local, e no que atinxe a este capitulo; no xeito de facer parroquia a través da arte e das letras, canalizando os privilexiados dons que un posúe e transmitirllos as xentes, sexan contos, música ou artes manuais. As foliadas sempre estaban entretidas por un dos veciños que posuía o ese fermoso don de tocar unha gaita un bombo ou un acordeón.
Gaiteiros da nosa parroquia, que tocaban a gaita foron o Jesús do Veiguello, Efrén das Pícaras e o Luis do Veiguello, acompañado polo Camilo de Casa de Juanito que tocaba o bombo.
Acordeonistas proliferaban máis. Tiñamos o Antoño do Vizoso, Benjalino da Poza, Elias do Choqueira, José do Viveiro, Antoño da Valiña, Jesús das Pablas, José da Dolores, Daniel da Choqueira, Domingo da Carmela. Tamén David de Carreiras, foi director dun cuarteto. Home nacido en Corbelle e casado en Labrada coa Teresa de Carreiras. Co tempo foron a vivir a Gontán onde rexentaron o bar coñecido co nome "David de Carreiras".
Músicos. Outros veciños de Labrada atrevéronse a vivir a música dun xeito máis profesional. O Valeriano do Carlitos e o Antoño da Poza, cada un deles eran compoñentes de cada súa orquestra composta por veciños da zona. O Valeriano era membro da orquestra que ao longo da súa historia tivo varios nomes: "Los Hermanos", "Los Muchachos" e "Orquesta Beni", era máis coñecida polo alcume de "Os Cachelos". O director era o Placido do Reigosa que tocaba o clarinete o saxo, cantaba o seu irmán Manuel e tamén tocaba o baixo, o outro irmán Adolfo tocaba o trombón de baras, o citado Valeriano o saxo, Benjamín do Balsego a trompeta, José do Carballeira o saxo e José do Xaral saxo e o Germán do Oseira a batería. En agúns momento como medio de transporte xa ían no autobús do Zapateiro de Gontán, guiado polo "Binolo". Cabe destacar que o Placido e Adolfo do Reigosa estudaran música nunha das escolas de música que por aquel entón xa había en Mondoñedo.
A presentación como orquestra foi en Romariz aló no ano 1951 e durou con variación na súa formación ata o ano 1962, que rematou a súa andaina na festa do San Antonio tamén en Romariz.
Orquesta "Los Hermanos". Atrás: Germán do Oseira a bateria, Adolfo Reigosa co trombón de varas, Benjamín Ares a trompeta. Adiante: José Carballeira co saxofón, Valentín do Alambrero cantando e Plácido Reigosa co saxofón.
Foto do 6 de xaneiro do 1960, unha das últimas formacións da orquestra "Los Muchachos". Atrás: Adolfo Reigosa o trombón de varas, Valeriano de Carlitos a trompeta, Benjamín do Balsego a trompeta, e o contrabaixista Manolo Reigosa. Adiante: José do Xaral e Plácido Reigosa o saxofón, Armando Anello cantando, o acordeonista Manolo de Carballido e Germán do Oseira na batería.

O Plácido do Reigosa tocando a gaita.
O Antoño da Poza, hoxe casado en Castromaior, empezou tocando na orquestra de Carballido coñecida polos Degos, tempo despois pasou a formar parte da orquestra "Los Fraga" posteriormente rebautizada como "Costa Verde", que tiñan a sede en Gontán e xa tocaban nas festas de unha maneira moito máis profesional. De recoñecido prestíxio era o seu cantante Manolo Campos ou o trompetista José Fraga.
A día de hoxe ...
Descendentes de veciños nosos e bos amigos de Labrada, e que presumen de ser Labradeses aló por onde van son, entre outros, David Vidal Moreno, Iago Mouriño Román e Cris Román. Artistas polifacéticos, un da Casa de García, outro da Casa de Camba e Cris da casa da Isolina de Xan. Os primeiros do barrio da Caveira e Cris do barrio de Fonte
David Vidal, fillo do Pepe de García, agarrou o gusto as artes xa cando naceu. Empezou a tocar na guitarra de xeito amateur, para animar as foliadas que o seu redor sempre xorden. Persoalmente gardo recordos da festa do San Pedro e de noiteboa na Casa de García, sempre coas cantigas saíndo do seu sorriso. Aparte da guitarra tamén se animou a aprender a tocar o saxofón e a batería. Participa cun grupo en foliadas onde, seguro, xurde a espontaneidade e o bo facer.
Iago Mouriño, fillo da Anxeles de Camba, é outro personaxe profesional e polifacético no mundo do arte, tanto das letras coma da música. Un prodixio do Jazz na especialidade dos teclados, compositor e docente. Toca en grupos de Jazz e tamén acompañou durante varios anos o grupo de rock coruñes bROTERS iN bAND; ofrecendo concertos tanto en España como o longo de Europa. Tamén, desde neno, outra paixón é a de escritor. De seguido, e con un profundo agradecemento e co seu consentimento, publicamos un relato curto titulado "Aviseite", premiado co IV Premio de relato curto "Valera Buxán".
Cris Román, filla da Etelvina e neta da Isolina do Marelo. Muller polifacética: compositora, de unha fermosa voz, capaz de crear e xuntar varios estilos de música, rock, pop, country, soul .... e que compaxina coa docencia na Universidade de Santiago, Investigadora no Departamento de Psicoloxia Social e Metodoloxía. Antes de poñerse a andar como cantautora, púxolle voz o grupo de rock Areavasta.
https://www.youtube.com/watch?v=To8UZh1ArUs
Gustosa de amosar as fermosas e fondas raíces que sinte pola súa xente e pola aldea, que en parte a veu medrar.
Para todos aquelas xentes amigas da boa interpretación, Cris Román, veunos regalar un concerto o auditorio de Vilalba. Xentes de Vilalba e o seu redor puidemos gozar das cancións compostas, case na totalidade, por ela. Regalounos a súa fermosa voz e transmitiu nas letras a implicación social, amorosa e familiar. Tamén versionou cancións de outros artistas, como Bruce Springsteen, Dolly Parton, Tina Turner, Leonard Coen .... Tamén nos regalou un dueto con Vizcaíno, cantautor de O Incio, cantaron un poema composto por Santi Páramo, titulado "Si fuera"; e a música composta por Cris.
Fixo referencia os seus orixes, e as xentes de Labrada dedicounos unha canción de Leonard Cohen, Hallelujah, magnificamente interpretada.
Cris Román cos músicos que a acompañan na xira, no auditorio de Vilalba.
Eles, e outros tamén, encárganse de carrexar Labrada polos mundos de ... todos.
A día de hoxe podemos gozar, a través da xente, dun amplo feixe de maneiras culturais. Temos a cultura da palabra, cantigas, contos e historias transmitidas de xeración en xeración. Exemplos témolos en cada un dos nosos avós ou pais.
Unha das veciñas que goza dunha ampla memoria e de contos é a Elba Requeijo Barro. Muller veciña e sinxela, que vive no barrio do Campo dos Novos, casada co Pepe do Chiquito. Un orgullo que unha lenda viva da cultura oral galega viva no medio de nós, e que no seu momento recolleu o diploma de recoñecemento e que a nomea "Mestra da Memoria", premio que outorga a Asociación de Escritores en Lingua Galega. Entre varias publicacións, recoñezamos aquí algúns dos relatos e contos nos regala na publicación "Galicia Encantada", que trata, entre outras xentes, sobre ela:
"http://www.galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=45&id=1133"
Tamén na "Revista oral Pazo de Musas" fan a seguinte referencia:
"Elba Requeijo:

Reside no barrio das Basilias, Labrada, Abadín (Lugo). Dedícase aos
labores agrícolas e domésticos, e sempre gustou,
desde moi nova, de aprender e recitar todo canto lía ou chegada aos seus oí dos.
Lembra con especial agarimo as “historias”,
follas impresas que se vendían na feira de Gontán.
Cando ela non as conseguía, pedíaas prestadas,
e no que pasa unha tarde alindando as vacas memorízabaas e xa non as esquecía.
Foi unhas das principais informantes do Equipo Chaira como se pode comprobar en
"Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín".
Dela dise nesta publicación “A achega a esta colección de Elba Requeijo
é altamente significativa, cuantitativa e cualitativamente...
A ela e á súa extraordinaria memoria debemos varias longas composicións...”.
Arte tamén eran as figuras feitas de madeira, ou os pequenos carros feitos con cacholas dos nabos. Os zoqueiros, carpinteiros, xastres ou albardeiros, mestres con coñecementos mínimos, curandeiros ou menciñeiros, todos eles universitarios da vida facendo practicas nos traballos co arado ou fouciño, dependendo da especialidade.O noso veciño, José de Chaveas, era un deses homes universitarios da vida, sen coñecementos gramaticais pero con un amplo repertorio da sabedoría de vida, de bo facer argalladas. Carpinteiro, albanel, zoqueiro, fiador, calcetador, xastre ... o que fixera falla. Persoalmente, eu, vin como cortaba un garrafón do viño pola boca e o convertía noutro de gardar os chourizos en aceite coa boca moito máis grande. Vivía na Fonte Vella, fillo de Andrea, muller emigrada a Buenos Aires e cando regresou casou con Manuel Maseda, ela volveu con un fillo chamado Nicasio. Como alcume era coñecido polo nome de "Chaveas". Aparte do Nicasio e José, tiveron a María e a Emerita. O coñecido e recordado Dario de Chaveas, que sendo mozo vivía do que podía xuntar traballando do que fora, entre outras cousas mendar catiuscas de plástico con un ferro roxo; e que vive en Madrid, era fillo da María.
Fermosa foto de dous magos da garlopa. José de Chaveas a esquerda e Manuel de Carlitos.
Labradeses, que das súas mans, do seu pensamento e bo aprendizaxe, fixeron da súa vida un xeito de arte. Artellaban de tal xeito que tiñamos manciñeiros, xastres e costureiras, tecedoras, barbeiros e perruqueiros, zoqueiros, carpinteiros, albardeiros e zapateiros, canteiros, albaneies, serradores; todo forzados polas necesidades do día a día, foron xurdindo todo tipo de profesións.
Aínda que políticamente non é correcto mencionalo, tamén xurdían persoas "expertas" en provocar malpartos. Veciños con nome e cara, que por suposto, non vou a nomear nin dar a coñecer. Tratábase de mulleres, polo xeral solteiras, que o quedar encinta, coa vergoña e deshonra que iso supoñía, facían o posible para non pasar por esa situación.
Os arteiros das profesións citadas, encargados de cubrir as necesidades das xentes no seu día a día.
Manciñeiros: en Labrada que recordemos había dous. O "Jesús da Tuxa", que vivía no barrio de Xanaz, e o Lois, do barrio da Casa Vella, chamado o Lois, estes do século XX. Tamén, tempos atrás, aló polos comezos do século XIX, o Tezán vello, tamén se dedicaba as artes de curandeiro.
Lois Otero Pardiño, manciñeiro rsidente no barrio da Casa Vella, xunto a súa dona Dolores Cordal Pardiño.
Zapateiros ou albardeiros: Domingo do Requeixo, Dodolino do Carracedo, Jesús do Fondo da Vila, José de Chaveas.
Xastres e costureiras. Veciños como o Celso do Sende, Cándido do Pazo, José das Pablas, Teadoro do Carracedo; e aínda hoxe o Euloxio do Castiñeira é capaz de facer ou mendar calquera paxel. Cada muller, máis ou menos, na casa tamén posuía o don de mendar, coser ou arranxar as pezas que o tempo lle permitía. Outras facíano dun xeito máis profesional e saían a coser ou remendar polas casas onde eran chamadas. Tamén moitas e delas tiñan o don de tecer. Veciñas coma a Carmina de Cas Blanco, María e Emerita da Angelita, Carmen do Pazo, María da casa do Arnela, María e Elvira do Requeixo, Aída do Solmo, a Dina do José María, a Celsa das Vigas, Antoña das Pícaras, Basilisa de Verdes, Cecilia de Adriano, Pilar do Marelo, Carmen do Garipol, Élida das Pablas, Rosenda de Curruvedo, Arsilia do Campo dos Novos, Elvira das Vigas, Josefa de Vidal do Chao do Covo, Ortensia do Fondo da Vila, Ermitas do Choqueira, María do Baroncelle e a súa filla Ofelia, Araceli do Brais, Mª Antoña do Artilleiro ...
Tecedoras: Josefa do Garelo, Mª Antoña da Capeleira, Albina das Vigas, María do Baroncelle, Felisa do Coto, Angelica do Feliso do Coto.
Elvira das Vigas. Tecedora e custureira.
Os zoqueiros, tanto nas versións da normal, chinela ou de caña. Zoqueiros da nosa parroquia recordamos con máis ou menos éxito os seguintes, no barrio do Barral: Jesús do Veiguello, Manuel da Angelita, Belarmino, Isidoro, Gonzálo e Jesús da María da Aurelia dos Currás. Eulogio Castiñeira do Chao do Outeiro; Jesús do Anxel e Domingo da Carmela de Carozo. Eliseo do Coxo e Antoño da Valiña, Antoño de Adriano e José de Chaveas do Cordal. Do Xuadento: Francisco de Tezán, Manuel de Nísio, Adolfo do Viveiro, José da Choqueira e José de Blanco. José do Mariano da Cabeira. Jesús da Remedios do Coto. Valentín dos Agustis dos Agustís.
Serradores: Era un dúo de homes, xa que os cortes facíanse con tronzóns e necesitábanse dous homes rexos, fortes; e cada un tiraba por cada lado do aparello, dedicados a cortar as árbores e axeitalas para facer as vigas e cangos, para amadeirar as cubertas das casas. En Labrada, que se recorde, traballaron só unha parella: O Pepe do Anxel e o Domingo da Carmela. Tamén o Belarmino do Barral, pero este dun xeito individual ou, de cando en vez, axudáballes o Pepe e Domingo. Despois de cortar as árbores e traelas para xunto das obras a facer, os serradores facían unha especie de "burro", na que subían e suxeitaban a árbore; e logo despois, un serrador poñíase enriba do "burro" e o outro polo lado de baixo, e acompasadamente ían cortando as madeiras axeitadamente. Por certo, o que serraba polo lado de abaixo, era o que acababa cheo de serraduras.
Canteiros. O máis correcto sería diferenciar entre os canteiros, homes traballadores da pedra e da lousa, e os albaneles. O oficio de canteiro tiña un fondo arraigo nas parroquias de Román e Carballido, no concello de Vilalba. Pero en cada parroquia tamén podía haber canteiros que traballaran sós ou en cuadrillas. As cuadrillas facían todo tipo de tarefas, traballar a pedra, colocala, subir e colocar as madeiras cortadas polos serradores, cangar e lousar. O Aparicio, Antoño de Camba, Eusebio do Zulo, Eduardo do Feliso, O Brais, Germán das Garelas, Ricardo do Parrote, Daniel e Delfino do Baroncelle, Antón Mª dos Pablos, Adelino da Casabella, José da Pardela.
Carpinteiros: homes encargados de facer camas, carros, cadeiras, arados, portas ...: José de Chaveas do Cordal. Manuel das Vigas. Claudio, Emiliano e Albino do Fondo da Vila. Manuel de Carlitos de Tibian. Jesús de Paridoiro. José e Antoño da dolores da Cabeira. Manuel do Viveiro do Chao do Outeiro.
Barbeiros e perruqueiros: Fructuoso e Servando do Fondo da Vila. Ricardo do Chao do Cobo. Antoño do adriano. José de Chaveas, Antoño da Valiña, Pepe do Anxel e o fillo José Luis, Domingo da Carmela de Carozo, Eugenio do Choqueira de Tibian, Hector do Pazo, Pepe das Lucas.
Reloxeiro: José Ramón Vizoso, "O zocas". Home mañoso, e profundamente relixioso; que naceu en Zoñán, na parroquia dos Remedios de Mondoñedo. Por mor da metralla foi ferido na guerra civil, nun pulmón. Casou en Pontevedra, pero o seu espírito sempre foi moi peculiar ... libre, bohemio, despreocupado e tamén con poucas pesetas nos petos; e pode que eses foran os motivos para vivir separado, só. Andaba de parroquia en parroquia e de casa en casa. É certo que non en todas era ben recibido. Eu recordo que na nosa casa, do Veiguello, no Barral, viña durmir moitas veces. Sempre chegaba sen avisar. E tanto vendía unha radio ou un reloxo; como tamén os arranxaba. Cando paraban os reloxos de parede, que por regra xeral estaban na cabeceira das escaleiras, sempre viña el arranxalos. Os últimos anos da súa vida foi veciño noso, pasounos na casa do cura. O ser mutilado de guerra os curas, Miguélez e Regal, conseguíronlle unha pensión, coa categoría de sarxento, creo recordar.
Aínda que el non tivo familia directa, ten un sobriño que tamén, en certo xeito, é mañoso. É o deseñador da prestixiosa fábrica "Sargadelos".
Foto sacada no adro de Labrada nos comezos da década dos 80. A esquerda José Manuel Vivero, a dereita Jesús Vivero Rivas, e no medio José Ramón Vizoso, "O zocas".