mércores, 11 de novembro de 2015

Vodas.


Neste capítulo queremos facer referencia gráfica as unións da xente de Labrada, unións que serviron para formar familias, e así seguir medrando e poñendo pingoadas de vida entre nós.

                     Foto de voda do Celso e Arsilia do Campo dos Novos.

                                      
Voda do Antoño da Capeleira e da Erundina. Empezando pola esquerda: Serafin do Anxel, Angel do Balbino e a súa muller a Leofé, Albina, Mª Antoña, Milagros de Nisio, Antoño, detrás o Adolfo, Suso de Nisio, Erundina, o Gonzalo que era Sacristan, a Nere, D. Avelino, o Arturo e a Carmen. Polo fondo o muro vello cos asientos tamén de pedra.

A esquerda a Dina Otero, a noiva cremos que é Hilda, que se foi para Miñotos; a Eusebia de Viveiro a esquerda do noivo, Iberica do Carballal e Albina de Viveiro.

 Foto da voda da Margarita do Narciso co Pepe, celebrada o 10 de outubro do 1970 no Campo dos Novos, na casa do Fieitiña. Comenzando pola esquerda: Maria de Camba, Pepe da Elpídea do Curraiño, Divina da Carmela, os primos Amelia e José Luis.

Ano 1972. Comendo na casa do Goás o día da voda do Fructuoso do Fondo da Vila e da Ermitas do Civil. O Amaro do Adriano, José Luis de Carozo, Teodoro do Adriano, Isidoro de pé, Hipólito de Camba, José do Campo dos Novos e detrás del, o Cesar do Goás.

O mesmo día que a foto anterior, Dourino, Anibal, Luciano e Leucio.

Foto nas escaleiras do colexio de Abadín. O 22 de setembro do 1973, día da voda da Margarita do Ferreiro e o Albino do Fondo da Vila. As invitadas son as seguintes, comenzando pola esquerda: Antoña do Chao do Outeiro, Amelia de Carozo, Iberica do Chendo, Mª Fe do Plácido do Felipe, Enedina do Díaz e Maribel do Díaz.

Voda da Amelia de Carozo e Constantino. A esquerda a Carmen dos Gabries. A dereita o Suso da Coutada, Alfredo e  o Pepe do Anxel. Máis a dereita na esquina da mesa podemos ver o José de Tezán, o seu fillo José Manuel e sentado entre o noivo e o José Manuel está o pai da noiva. o Serafín do Ánxel. Detrás da tarta a noiva. A súa dereita os pais do noivo.


Voda da Eva do Brais e do Josesito. Foto sacada o Cordal, diante da casa da noiva. Ano 1970.

Voda no Goás do Josesito e da Eva do Brais. Invitados de Fanoi e de Labrada; da esquerda a dereita, entre éles; Manuel Rivas xunto a súa nai Esther, o Germán do Garelo, Policarpo do Fondo da Vila, o Hipólito e detrás de pé o home da esquerda e o pai da noiva, o Brais. De espalda, recollendo na mesa, o Cesar do Goás.

Foto da mesma voda. Comenzando pola esquerda: Metade da cara do Germán do Garela, Policarpo do Fondo da Vila, Isidoro das Pícaras, Hipólito de Camba, Angel do Catadoiro, Mario da Valiña, Amaro de Adriano. O fondo o Brais. A dereita e en primeiro termo: Arturo de Habanero, Martina, Granada do Perrote, Angelina do Román; o neno é o Manuel do Veiguello, Elsa de Enrique .....

Froito do matrimonio naceu o neno que na foto fai a primeira comunión, o Nilo. Criado cos avós maternos, María e Brais, xa que seus pais emigraron a Londres. Ano 1976.

Voda da Emerita do Rego Cabado e do Policarpo do Fondo da Vila. Leandro de Balseiro, Aniceto, Pepe do Anxel, Anibal e metade do Alfredo de García.

A esquerda o Manuel do Veiguello, Jesús do Vellagal, Arturo do Legazpi, Antoña das picaras, Olimpia do Vellagal. Atras a esquerda o Jesús do Anxel e máis a esquerda o Manuel do Ferreiro.

Foto do día 25 de xulio de 1972, na casa do Civil, no Porto Vello. Voda do Fructuoso e da Ermitas. Él do Fondo da Vila e ela da casa do Civil. De pé: A Toña, Policarpo, Lourdes, Esther, Hilda e Fructuoso. Sentados: Restituta e Carmen de Balseiro, Edelmira do Chao do Cobo casada en Corbelle, Jesús doÁnxel, Albino, Margarita. A esquerda do Fructuoso: Pepe do Ánxel, José Luis, Hipólito, Manuel do Veiguello e Claudio do Chao do Cobo.

Dúas fotos da Voda do José Luis de Carozo e da Erundina de Tronceda. Día 11 de xuño do 1977.


Ainda que os noivos non aparecen na foto, ésta pertence a voda de Angeles Román e Bieito Mouriño, celebrada o 24 de xuño do 1978. Aparecen veciños de Labrada e de Barcia, parroquia do concello de Lalín. Empezando pola esquerda: Pedro de Camba, irmán da noiva; Mª Josefa de santiago, Mª Cruz de Juanito, Marina de cas Coira, Antoña do Morto, José Luis de Rouco, Mª de Mar do Civil, Celia de Rouco, Esther do Fondo da Vila, María de Camba, nai da noiva; Jesús do Fondo da Vila, diante Manuel Rivas, Gonzalo de Juanito, Manolo e Teresa, cuñado e irmán do noivo; a señora con algo branco nas mans é a Antoña das Pícaras; atrás de todo e ollando para o seu lado esquerdo é o Candido do Chao do Outeiro, (o morto); o señor e o rapaz que estan detrás non sabemos quen son. As catro últimas persoas do lado dereito e empezando pola dereita son: a Oliva de Xán, a súa dereita Estrella e Indalecio, pais do noivo, e detrás o Policarpo do Fondo da Vila.

Voda da María de Arnela e do Florencio. Ela, natural do barrio do Carballal e él do concello de Guitiriz. Casaron na nosa igrexa e na foto aparecen: Jesús do Vizoso, Efigenia de Arnela, Antoño do Vizoso; María, nai do Florencio; un tío do Florencio, Florencio, María de Arnela, Rosa, Jesús de Arnela. Agachados: A María do Migueliño, Suso do Vizoso; José Meiriño, o cura; e o Alfredo de García.

 Voda do Angel do Ricardo de Tibian e da Isolina, ela de Montouto. Agosto do 1971.

Foto do 24 de outubro do 1981, no xantar da voda do Gildo e a Mª Carmen de Garcia. De costas e mirando para a cámara, Manuel Rivas; no lado esquerdo e en primeiro termo o matrimonio formado por Benito e Anxeles de Camba. Do lado dereito e no mesmo sentido o Jesús e Antoña, a dereita o cura José Meiriño, Margarita e Albino, ....

 Voda da Hilda Prieto e do Elias Román celebrada no setembro do ano 1980. Foto sacada o carón do pórtico, aínda no adro vello.

Voda da Henar Román e Jorge Cesar Carracedo, 5 de marzo do ano 1983. Foto sacada diante do portico no adro vello.

Foto da voda da Eva do Sota, 20 de outubro do 1990. Os da parte de enriba e da esquerda cara a dereita: Alzucena (Dámaso), José Ares e Evangelina Díaz. Na parte de baixo: Claudio Cortiñas, Carmén Fernández, Josefa Puente, Eva Seijas (noiva), Soledad Fernández, Andrés (noivo), José Manuel Rico, Felix Bellabona, Teófilo Rego, Luis Castiñeira, Angelito Seijas e José Solmo.

Voda do José Manuel e da Esther da Casa Vella, o día 20 de abril do 1991. Dourino, José Manuel, Esther e Armando.

Voda da Esther da Casa Vella, 20 de abril do 1991. Comenzando pola esquerda: Angeles do Salvador, Verónica do Fructuoso, Rosario de Romariz, Ana da Valiña, Sonia do Outeiro, Teresa Regal e Maribel do Garipol.

Voda do Suso do Coto e de Maribel, ano 1992. No foto podemos ver varios invitados, entre eles: Emiliano, Toño das Lucas, Servando, Eusebio, Oscar, Fortunato, Celso, Mercedes, ...

Foto da voda do Suso do Coto e de Maribel ano 1992. Da dereita cara a esquerda: Senén do Barral, José Manuel do Viveiro, José Luis do Feliso, Elenio do Porto Vello, Victor de Caboxo (de costas), Carlos de Santiago, Manolo Novás, José Manuel de Tezán (de costas), José antoño das Lucas, José Luis da Xesta, Emiliano do Chao do Outeiro e Miguel do Chao do Outeiro (diante de todo e de lado).

    Voda de Alvaro Castro e Ana López. Agosto de 1995.

    Foto na lúa de mel de Ana e Alvaro sacada na costa Cantábrica, xunto a Manuel Rivas.

Voda da Mª del Mar e do Fito. Celebrada na nosa parroquia o día 22 de agosto do 1998. Empezando pola esquerda: José Manuel do Articiano, Luis do Pablo, José Angel Cornide, Amable, Suso do Pablo,  Mª José, tapada polo pao; Eusebio, Toño das Lucas, José Manuel de Tezán, Emiliano, Hipólito das Lucas, Soledad, a Babila e a Emma.

Despedida de solteiros de Ismael e Mª Luz, maio do ano 2002. Foto sacada na discoteca A.J.M.76 de Vilalba. Comezando pola esquerda os noivos Ismael e Mª Luz, Maite, Sofia e Verónica Cortiñas. En crequenas: Manuel Rivas e Amandino Saavedra.

Foto da voda de Mª Luisa González e Miguel Cortiñas. Ano 2004. No retrato José Manuel Vivero Cordal e José Luis Rouco Román. Detrás, a esquerda da foto; Rosario Prieto e Javier Prieto.
Voda de Mª Luisa e Miguel. No retrato, da esquerda a dereita: Hipólito Otero, José Vivero, José Manuel Rico, José Manuel Vivero, Gonzalo Cuba, Angel Carlos Rouco, José Prado, Mª Josefa Rouco e Sara Balsa.
    Voda de Mª Luisa e Miguel. Invitados de Labrada.
    Voda de Mª Luisa e Miguel. Invitados de Labrada.
    Voda de Mª Luisa e Miguel. Invitados de Labrada.

   15/02/1961. El Progreso.
   "En la iglesia parroquial deLabrada el pasado día 11 contrajeron matrimonio los jóvenes don Dámasio Otero Pita con doña María Granada Vivero Casabella, y don Ricardo Paz González con doña Granada Corral Solmo.
   Deseamos a todos ellos una eterna luna de miel".